Data: 14-01-2017 Posto: ALBANEL/A Lugar: Lalín. Descrición: Precísase albanel/a para obras en toda Galicia. Ofrécese incorporación inm...

Ofertas de Emprego (Xaneiro 2017) 1ª

Data: 14-01-2017
Posto: ALBANEL/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase albanel/a para obras en toda Galicia. Ofrécese incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 14-01-2017
Posto: ELECTRICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase electricista para obras en toda Galicia. Ofrécese incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 14-01-2017
Posto: TRABALLADOR/A DE CARPINTERÍA METÁLICA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase traballador/a de carpintería metálica para obras en toda Galicia. Ofrécese incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 14-01-2017
Posto: TRABALLADOR/A DE FRÍO INDUSTRIAL
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase traballador/a de frío industrial para obras en toda Galicia. Ofrécese incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 13-01-2017
Posto: EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase empregado/a administrativo/a. Contrato de integración discapacidade.
Requisitos: Persoa con discapacidade.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 12-01-2017
Posto: PERSOA PARA TENDA DE DECORACIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Cassa Chic, tenda de decoración, regalos, menaxe do fogar, precisa persoa do ámbito do escaparatismo, a decoración ou as vendas.
Requisitos: Formación relacionada co escaparatismo, a decoración ou as vendas.
Publicada/Xestionada: Cassa Chic (Centro Comercial Pontiñas. Travesía do Regueiriño nº 6, 36500 Lalín). ☎ 986181580. Interesados/as enviar currículum ao email: laurafegus@gmail.com.

Data: 12-01-2017
Posto: ALBANEL/A - OFICIAL DE 1ª
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase albanel/a, oficial de 1ª, a xornada completa.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos. Con dispoñibilidade para desprazarse por toda Galicia. Carné de conducir B.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Albanel/a".

Data: 12-01-2017
Posto: EMPREGADO/A DO FOGAR (Urxente)  OFERTA PECHADA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase empregado/a do fogar para atención dunha casa particular a 2 quilómetros do centro urbano de Lalín. Tarefas de cociña, limpeza e coidado dunha persoa xove despois dunha operación. Traballo de mañá (horario de 10.00 a 15.00 horas).
Requisitos: Con permiso de conducir e coche.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Empregado/a Fogar".

Data: 12-01-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Temporing selecciona cociñeiro/a.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Valorarase positivamente, experiencia no posto (mínima de polo menos 3 anos) e residencia próxima á zona.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Grupo Temporing.

Data: 10-01-2017
Posto: COIDADOR/A DE NENOS/AS
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase coidador/a de nenos/as.
Publicada/Xestionada: Particular (Noelia): ☎ 634637842 - 666053945.

Data: 09-01-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Bar do Pepe precisa camareiro/a. Horario de tarde.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Bar do Pepe. Interesados/as pasar polo local (Avda. dos Olmos, nº 17. Donramiro. 36500 Lalín-Pontevedra).

Data: 09-01-2017
Posto: DOCENTE DE SECUNDARIA (RÉXIME PERSOAS ADULTAS)   OFERTA PECHADA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase profesor/a de secundaria de persoas adultas para formación de grupo 4 ou 6 horas á semana.
Requisitos: Diplomado/a en Maxisterio ou Profesor/a de Ensino Secundario. Con coñecementos de inglés (nivel B2) e de informática nivel usuario/a. Preferiblemente con residencia en Lalín ou arredores.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Docente Secundaria".

Data: 07-01-2017
Posto: EMPREGADO/A DO SERVIZO DOMÉSTICO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa para coidado de nenos e tarefas do fogar a tempo completo.
Requisitos: Persoa seria e responsable.
Publicada/Xestionada: Particular (María). Interesados/as contactar vía email.

Data: 04-01-2017
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase mecánico/a para taller de automóbiles.
Requisitos: Formación de Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles ou experiencia en posto similar. Preferiblemente persoa moza.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Mecánico/a".

