O Concello de Lalín contratará a 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. O proceso de se...

O Concello de Lalín contratará 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra


O Concello de Lalín contratará a 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. O proceso de selección, de acceso libre, comezará en breve. As contratacións, a xornada completa, terán unha duración de 7 meses, desde o día da contratación (previsiblemente en xuño) até o 31 de decembro de 2017.

Inscrición no proceso


As prazas convocadas pertencen a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarias e indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal e social municipal. As persoas interesadas en acceder a estes postos deben inscribirse na oficina de emprego (Servizo Público de Emprego de Galicia. Av. Buenos Aires nº 45 baixo) nos códigos e ocupacións que o Concello solicita:


A preselección de candidatos/as e a elaboración de listados por ocupación, corresponderá á oficina de emprego. A selección definitiva, de entre as persoas remitidas pola Servizo Público de Emprego, pertencerá ao Concello, de conformidade coa normativa reguladora do proceso e os criterios de preferencia que por esta orde se establecen:

1. Vítimas de violencia de xénero.
2. Candidatos/as maiores de 45 anos.
3. Candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo.
4. Candidatos/as con niveis de renda máis baixa.
5. Candidatos/as con cargas familiares.


Requisitos para acceder


Para participar hai que figurar nos listados de preseleccionados/as que elabore a oficina de emprego e cumprir os requisitos que establecerán as bases de contratación temporal redactadas polo Concello (pendentes de publicarse). En todo caso, haberá que ser demandante de emprego non ocupado/a, é dicir, estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia (con ámbito de busca de emprego no municipio), e estar dispoñible para o emprego.


Formación, práctica profesional e emprego local


As contratacións favorecerán a formación e práctica profesional das persoas desempregadas que se van contratar e responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das funcións ou o desempeño das competencias municipais en termos razoables de eficacia tendo en conta a crise económica.

O proceso selectivo ofrecerá unha oportunidade laboral ás persoas desempregadas, principalmente as que contan con máis dificultades para acceder ao mercado de traballo, co que se avanzará no obxectivo de reducir as cifras do paro do municipio.


Máis información


O Inem recibe as solicitudes para as 37 prazas que oferta o Concello. Faro de Vigo (09.04.2017)
O Concello de Lalín contratará 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial. Páxina web municipal (03.04.2017).

O Último