Data: 18-07-2017 Posto: FRIGORISTA (2 vacantes) Lugar: Lalín. Descrición: Megodeza selecciona 2 frigoristas para realización de mantem...

Ofertas de Emprego (Xullo 2017) 2ª

Data: 18-07-2017
Posto: FRIGORISTA (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Megodeza selecciona 2 frigoristas para realización de mantemento e reparación de instalacións industriais e posta en marcha.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos de frío industrial, mantemento, posta en marcha. Formación en Prevención de Riscos Laborais. Carné de conducir. Dispoñibilidade xeográfica.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 18-07-2017
Posto: PINTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase pintor/a para acondicionar tenda de nova apertura (local e mobiliario).
Requisitos: Con experiencia. Persoa curiosa e responsable.
Publicada/Xestionada:  Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Pintor/a".

Data: 18-07-2017
Posto: FORMADOR/A - ENCARGADO/A DE ALMACÉN 
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase formador/a para impartir formación teórica e avaliación a persoas con contrato de formación. Módulo MF1326 Preparación de Pedidos do certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Comercio.
Requisitos: Persoa con experiencia demostrable como encargado/a de almacén ou similar. CAP ou certificado de profesionalidade de Docencia da Formación para o Emprego ou 600 horas de formación impartidas demostrables.
Publicada/Xestionada: Particular (Mercedes). ☎ 667768077.

Data: 17-07-2017
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona mecánico/a para taller de automoción.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos.
Publicada/Xestionada: Randstad.





Data: 18-07-2017
Posto: PEÓN/A AGRÍCOLA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase peón/a agrícola para traballar en gandaría de vacas de leite.
Requisitos: Con experiencia e permiso de conducir.
Publicada/Xestionada: Particular (María). ☎ 699967068.

Data: 16-07-2017
Posto: OPERARIO/A DO SECTOR DO ALUMINIO
Lugar: Bandeira, Silleda.
Descrición: Precísase operario/a do sector do aluminio.
Requisitos: Persoa nova, responsable, educada e con ganas de traballar. Residencia en Bandeira ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose). Interesados/as contactar vía email.

Data: 16-07-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: O Refuxio Merza precisa camareiro/a para cubrir quenda no chiringuito da Carixa.
Publicada/Xestionada: O Refuxio Merza. ☎ 986583572.





Data: 17-07-2017 
Posto: MECÁNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra).
Descrición: Randstad selecciona mecánico/a de mantemento para importante empresa do sector de alimentación. A xornada de traballo será a quendas de luns a sábado.
Requisitos: Imprescindible formación de Grao Superior (FP II), especialidade mecánica, maquinas ferramentas ou axuste. Valórase experiencia en industrias lácteas e/ou sector alimentario. Experiencia mínima de 2 anos como mecánico.
Publicada/xestionada: Randstad.

Data: 17-07-2017 
Posto: PEÓN/A SECTOR MADEIRA
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Precísase peón/a para empresa do sector da madeira situada no Carballiño. Realizará funcións de traballo en liña de produción: corte, lixado, clasificado e empaquetado de listóns de madeira e apoio en tarefas de mantemento.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible residente na provincia. Experiencia como operario/a-peón/a, experiencia en traballos físicos. Persoa nova, forte, dinámica, responsable e comprometida coa empresa. Dispoñibilidade horaria de luns a venres. Residencia en Carballiño ou arredores.
Publicada/xestionada: Infojobs.

Data: 17-07-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Precísase técnico/a de mantemento industrial para empresa do sector madeira no Carballiño para funcións de mantemento preventivo e correctivo da maquinaria.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Mantemento e Servizos á Produción. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Imprescindible residente na provincia. Coñecementos de mantemento industrial e preventivo, soldadura, electrónica, electricidade, mecánica. Experiencia en mantemento industrial. Experiencia con mecánica, electricidade, electrónica e soldadura. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Domicilio no Carballiño ou arredores.
Publicada/xestionada: Infojobs.

O Último