Data: 03-01-2017
Posto: CONTABLE
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase contable. As súas funcións serán, entre outras: garantir o adecuado rexistro das operacións económicas da empresa, supervisando a elaboración da contabilidade financeira e analítica co fin de obter a máxima rendibilidade empresarial; confección de contas anuais e peche do exercicio; supervisión directa da corrección dos apuntamentos contables efectuados; confección da contabilidade analítica e, no seu caso, consolidación de balances; xestión, control e conformación de facturas de provedores e acredores.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos en posto similar. Diplomatura, Licenciatura ou Grao en Ciencias Empresariais e/ou Económicas.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E2.

Data: 02-01-2017
Posto: OPERARIO/A DE CONSTRUCIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a de construción.
Requisitos: Con coñecementos de construción. Persoa seria e responsable.
Publicada/Xestionada: Particular (Toimil): ☎ 606284781.





Data: 14-01-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Establecemento hostaleiro de Vila de Cruces precisa camareiro/a para quenda de mañá. Encargarase dos almorzos, cafés, tapas e tarefas da cafetaría en xeral. Os sábados, libres.
Requisitos: Preferentemente menor de 40 anos. Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 12-01-2017
Posto: CAPATAZ AGRÍCOLA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase capataz agrícola para encargarse da atención e mantemento de leira e instalacións nunha explotación agropecuaria da comarca do Deza.
Requisitos: Experiencia como capataz agrícola. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E3.

Data: 10-01-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Agolada.
Descrición: Precísase camareiro/a para bar.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 986788372.

Data: 02-01-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Silleda.
Descrición: Restaurante González de Silleda precisa axudante de cociña.
Requisitos: Indispensable experiencia demostrable de máis de 2 anos e dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Restaurante González (Rúa Antón Alonso Ríos nº 20, 36540 Silleda). ☎ 986580156.



Data: 13-01-2016
Posto: AXENTE DE EMPREGO (2 vacantes)
Lugar: Zona Norte e zona Sur de Galicia.
Descrición: A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia selecciona de 2 axentes de emprego para visitar empresas na zona Norte e zona Sur de Galicia. Ofrécese contrato de 10 meses de duración a xornada completa.
Requisitos: Título Universitario. Experiencia no mesmo posto de traballo. Disposición para traballar por obxectivos. Carné de conducir B1 e dispoñibilidade de vehículo. Valorarase máster relacionado co sector da orientación e inserción laboral. Coñecementos en LSE.
Publicada/Xestionada: Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Rúa Félix Estrada Catoira, 3 bx. dereita, 15007 A Coruña). ☎ 981169336. Interesados/as enviar curriculum ao email: cv@faxpg.es até o 17 de xaneiro de 2017.

Data: 13-01-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A-ESTETICIEN
Lugar: Sigüeiro (A Coruña).
Descrición: Precísase perruqueiro/a - esteticien.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 629953406.

Data: 13-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE TENDA DE AGRICULTURA
Lugar: Trazo (A Coruña).
Descrición: Tenda de agricultura precisa dependente/a.
Requisitos: Preferiblemente idade de entre 25 e 35 anos. Persoa responsable. Non é necesaria experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 655294874.

Data: 13-01-2016
Posto: AUXILIAR DE ENFERMERÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase auxiliar de clínica.
Requisitos: Con experiencia de 6 meses. Coñecementos de Word, Excel e manexo de axendas e teléfono.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 13-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A JUNIOR (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona a administrativo/a junior para importante empresa da provincia. Ofrécese contrato de traballo durante un ano a xornada completa partida, 1250€ brutos/mes e incorporación inmediata.
Requisitos: Estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou maior ao 33%. Empadroamento en Lugo. Valorable formación de FP ou carreira en Administración de empresas ou similares.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 12-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A (3 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona carpinteiro/a para empresa do sector da automoción situada no Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Realizará as tarefas seguintes: acabados de madeira (remates) do interior do vehículo, manexo da mercadoría. Xornada completa de 06:00h a 14:00h ou 14:00h a 22:00h.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado Escolar. Experiencia mínima demostrable como carpinteiro/a realizando tarefas similares ás ofertadas. Persoa responsable, activa e resolutiva. Valorable residencia próxima ao lugar de traballo. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Carné B1 e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 12-01-2016
Posto: ELECTROMECÁNICO/A DE AUTOMOCIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona electromecánico/a para empresa do sector da automoción situada no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Realizará as tarefas seguintes: instalacións de aire acondicionado, sistemas eléctricos, manexo de mercadoría. Xornada completa en quendas rotativas de 06:00h a 14:00h ou 14:00h a 22:00h.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado Escolar. Experiencia mínima demostrable como a Electromecánico/a no sector da automoción realizando tarefas similares ás ofertadas. Persoa responsable, polivalente e resolutiva. Valorable residencia próxima ao posto de traballo. Carné B1 e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 12-01-2016
Posto: TELEOPERADOR/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Grupo Progesgal precisa teleoperador/a para traballar en oficina na Estrada realizando chamadas comerciais a domicilios para ofrecer reformas.
Requisitos: Persoa con ou sen experiencia. Residencia na Estrada. Preferiblemente menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Grupo Progesgal (Travesía Fernando Conde nº 2, 36680 A Estrada).☎ 986572812.

