A Dirección Xeral da Función Pública acordou a apertura das listas para a cobertura con carácter temporal de postos incluídos nas relac...

Apertura de listas de contratación temporal da Xunta de Galicia 2017


A Dirección Xeral da Función Pública acordou a apertura das listas para a cobertura con carácter temporal de postos incluídos nas relacións de postos de traballo da Xunta de Galicia.

As listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude, seguindo os requisitos que establece cada unha, son:



Forma e prazo de presentación de solicitudes


As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo de 2017.

O modelo de solicitude xérase online na páxina establecida pola Dirección Xeral da Función Pública e debe ser presentada nos rexistros da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos na lei de Procedemento Administrativo, xunto co resto da documentación requirida.


Taxa de inscrición


O importe da taxa por inscrición nas listas é de 17,15 €. Están exentas do pagamento da taxa:

- As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.
- As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%.
- As persoas que figuraren como demandantes de emprego desde polo menos 6 meses antes á data de convocatoria. Será requisito para o goce da exención do 50% do importe da taxa que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.


Máis información


Resolución do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades (DOG núm. 41 do 28 de febreiro de 2017).

O Último