Data: 28-09-2017 Posto: COCIÑEIRO/A Lugar: Lalín. Descrición: Pazo de Bendoiro precisa cociñeiro/a para restaurante á carta. Requisit...

Ofertas de Emprego (Setembro 2017) 2ª

Data: 28-09-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Pazo de Bendoiro precisa cociñeiro/a para restaurante á carta.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Hostalaría e Turismo. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de carta tempada, menús, gastronomía popular, cociña de mercado. Experiencia demostrada no sector. Carné de conducir. Profesionalidade.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 27-09-2017
Posto: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
Lugar: Lalín e arredores.
Descrición: Precísase auxiliar de axuda a domicilio.
Requisitos: Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio ou Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. Permiso de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Auxiliar Domicilio Lalín".

Data: 27-09-2017
Posto: FONTANEIRO/A - CLIMATIZADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Instalacións Peón Cibeira precisa fontaneiro/a-climatizador/a
Requisitos: Experiencia mínima demostrable de polo menos 2 anos. Dispoñibilidade para viaxar en territorio nacional. Imprescindible permiso de condución. Valorarase título de PRL, carnés de instalador/a de fontanería, de climatización.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-09-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de camión.
Requisitos: Persoa responsable. Preferentemente da zona de Lalín ou proximidades.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 671155612.

Data: 26-09-2017
Posto: COMERCIAL DE VENDAS
Lugar: Lalín.
Descrición: Industrias Guerra SA precisa comercial para vendas de equipos: guindastres hidráulicos e elementos forestais. Realizará desprazamentos nacionais e internacionais. Formación será a cargo da empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Fabricación Mecánica. Dispoñibilidade para desprazarse tanto a nivel nacional como internacional. Imprescindible coñecemento de fala inglesa. Valorable certificado de discapacidade.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-09-2017
Posto: OPERARIO DE PA - PADEEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase padeeiro/a principalmente para traballar con pa mixta en Lalín e arredores.
Requisitos: Con experiencia mínima de 2 anos traballando con retroexcavadora ou pa mixta.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 26-09-2017
Posto: TÉCNICO/A DE ESTUDOS (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Arestora selecciona de forma urxente responsable técnico/a de departamento de estudos e/ou licitacións para empresa do sector da construción de recoñecido prestixio na comarca de Deza (Lalín e proximidades). As funcións a desenvolver serán: elaboración de ofertas técnicas para aquelas licitacións públicas/privadas que a empresa decida presentarse (obra civil e edificación); realización de estudos económicos das obras de construción; presentación das ofertas técnicas tanto a organismos de índole pública (Xunta de Galicia, ADIF, Sociedade Estatal de Infraestruturas do Transporte Terrestre, etc.) como a grandes clientes do sector privado; supervisión sobre o traballo do persoal técnico do departamento e reporte á Dirección; relación con provedores/as (subministradores/as, subcontratistas, etc.) para a negociación de ofertas.
Requisitos: Titulación en Arquitectura Superior, Arquitectura Técnica, Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos e/ou similares. Experiencia mínima de ao redor de 5 anos en postos similares na Comunidade Autónoma Galega (obras públicas e civís). Experiencia no trato coas administracións públicas. Dilatada experiencia na xestión de equipos a cargo. Manexo e soltura dos softwares informáticos: AUTOCAD e PRESTO. Dominio de Microsoft Office. Residencia na comarca e proximidades (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Forcarei, Chantada, Santiago e similares) ou con posibilidade de cambio de residencia. Dispoñibilidade para incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 25-09-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Cercio, Lalín.
Descrición: Restaurante 4 Camiños precisa camareiro/a. Ofrécese contrato de traballo a media xornada.
Requisitos: Persoa responsable, con don de xentes, seria e que teña ganas de traballar e aprender.
Publicada/Xestionada: Restaurante 4 Camiños (Cercio, 28 - 36596 Lalín-Pontevedra). ☎ 669390460 (Davinia Rielo). Aténdese Whatsapp.

Data: 24-09-2017
Posto: TÉCNICO/A EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa do sector da construción precisa incorporar técnico/a en prevención de riscos laborais. Inicialmente con carácter temporal por cobertura de maternidade. Desempeñará as súas funcións no departamento de prevención.
Requisitos: Estudos mínimos de Diplomatura (preferible Arquitecto/a Técnico/a ou Grao en Edificación, Enxeñeiro/a Técnico/a ou titulación equivalente, co Máster en PRL nas tres especialidades). Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Persoa responsable con experiencia, iniciativa, flexibilidade e capacidade resolutiva.
Publicada/Xestionada: Infojobs ou Iberempleos.