Data: 10-01-2016
Posto: TÉCNICO/A COMERCIAL - ENXEÑEIRO/A QUÍMICO/A
Lugar: Galicia.
Descrición: Quimitecnica, empresa dedicada á comercialización de produtos químicos, selecciona Titulación en Enxeñaría Química ou Química. Funcións: tarefas de prospección de mercado, desenvolvemento dás relacións comerciais cos/as clientes actuais, estudo de novos produtos; presentación de nova oferta e demais tarefas comerciais correntes. Contrato en prácticas de duración de 1 ano.
Publicada/Xestionada: Quimitecnica. Interesados/as enviar curriculum ao email: geral@quimitecnica.pt.

Data: 10-01-2016
Posto: TÉCNICO/A ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Verín (Ourense).
Descrición: Globalservi selecciona técnico/a administrativo/a para departamento de facturación.
Publicada/Xestionada: Globalservi. ☎988102444. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao email: ofertas@globalservi.com.

Data: 10-01-2016
Posto: ENCARGADO/A DE TENDA TEXTIL
Lugar: Ourense.
Descrición: Stradivarius, firma do Grupo Inditex, precisa primeiro/a encargado/a de tenda para establecemento do centro Ponte Vella de Ourense. Baixo a supervisión da dirección comercial, encargarase de xestionar o punto de venda baixo os parámetros marcados pola empresa e de cumprir os resultados a través da satisfacción do/a cliente e do seu equipo.
Requisitos: Ciclo Formativo de Grao Medio ou Superior. Experiencia de 1 a 3 anos. Dispoñibilidade total a tempo completo. Residencia en provincia de posto vacante. Experiencia de polo menos 2 anos en empresas de téxtil de gran volume como primeiro/a ou segundo/a encargado/a . Experiencia de polo menos 2 anos en xestión de persoas. Paixón pola moda. Alto grao de iniciativa e responsabilidade. Persoa autónoma e resolutiva. Alta orientación a resultados. Sensibilidade cara á xestión e motivación de equipos. Orientación ao cliente. Capacidade de mando.
Publicada/Xestionada: Inditex Careers.

Data: 09-01-2016
Posto: VENDEDOR/A DEPORTISTA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Decathlon selecciona vendedor/a deportista a tempo parcial para o seu establecemento de Santiago de Compostela. Ofrécese horario flexible e compatible con outras actividades e estudos; formación e desenvolvemento de competencias individuais e colectivas para o crecemento persoal e a satisfacción dos/as clientes; proxección; incorporación inmediata.
Requisitos: Persoa dinámica, vital, responsable, emprendedora, e con forte vocación por dar unha atención próxima e excelente a cada cliente. Deportista activo/a de calquera nivel de práctica, con paixón polo comercio e o/á cliente, ganas de aprender e traballar en equipo con autonomía.
Publicada/Xestionada: Monster.

