Data: 15-12-2016 Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN Lugar: Lalín. Descrición: Todolots Galicia 2007 precisa condutor/a de camión con manexo d...

Ofertas de Emprego (Decembro 2016) 1ª

Data: 15-12-2016
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Todolots Galicia 2007 precisa condutor/a de camión con manexo de guindastre.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Cos pertinentes carnés profesionais e que saiba manexar guindastre.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 15-12-2016
Posto: PERSOAL DE LIMPEZA (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoal de limpeza en local comercial (axencia de viaxes) para funcións de recollida lixo baleirado de papeleiras, recambio bolsas limpas, limpeza do local, do mobiliario, chans, superficies e cristais. Horario de mañá, os martes e xoves.
Requisitos: Non se require experiencia profesional. Persoa con discapacidade.
Publicada/Xestionada: Por Talento.

Data: 14-12-2016
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a para traballar en granxa de vacas. Realizará as seguintes tarefas: alimentación, manexo e ordeño.
Requisitos: Imprescindible que saiba andar con maquinaria agrícola (tractor e apeiros).
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 629312909.

Data: 14-12-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE RECAMBIOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase dependente/a de recambios.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos. Experiencia en mecánica.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Dependente/a Recambios".

Data: 14-12-2016
Posto: VETERINARIO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase profesional de clínica veterinaria para labor principalmente comercial.
Requisitos: Licenciatura ou Grao en Veterinaria, Enxeñería Forestal ou Agrónoma. Con experiencia clínica.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Veterinario/a".

Data: 13-12-2016
Posto: PERSOAL DE ALMACÉN 
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoal de almacén con coñecementos de electricidade/electrónica.
Requisitos: Formación Profesional Grao Medio Electricidade e Electrónica.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 13-12-2016
Posto: MONTADOR/A DE ALUMINIO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa para montaxes de aluminio. Remuneración diaria. Traballo 15 días ao mes.
Requisitos: Persoa responsable e con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Particular (Jesús): ☎ 669671309.

Data: 12-12-2016
Posto: OPERARIO/A DE CONSTRUCIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a de construción.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2016D79.

Data: 12-12-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Rasgos de Galicia precisa perruqueiro/a para traballo na zona de Lalín e en Monterroso. Duración do contrato: 1 ano.
Requisitos: Titulación mínima FP grao medio. Valorarase experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 12-12-2016
Posto: FONTANEIRO/A (Autónomo/a)
Lugar: Lalín.
Descrición: Prepersa, empresa do Grupo Catalana Occidente, precisa fontaneiro/a autónomo/a para realizar reparacións de fontanería de asegurados/as.
Requisitos: Preferiblemente residencia en Lalín.
Publicada/Xestionada: Prepersa. Interesados/as contactar vía email.

Data: 09-12-2016
Posto: AEROMODELISTA DE DRONS -TÉCNICO/A ESPECIALISTA DJI (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Aerocámaras, empresa líder en formación, fabricación e servizos profesionais con drons, precisa profesional con perfil aeromodelista especializado/a en drons e/ou técnico/a especialista en dji.
Publicada/Xestionada: Aerocámaras (Rúa F, 9, 1E, 36500 Lalín-Pontevedra). ☎986781517 - 685347285. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao email: info@aerocamaras.es.

Data: 09-12-2016
Posto: PROMOTOR/A DE DEGUSTACIÓN (Días 16 e 17/12)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase promotor/a de degustación para os días: venres 16 e sábado 17 de decembro. Horario de traballo: de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. As funcións a desempeñar serán ofrecer degustacións do produto e incentivar a venda do mesmo.
Requisitos: Imprescindible carné de manipulador/a de alimentos, permiso de conducir e coche (xa que hai que levar o material) e ter dispoñibilidade para os dous días de acción.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 09-12-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a para corte, peiteado e manicura. Xornada completa de martes a sábado.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Perruqueiro/a".

Data: 06-12-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A 
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a para extras.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 677647906.

Data: 06-12-2016
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Explotación gandeira emprazada non municipio de Lalín, precisa operario/a para mantemento das instalacións e chófer de maquinaria agrícola.
Requisitos: Imprescindible experiencia en traballos de soldadura e en manexo de maquinaria agrícola.
Publicada/Xestionada: Particular (Abel). ☎ 629866184 - 600634678.

Data: 06-12-2016
Posto: COMERCIAL ALIMENTACIÓN (Autónomo/a)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase comercial de autovenda de alimentación para a zona de Lalín. Réxime de autónomos/as. A comisión. Con posibilidade de fixo máis gastos.
Requisitos: Con lista de clientes.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose). ☎ 622327681.