Data: 21-09-2017
Posto: SECRETARIO/A DE DIRECCIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase secretario/a de dirección.
Requisitos: Estudos de Administración e Dirección de Empresas e/ou Dereito. Experiencia en xestión de equipos e licitacións públicas. Valorable idiomas.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 19-09-2017
Posto: AZAFATO/A - PROMOTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase azafato/a-promotor/a de venda para facer degustación de produtos e prescrición de cremas anti-engurras en centros comerciais os días: venres 29 setembro, sábado 30 setembro, venres 6 outubro e sábado 7 outubro (2 campañas: iogur líquido -1º fin de semana- e cremas faciais -2º fin de semana-). Horarios: venres - media xornada 4h (de 17.00 a 21.00h) e sábados - xornada completa (de 10.30 a 14.30h e de 17.00 a 21.00h). Remunerarase media xornada con 25€ netos (20€ netos + 5€ netos por finalización de campaña con bo resultado) e xornada completa con 48€ netos (40€ netos + 8€ netos por finalización de campaña con bo resultado).
Requisitos: Con experiencia en promocións, persoa proactiva e con boa presenza. Idade de entre 30 a 40 anos. Rasgos físicos: altura mozas 1,65-1,70 e talla 38. Valorable que teña a cute ben coidada. Dispoñibilidade mañás, tardes, fins de semana. Permiso de conducir. Transporte propio. Carné de manipulador/a de alimentos. Perfil comercial.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 18-09-2017
Posto: CONDUTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona condutores/as con permiso C e C + E para empresas da zona de Lalín tanto para traballos puntuais (contrato temporal para permiso C) como para contrato estable (permiso C+E). Funcións: recollida e repartición de mercadoría en empresas de transporte a nivel nacional.
Requisitos: Permiso C ou C+E e experiencia en repartición mínima de 1 ano.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 18-09-2017
Posto: COMERCIAL DE TELEFONÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Venta Proactiva precisa comercial de telecomunicacións. Traballo 40 horas semanais de luns a sábado. Salario 850 euros bruto/mes + comisións. Formacion en produto e tecnicas de venda a cargo da empresa. Posibilidades de promoción en campaña comercial.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano no sector das telecomunicacións. Experiencia comercial. Imprescindible residente en provincia. Coñecementos necesarios de campaña comercial, telecomunicacións, vendas. Coñecementos de ofimática nivel usuario. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Persoa dinamica, flexible, con capacidade de comunicación, perseveranza, adoitada a traballar en equipo e por obxectivos e con clara vocacion comercial e orientación ao/á cliente.
Publicada/Xestionada: Infojobs.





Data: 27-09-2017
Posto: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Precísase auxiliar de axuda a domicilio.
Requisitos: Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio ou Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. Permiso de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Auxiliar Domicilio Rodeiro".

Data: 26-09-2017
Posto: DIRECTOR/A VENDA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa de maquinaria agrícola situada na comarca do deza necesita director/a para a venda de maquinaria de prestixiosas marcas. O súa función será introducidas na zona para a provincia de Pontevedra así como para importar e exportar mercadoría.
Requisitos: Experiencia como comercial.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 23-09-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Bandeira, Silleda.
Descrición: Precísase administrativo/a para posto estable e de forma indefinida nunha empresa do sector do metal. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Non é necesaria experiencia no sector pero si ganas de traballar e aprender. Valoraranse coñecementos en linguas e informática.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio). Interesados/as enviar curriculum ao email: antonioausmach@gmail.com.

Data: 22-09-2017
Posto: OFICIAL DE 2ª DE REVESTIMENTOS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa da comarca do Deza precisa oficial de 2ª para colocación de revestimentos, morteiro, sate, xeso, etc.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 22-09-2017
Posto: TÉCNICO/A EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa emprazada na Comarca de Deza precisa técnico/a en prevención de riscos laborais. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Con formación superior en Prevención de Riscos Laborais (PRL) e experiencia mínima dun ano na xestión da PRL.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 22-09-2017
Posto: TÉCNICO/A EN DESEÑO E CÁLCULO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa emprazada na Comarca de Deza precisa técnico/a en deseño e cálculo de instalacións eléctricas. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Con formación e/ou experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 19-09-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase camareiro/a para mesón - bar.
Requisitos: Non necesaria experiencia. Boa presenza.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 686466999.

Data: 18-09-2017
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa do sector metálico precisa soldador/a para traballar en taller.
Requisitos: Coñecementos de soldadura (valorarase específicamente saber soldar TIG e ter experiencia dándolle acabado ao inox.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 17-09-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a. Ofrécese bo horario, boas condicións e domingos libres.
Publicada/Xestionada: Particular (Ricardo): ☎ 636108905.

Data: 16-09-2017
Posto: LIMPADOR/A DE TAPICERÍAS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Neumáticos Tato, empresa de transporte da comarca do Deza, precisa unha persoa que se responsabilice da limpeza e coidado do interior dos vehículos da frota. Ofrécese incorporación inmediata a persoal.
Requisitos: Experiencia en limpeza. Capacidade de traballo en equipo. Dispoñibilidade horaria. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable experiencia profesional na limpieza de vehículos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017S87.





Data: 27-09-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Mesón O Forno precisa camareiro/a para fins de semana e luns.
Requisitos: Non necesaria experiencia. Persoa agradable e con ganas de traballar. Residencia preto da zona. Preferiblemente menor de 30 anos.
Publicada/xestionada: Mesón O Forno. Interesados/as enviar curriculum ao email: godello_m@hotmail.com ou achegarse polo local.

Data: 27-09-2017 
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Mesón O Forno precisa cociñeiro/a.
Publicada/xestionada: Mesón O Forno. Interesados/as enviar curriculum ao email: godello_m@hotmail.com ou achegarse polo local.

O Último