Data: 09-01-2016
Posto: OFICIAL DE 1ª DE INSTALACIÓN E MONTAXE DE ESTRUTURAS DE ALUMINIO
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Randstad selecciona oficial de 1ª de instalación e montaxe de estruturas de aluminio. Ofrécese posto estable a xornada completa.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos no sector realizando funcións de montaxe e instalación de estruturas de aluminio en obra. Coñecemento e experiencia en selado. Valorable carné C. Dispoñibilidade horaria e de incorporación inmediata. Orientación ao traballo en equipo e alta capacidade resolutiva.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 09-01-2016
Posto: VENDEDOR/A DE TENDA - SECCIÓN ELECTRODOMÉSTICOS E ELECTRÓNICA
Lugar: A Coruña.
Descrición: Vegalsa Eroski precisa vendedor/a de sección de electrodomésticos e electrónica para establecemento na Coruña. As responsabilidades serán: asesoramento a clientes, reposición e colocación dos produtos, presentación e imaxe correcta dos artigos, asegurando o bo estado dos mesmos, e atención satisfactoria aos/ás clientes. Ofrécese formar parte dunha empresa estable e segura, coa oportunidade de crecer profesionalmente, plan de formación adecuado ás necesidades do posto de traballo, plan de carreira dentro do negocio, asesoramento e apoio de profesionais do sector nas tarefas diarias, paquete salarial composto de salario fixo e variable para postos de negocio, plan de vantaxes para empregados/as e sistema de retribución flexible.
Requisitos: Experiencia previa no sector da electrónica e os electrodomésticos. Xente dinámica, entusiasta, optimista, que goce co traballo en equipo e a atención ao/á cliente, con flexibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Vegalsa Eroski.

Data: 09-01-2016
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase mecánico/a de mantemento en automoción para fábrica situada no polígono de San Cibrao das Viñas.
Requisitos: Con experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 09-01-2016
Posto: RECEPCIONISTA DE HOTEL
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Hotel Hórreo** precisa recepcionista para quenda de tarde.
Publicada/Xestionada: Hotel Hórreo** (Rúa do Hórreo nº 40, Santiago de Compostela). Entregar curriculum con foto no hotel.

Data: 09-01-2016
Posto: XESTOR/A DE CLÍNICA DENTAL
Lugar: A Coruña e Pontevedra.
Descrición: Avanza Dental precisa xestor/a de clínica para novos establecementos en Pontevedra e A Coruña. As funcións serán: pór en marcha nas clínicas todas as medidas de xestión e excelencia na atención a pacientes propostas pola empresa.
Requisitos: Persoa afeita a traballar por obxectivos, con clara vocación á excelencia no trato ao paciente e que estea acostumada a levar o peso da rendibilidade e política  comercial da clínica dental. Experiencia na xestión de clínicas dentais.
Publicada/Xestionada: Avanza Dental. Interesados/as enviar curriculum ao email: mrico@avanzadental.com.

Data: 09-01-2016
Posto: COMERCIAL DO SECTOR DO ALUMINIO
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Grupo Norte selecciona comercial para venda de produtos do sector do aluminio. Ofrécese bo ambiente laboral.
Requisitos: Comercial con moita experiencia; persoa sólida, seria, responsable, con don de xentes e autonomía.
Publicada/Xestionada: Grupo Norte.

Data: 09-01-2016
Posto: CARRETILLEIRO/A
Lugar: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Descrición: Randstad selecciona carretilleiro/a para empresa situada en Villagarcía de Arousa.
Requisitos: Imprescindible experiencia no manexo de carretilla e estar en posesión do carné de carretilleiro/a.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 09-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE TENDA AGRÍCOLA
Lugar: Begonte (Lugo).
Descrición: Nortempo selecciona dependente/a para tenda agrícola. Xornada laboral de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e sábados de 10.00 a 14.00 horas. Ofrécense 12.000 euros/brutos anuais.
Requisitos: Perfil comercial. Imprescindible coñecementos no sector gandeiro/agrícola. Valorable
experiencia como dependente/a.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 08-01-2016
Posto: MONITOR/A DE VISITAS GUIADAS
Lugar: A Coruña.
Descrición: Adecco selecciona monitor/a de visitas guiadas para a zona da Coruña. Realizará tarefas de guía nas instalacións da empresa cliente a usuarios/as, en visitas concertadas. Ofrécese contrato laboral a tempo parcial (máximo 20 horas).
Requisitos: Imprescindible Certificado negativo de antecedentes penais de carácter sexual para o traballo con menores. Valorable experiencia en realización de visitas guiadas a diferentes colectivos.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 06-01-2016
Posto: AXENTE DE COMPRAS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase axente de compras.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 05-01-2016
Posto: COCIÑEIRO/A (Urxente)
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Pizzería Restaurante JA precisa cociñeiro/a para elaboración de menú do día e carta.
Publicada/Xestionada: Pizzería Restaurante JA (Rua Codeseira nº 39, 15809 Melide-A Coruña).  ☎ 639028561 - 981815354 (José).