Data: 05-12-2016
Posto: ENQUISADOR/A PRESENCIAL
Lugar: Lalín.
Descrición: Ideara S.L. precisa enquisador/a presencial para traballar en Lalín e arredores.
Requisitos: Experiencia mínima como enquisador/a de polo menos 1 ano. Nivel mínimo de línguas acreditado: Inglés B1.
Publicada/Xestionada: Indeed.

Data: 03-12-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase administrativo/a para taller na zona de Lalin para apoio aos departamentos de contabilidade e administración. Realizará funcións de atención ao/á cliente, recepción de vehículos, arquivo, compras a provedores, xestión de documentación, ordes de reparación e outras xestións relacionadas co posto. Posto estable, xornada completa en horario partido de luns a venres.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Administración. Experiencia mínima de polo menos 2 anos como administrativo/a. Valorable experiencia no sector. Coñecementos de talleres, vehículos, compras, atención ao/á cliente, administración, xestión e documentación.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-12-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Temporing selecciona cociñeiro/a.
Requisitos: Non se requiren estudos mínimos. Valorarase positivamente experiencia mínima de polo menos 2 anos e residencia próxima á zona.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 01-12-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para Hostal-Restaurante.
Requisitos: Boa presenza.
Publicada/Xestionada: Hostal Camiño de Santiago (Bergazos nº 21 – Donsión. Lalín). ☎  986794470.





Data: 15-12-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Agolada.
Descrición: Cafetería Venus precisa camareiro/a. Quenda de mañá.
Publicada/Xestionada: Cafetería/Bar Venus. Interesados/as entregar currículum no no establecemento (Estrada de Rodeiro nº 27, Agolada-Pontevedra).

Data: 14-12-2016
Posto: OPERARIO/A (Autónomo/a)
Lugar: Agolada.
Descrición: Precísase operario/a autonómo/a.
Requisitos: Con coñecementos de encofrados.
Publicada/Xestionada: Particular (Miguel): ☎ 689572892.

Data: 13-12-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a para bar.
Requisitos: Persoa con don de xentes, simpatía, agradable e sincero/a.
Publicada/Xestionada: Particular (Tony): ☎ 665013386.

Data: 12-12-2016
Posto: TORNEIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase mecánico/a torneiro/a para fabricación de pezas mecanizadas, mostras e prototipos, en empresa da zona do Deza.
Requisitos: Experiencia mínima dun ano. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Dispoñibilidade para realizar proba técnica nas instalacións da compañía. Valorables coñecementos de programación de control numérico, coñecementos de interpretación de planos e metrología e coñecementos de ferramentas e máquinas manuais.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2016D80.




Data: 15-12-2016
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase mozo/a de almacén para traballar realizando labores de envasado, lavado, pelado de hortalizas.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 12-12-2016
Posto: XESTOR/A DE VIAXES
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Martinez Otero, empresa dedicada á fabricación, instalación e execución de proxectos de interiorismo, precisa incorporar profesional para xestionar a conta de viaxes da empresa (o volume anual desta partida está ao redor dos 2.000.000 euros). Cobertura de baixa de maternidade con posibilidade de futura incorporación.
Requisitos: Persoa con formación e experiencia en xestión de viaxes. Valorable experiencia en axencia de viaxes. Valorable nivel alto de línguas. Experiencia en optimizacion de custos en partidas similares. Persoa organizada e metódica. Dispoñibilidade de incorporacion inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 12-12-2016
Posto: PINTOR/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona pintor/a para Lugo centro. Ofrécese incorporación en bolsa de traballo para contratacións temporais.
Requisitos: Experiencia demostrable de polo menos 1 ano no sector.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 12-12-2016
Posto: CAIXEIRO/A-REPOÑEDOR/A SUPERMERCADO
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Vegalsa Eroski precisa caixeiro/a-repoñedor/a para supermercado no Carballiño. As responsabilidades serán o cobro, asesoramento ao/á cliente, reposición dos produtos e conseguir que o cliente se sinta a gusto mentres realiza as súas compras. A misión principal é conseguir unha atención ao cliente óptima, respectando os valores corporativos. Ofrécese formar parte dunha empresa estable e segura, coa oportunidade de crecer profesionalmente, plan de formación adecuado ás necesidades do posto de traballo, plan de carreira dentro do negocio, asesoramento e apoio de profesionais do sector nas tarefas diarias, paquete salarial composto de salario fixo e variable para postos de negocio, plan de vantaxes para empregados/as e sistema de retribución flexible.
Requisitos: Xente dinámica, entusiasta, optimista, que goce co traballo en equipo e a atención ao/á cliente, con flexibilidade horaria. Valorarase a experiencia previa no sector.
Publicada/Xestionada: Vegalsa Eroski.

