A Deputación Provincial de Pontevedra abre o prazo de solicitude de 2 00 bolsas do Plan de Práctica Laboral en Concellos da provincia e ...

Convocadas 200 Bolsas do Plan de Práctica Laboral en Concellos e na Deputación de Pontevedra 2017


A Deputación Provincial de Pontevedra abre o prazo de solicitude de 200 bolsas do Plan de Práctica Laboral en Concellos da provincia e na institución provincial. As bolsas están destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.


Requisitos para beneficiarse das bolsas


- Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea
- Estar en posesión da titulación académica esixida no anexo I para cada unha das bolsas convocadas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias
- Estar en posesión da titulación académica correspondente aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007
- Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa
- Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorra desde a data da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (13.03.2017) ata o día da adxudicación das bolsas.
- Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia.
- Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos.
-Non renunciar con anterioridade de forma inxustificada a bolsas dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos nin nos concellos ou empresas da provincia
- Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2016 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos.
- Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego.
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecemento, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin estar dado de alta como autónomo por un período de tempo superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa.
- Acreditar o nivel Celga IV (para as bolsas de titulacións universitarias) e o Celga III (para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional)
- Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino
- Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS)


Contía económica


A dotación económica das bolsas está establecida segundo o nivel de titulación:

As persoas con titulación universitaria percibirán oitocentos (800,00) euros ao mes.
As persoas con ciclos superiores de formación profesional percibirán setecentos (700,00) euros ao mes.


Solicitudes e prazo de solicitude


Para realizar a solicitude de participación nesta convocatoria hai que seguir os seguintes pasos:

1) En primeiro lugar, realizar unha preinscrición a través da páxina web da Deputación (www.depo.es): cubrir o formulario de solicitude e descargar o xustificante de envío.
2) En segundo lugar, presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición no Rexistro xeral da institución provincial xunto co documentación requirida.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincial de Pontevedra (13.03.2017).


Bolseiros/as no Concello de Lalín


O Concello de Lalín solicitou 4 persoas bolseiras ao abeiro deste Plan coas seguintes titulacións:

1 Biblioteconomía e Documentación, Grao en Información e Documentación ou Licenciatura en Documentación.
1 Diplomatura ou Grao en Traballo Social.
1 Licenciatura ou Grao en Dereito.
1 Enxeñería Técnica Forestal, Grao en Enxeñería Técnica Forestal e do Medio Natural, Grao en Enxeñería Forestal, Enxeñería de Montes.


Máis información


Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os Concellos da Provincia de Pontevedra, ano 2017 (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm 50 do 13.03.2017).

O Último