Data: 05-01-2016
Posto: SECRETARIO/A SECTOR SEGUROS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona secretario/a para empresa do sector de seguros. As funcións serán: atención presencial a clientes, asesoramento, emisión e recepción de chamadas, tarefas administrativas inherentes ao posto de traballo. Contrato eventual (3 meses) a media xornada.
Requisitos: Experiencia mínima 1 ano como secretario/a ou administrativo/a en o devandito sector. Imprescindible capacidade de comunicación. Valorable experiencia como comercial no sector
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 05-01-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A-BARBEIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Peluquería Barbería Rivadulla precisa oficial perruqueiro/a-barbeiro/a.
Requisitos: Persoa positiva, apaixonada do seu oficio.
Publicada/Xestionada: Peluquería Barbería Rivadulla (Av. de Fernando Conde nº 20, 36681 A Estrada-Pontevedra): ☎ 986571112. Interesados/as enviar curriculum ao email: fonsopeluquero@hotmail.com.

Data: 05-01-2016
Posto: ELECTROMECÁNICO/A (MAQUINARIA PESADA)
Lugar: Marín (Pontevedra).
Descrición: Precísase electromecánico/a para reparación de maquinaria pesada.
Requisitos: Persoa con sólidos coñecementos en electricidade e/ou electrónica industrial do tipo circuítos eléctricos, circuítos de mando e potencia de motores, medicións eléctricas, automatismos eléctricos, programación de autómatas. Valorarase positivamente experiencia en reparación de maquinaria pesada e portuaria. Dispoñibilidade para viaxar a calquera das oficinas da empresa e de alongar a xornada laboral. Persoal dinámica e con capacidade para traballar en equipo.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Ordes (A Coruña).
Descrición: Maderas Raña SL precisa administrativo/a para xestión de empresa.
Publicada/Xestionada: Maderas Raña SL (Rúa Coruña nº 23, 15680 Ordes - A Coruña). ☎ 981680852 ou 607577029.

Data: 05-01-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Sigüeiro - Oroso (A Coruña).
Descrición: Restaurante Cortés precisa cociñeiro/a.
Publicada/Xestionada: Restaurante Cortés (Av. da Gravanxa 15, 15688 Sigüeiro - Oroso - A Coruña). ☎ 981691762.

Data: 04-01-2016
Posto: PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN CON COÑECEMENTOS DE DEREITO
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Precísase persoal de administración.
Requisitos: Con experiencia previa mínima de dous anos e coñecementos de Dereito.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Noia (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona técnico/a de mantemento para importante empresa situada na comarca de Noia. As funcións a desempeñar serán: tarefas de organización e seguimento do mantemento preventivo e correctivo así como coordinación de equipo de traballo, xestión de reparacións, obras e modificacións conforme a orzamento, elaboración de plans de continxencia, xestión de provedores, etc.
Requisitos: Formación profesional grao Medio/Superior en mantemento electromecánico. Coñecemento e experiencia en funcionamento e reparación de bombas, variadores e autómatas. Residencia en zona de Noia/Santiago. Imprescindible experiencia mínima de 3 anos en posto similar. Experiencia en xestión de equipos. Valorable coñecemento e experiencia en plantas de tratamento de augas, cetarias, mecánica naval ou similar.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 04-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Monforte (Lugo).
Descrición: Precísase camareiro/a a xornada completa.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 622161250.