Data: 12-12-2016
Posto: PERSOAL DE SECCIÓN SUPERMERCADO
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Vegalsa Eroski precisa persoal de sección para supermercado no Carballiño. As responsabilidades serán  a reposición, manipulación e corte do produto, prestar un satisfactorio servizo ao/á cliente e unha presentación e imaxe correcta dos alimentos, asegurando o bo estado dos mesmos. A misión principal é conseguir unha atención ao cliente óptima, respectando os valores corporativos. Ofrécese formar parte dunha empresa estable e segura, coa oportunidade de crecer profesionalmente, plan de formación adecuado ás necesidades do posto de traballo, plan de carreira dentro do negocio, asesoramento e apoio de profesionais do sector nas tarefas diarias, paquete salarial composto de salario fixo e variable para postos de negocio, plan de vantaxes para empregados/as e sistema de retribución flexible.
Requisitos: Xente dinámica, entusiasta, optimista, que goce co traballo en equipo e a atención ao/á cliente, con flexibilidade horaria. Valorarase a experiencia previa no sector.
Publicada/Xestionada: Vegalsa Eroski.

Data: 12-12-2016
Posto: ELECTRICISTA (Urxente)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Empresa de enxeñería e construción precisa para incorporar ao seu persoal de maneira urxente un/ha electricista. O traballo desenvolverase na provincia de Pontevedra.
Requisitos: Con experiencia demostrable en interior e iluminación pública. Requírese carné de conducir.
Publicada/Xestionada: StudentJob.

Data: 09-12-2016
Posto: CONDUTOR/A DE TURISMOS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Empresa de servizos con presenza a nivel nacional busca condutor/a de turismos para Pontevedra e arredores. As funcións a desenvolver serán: condución de vehículos sen viaxeiros/as en traxectos de aproximadamente 20 km para xestión de trámite de ITV de clientes. Tamén servizos puntuais baixo demanda, compatibles con outras actividades.
Requisitos: Con experiencia mínima dun ano. Mínimo de 5 anos de carné B. Imprescindible residir en Pontevedra ou arredores. Dispor mínimo de 12 puntos de carné B. Achegar referencias profesionais demostrables relacionadas co posto. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Estudos mínimos de Graduado Escolar/Primarios.
Publicada/Xestionada: Trabajos.com.

Data: 09-12-2016
Posto: SOLDADOR/A DE ESTRUTURAS METÁLICAS
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona soldador/a de estruturas metálicas.
Requisitos: Experiencia demostrable en soldadura. Imprescindible bo manexo de soldadura semiautomática, electrodo, TIG, MIG. Valorable dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 09-12-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Castro Caldelas (Ourense).
Descrición: Precísase auxiliar administrativo/a para levar a facturación, control do almacén e atención ao público. Xornada completa de luns a sábado.
Requisitos: Titulación mínima FP grao medio.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 07-12-2016
Posto: CARRETILLEIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Adecco selecciona carretilleiro/a para carga, descarga e localización de material. Ofrécese incorporación inmediata con posibilidade de contratación posterior por parte da empresa usuaria.
Requisitos: Imprescindible carné de carretilleiro/a. Imprescindible experiencia previa como carretilleiro/a e operario/a. Dispoñibilidade horaria
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 04-12-2016
Posto: OFICIAL DE 1ª - CONSTRUCCIÓN
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Empresa de construcción precisa oficial de 1ª.
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporacion inmediata. Preferiblemente autonómo/a.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose Luís Pequeño): ☎ 625352008 (chamar a partir das 19:30).

Data: 01-12-2016
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Bicolan ETT selecciona operario/a de fábrica para limpeza e lacado de pezas metálicas.
Requisitos: Experiencia en posto similar. Dispoñibilidade para traballar temporalmente.
Publicada/Xestionada: Bicolan ETT.

Data: 01-12-2016
Posto: PERSOAL DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA - CENTRO DE DÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase persoal de atención sociosanitaria para centro de día.
Requisitos: Experiencia en posto similar. Dispoñibilidade para traballar temporalmente.
Publicada/Xestionada: Particular (Vicent Núñez): ☎ 676704432.

Data: 01-12-2016
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA (2 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Bicolan ETT selecciona 2 operarios/as de fabricación para empresa do sector industrial. Encargaranse de controlar o proceso dunha liña de produción, desde a alimentación de materias primas até o paletizado do produto terminado. O traballo realizarase a quendas rotativas de mañá, tarde e noite.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 meses como operario/a de fabricación en industria. Carné de carretillero. Dispoñibilidade para traballo a quendas.
Publicada/Xestionada: Bicolan ETT.

Data: 01-12-2016
Posto: CAMAREIRO/A PARA PUB (DÍAS SOLTOS)
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para pub: preparación de bebidas, atención ao/á cliente en barra, manexo de bandexa e cobros en caixa.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Hostelería e Turismo. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible residencia na provincia. Coñecementos de preparación de bebidas e atención ao/á cliente. Dispoñibilidade para traballar o luns 5 de decembro e días soltos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

O Último