Data: 04-01-2016
Posto: INSTALADOR/A ELÉCTRICO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Randstad selecciona instalador/a eléctrico/a, especialidade IT e Telecom.
Requisitos: Experiencia de 1 a 2 anos realizando as seguintes funcións: realización de tendidos de cableado estruturado (UTP, Fibra óptica), conexionados (UTP, FTP, fibra óptica); ordenamento de armarios de comunicacións; medidas de certificación; reparacións eléctricas; conexionados en cadros eléctricos; interpretación de planos; ferramentas de montaxe de cableado, gatos portabobinas, guia-cables, crimpadoras; redacción de informes. Carné de conducir. Valorable: certificacións de fabricantes de cableado estruturado tipo Systimax, Nexans, Belden, Infra+, Brand-Rex, etc; cursos de Prevención de Riscos Laborais (PRL, alturas, etc.); idiomas; dispoñibilidade para viaxar.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 03-01-2016
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Adecco selecciona mecánico/a para taller de mecánica xeral de vehículos a xornada completa de luns a venres. Desenvolverá as seguintes funcións: mecánica xeral de automóbiles, trato co/a cliente; utilización de aparellos de diagnóse; realización de orzamentos; apoio á oficina. Incorporación inmediata con contrato directo a través da empresa.
Requisitos: Experiencia de polo menos tres anos demostrables na realización das funcións descritas como mecánico/a oficial de primeira ou segunda. Residencia na cidade de Pontevedra ou arredores. Nivel medio no manexo de ofimática.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 03-01-2016
Posto: ENCARGADO/A-RESPONSABLE
Lugar: Ourense.
Descrición: Pull&Bear (Grupo Inditex) precisa encargado/a-responsable para Ourense. Entre as funcións a desempeñar: xestión xeral do correcto funcionamento de tenda; control e optimización do stock; visual merchandising de tenda; xestión de RRHH; formación e desenvolvemento do equipo, planificación de horarios; atención ao cliente. Será o máximo/a responsable da sección encargándose da coordinación da actividade diaria; de decidir sobre o produto para conseguir os obxectivos comerciais que se establezan; de organizar o equipo humano asegurando a súa proxección; de rendibilizar o espazo da tenda para que a moda; de conseguir que cada cliente vexa cumpridos os seus desexos. Contará co apoio dun equipo de traballo e a política de comunicación aberta e flexible do grupo Inditex.
Requisitos: Experiencia laboral de polo menos 2 anos en posto similar. Sentido da autonomía e capacidade para tomar decisións. Valorable coñecemento de produto, ou de tendas, preferiblemente de artigos de moda. Imprescindible residir en Ourense. Dispoñibilidade para traballar a tempo completo.
Publicada/Xestionada: FashionUnited/Pull&Bear.

Data: 03-01-2016
Posto: VENDEDOR/A DE CARNICERÍA EN SUPERMERCADO
Lugar: Ourense.
Descrición: Vegalsa Eroski precisa vendedor/a de carnicería para supermercado en Ourense. As responsabilidades serán reposición, manipulación e corte do produto, satisfactorio servizo ao/á cliente e presentación e imaxe correcta dos alimentos, asegurando o bo estado dos mesmos e respectando sempre os valores corporativos. Ofrécese formar parte dunha empresa estable e segura, coa oportunidade de crecer profesionalmente, plan de formación adecuado ás necesidades do posto de traballo, plan de carreira dentro do negocio, asesoramento e apoio de profesionais do sector nas tarefas diarias, paquete salarial composto de salario fixo e variable para postos de negocio, plan de vantaxes para empregados/as e sistema de retribución flexible.
Requisitos: Experiencia previa en carnicería. Xente dinámica, entusiasta, optimista, que goce co traballo en equipo e a atención ao/á cliente, con flexibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Vegalsa Eroski.

Data: 03-01-2016
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase mozo/a de almacén para traballar en empresa realizando labores de envasado, lavado, pelado de hortalizas.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 03-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Lugo.
Descrición: Importante empresa de hostelería de Lugo precisa con urxencia un/ha camareiro/a.
Requisitos: Polo menos un ano de experiencia como camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 03-01-2016
Posto: MOZO/A DE CUADRA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase mozo/a de cuadra para hípica.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 630367459.

Data: 03-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A DE PISOS (2 vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Bicolan selecciona 2 camareiros/as de pisos. As persoas seleccionadas encargarase da limpeza de habitacións e do servizo de lavandería (lavado e ferro).
Requisitos: Experiencia en postos de limpeza no sector da hostelería. Dispoñibilidade para traballar a quendas rotativas de mañá, tarde e noite, de luns a domingo cos descansos que establece a lei.
Publicada/Xestionada: Bicolan.

Data: 02-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A
Lugar: Cuntis (Pontevedra).
Descrición: Precísase operario/a de carpintería metálica.
Requisitos: Experiencia en aluminio soldado e inox.
Publicada/Xestionada: Particular (Miguel): ☎ 617568712.

Data: 02-01-2016
Posto: VENDEDOR/A DE TENDA - SECCIÓN DECORACIÓN
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Leroy Merlín precisa vendedor/a para a sección de decoración da súa tenda de Santiago de Compostela. Ofrécese un gran ambiente de traballo, autonomía para decidir e actuar, plans de desenvolvemento individual, formación continua, retribución fixa e variable de participación nos resultados e beneficios, posibilidade de converterte en accionista da empresa, e importantes beneficios sociais.
Requisitos: Experiencia en venda e orientación ao/á cliente. Coñecementos de decoración.
Publicada/Xestionada: Leroy Merlín.

Data: 02-01-2016
Posto: VENDEDOR/A DE TENDA - SECCIÓN XARDINERÍA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Leroy Merlín precisa vendedor/a para a sección de xardinería da súa tenda de Santiago de Compostela. Ofrécese un gran ambiente de traballo, autonomía para decidir e actuar, plans de desenvolvemento individual, formación continua, retribución fixa e variable de participación nos resultados e beneficios, posibilidade de converterte en accionista da empresa, e importantes beneficios sociais.
Requisitos: Experiencia en venda e orientación ao/á cliente. Coñecementos de xardinería.
Publicada/Xestionada: Leroy Merlín.

Data: 02-01-2016
Posto: MAîTRE
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: O Fogar do Santiso precisa maître. Ofrécense beneficios sociais: flexibilidade horaria e organizativa e outros beneficios como formación en proxectos de sustentabilidade.
Requisitos: Necesítase experiencia, formación e referencias para optar ao posto. Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Hostalaría e Turismo. Experiencia mínima de máis de 5 anos. Experiencia e referencias en postos similares. Alta capacidade de traballo e liderado. Dispoñibilidade total para formarse na cultura da empresa. Compromiso a longo prazo. Experiencia en xestión de capital humano. Mobilidade xeográfica en eventos de restauración a nivel nacional. Personalidade e desenvoltura para falar en público. Don de xentes e carácter amable.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-01-2016
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Residencia de maiores na comarca de Santiago precisa fisioterapeuta. Horario flexible.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: residenciademayores@yahoo.es.

Data: 02-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA (2 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Bicolan selecciona 2 operarios/as de fabricación para empresa do sector industrial situada en Ourense. Encargaranse de controlar o proceso dunha liña de produción, desde a alimentación de materias primas até o paletizado do produto terminado. O traballo realizarase a quendas rotativas de mañá, tarde e noite.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 meses como operario/a de fabricación en industria. Carné de carretillero/a. Dispoñibilidade para traballo a quendas.
Publicada/Xestionada: Bicolan.

Data: 02-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A (3 vacantes)
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona 3 dependentes/as para comercio téxtil para traballo en días soltos como reforzo en rebaixas (do 7 ao 14 de xaneiro).
Requisitos: Con experiencia en comercios do sector téxtil. Valorable experiencia en postos afíns. Dispoñibilidade horaria de luns a domingo.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 02-01-2016
Posto: DOCENTE DE GREGO (Urxente)
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Centro de ensino situado no Concello do Carballiño precisa, con carácter de urxencia, un/ha docente de grego.
Requisitos: Valoraranse nas candidaturas a experiencia previa.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 02-01-2016
Posto: AUXILIAR DE TENDA TEXTIL
Lugar: Ourense.
Descrición: Grupo Externa selecciona persoal para traballar como auxiliar en tendas do sector téxtil, realizando a descarga de roupa, a súa clasificación e a xestión do almacén da tenda, 6 horas á semana.
Requisitos: Dispoñibilidade para traballar 6 horas á semana en horario de mañá distribuídas nun ou dous días. Experiencia en tenda téxtil. Atención ao detalle. Proactividade. Organización. Responsabilidade.
Publicada/Xestionada: Grupo Externa.

O Último