Data: 28-11-2016 Posto: COMERCIAL DE SEGUROS Lugar: Lalín. Descrición: Axencia de seguros que distribúe en exclusiva produtos de segur...

Ofertas de Emprego (Novembro 2016) 2ª

Data: 28-11-2016
Posto: COMERCIAL DE SEGUROS
Lugar: Lalín.
Descrición: Axencia de seguros que distribúe en exclusiva produtos de seguros Santalucía, selecciona comercial. Ofrécese formación específica e continua de cada produto; posibilidades de promoción e remuneración fixa e variable.
Requisitos: Persoa con habilidades comunicativas, vocación comercial e capacidade para o traballo en equipo. Estudos mínimos de Formación Profesional ou Bacharel. Non é necesaria experiencia comercial ou en seguros, pero valorarase experiencia comercial ou en vendas, coñecemento do sector seguros, produtos de seguros ou produtos do ramo vida, produtos financeiros. Imprescindible residente na provincia.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-11-2016
Posto: VENDEDOR/A DE RECAMBIOS E ACCESORIOS DO AUTOMÓBIL
Lugar: Lalín.
Descrición: Feu Vert selecciona vendedor/a de recambios e accesorios do automóbil para a súa próxima apertura en Lalín. As súas principais funcións serán: atención ao cliente; asesoramento nas vendas; animación e reposición en tenda. Ofrécese contrato de 6 meses a 2 anos.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Medio en Comercio e Mercadotecnia ou en Administración e Finanzas. Experiencia en tenda de recambios ou similar de polo menos 2 anos. Experiencia en asesoramento nas vendas, en xestión de equipos, en atención ao/á cliente. Vocación polo sector de automoción. Habilidades interpersoais.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-11-2016
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Feu Vert selecciona mecánico/a para a súa próxima apertura en Lalín. Encargaranse da montaxe e instalación dos recambios e accesorios do automóbil, realizará todas as operacións de mecánica rápida tales como montaxe de pneumáticos, cambios de aceites, filtros, etc...e outras operacións de mecánica pesada (embragues, distribucións, etc.).
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Medio Electromecánica ou Superior Automoción (finalizado nos últimos 5 anos). Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de mecánica, electricidade e mantemento do automóbil.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 25-11-2016
Posto: XESTOR/A OPERATIVO/A DE CAIXA (BOLSA DE CONTRATACIÓN)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Randstad selecciona perfiles administrativos para banca para formar parte da bolsa de contratación. Os/as seleccionados/as realizarán cursos de formación para cubrir posto temporais en diferentes sucursais na provincia de Pontevedra. Ofrécese contrato eventual de xornada completa ou media xornada.
Requisitos: Administrativos/as. Con experiencia en atención ao/á cliente. Valorarase licenciados/as en ADE, Empresariais, Económicas... etc, con experiencia previa en banca, en atención ao/á cliente e manexo de ofimática. Valorarase dispoñibilidade para desprazarse nun radio de 25 km para cubrir necesidades.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 25-11-2016
Posto: MATACHÍN-CARNICEIRO/A-DESPEZADOR/A DE PORCINO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase matachín-carniceiro/a-despezador/a de porcino para industria cárnica.
Requisitos: Con experiencia demostrable minima de 36 meses.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 25-11-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a para nova apertura en Lalín (mais ou menos nun mes).
Requisitos: Con experiencia. Que saiba facer recolleitos, cortar, cor...
Publicada/Xestionada: Particular (Raquel): ☎ 656611566 - 622780030.

Data: 24-11-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Temporing ETT selecciona cociñeiro/a.
Requisitos: Ciclo Formativo Grao Medio, FP 1, especialidade de cociña. Valorarase positivamente experiencia no posto (entre 1 e 3 anos) e residencia próxima á zona. Carné de conducir e vehículo propio. Carné de manipulador/a de alimentos.
Publicada/Xestionada: Laboris.net.

Data: 24-11-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a para días soltos.
Requisitos: Con experiencia. Que saiba algo de estética (depilar e manicuras).
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 616250639.

Data: 23-11-2016
Posto: DOCENTE NORMAS DE PROTOCOLO EN HOTEIS (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase docente-titor/a de normas de protocolo en hoteis para curso online relativo a: normas básicas de protocolo en hoteis e xestión de calidade turística.
Requisitos: Deberá contar coa dispoñibilidade necesaria para poder responder a calquera dúbida do alumnado inscrito ao curso e valorarase a experiencia docente na impartición de cursos de materias relacionadas que o docente/titor poida achegar.
Publicada/Xestionada: Particular (Begoña). Interesados/as contactar vía email.

Data: 22-11-2016
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a con estética para traballar nunha perruquería de Lalín. Ofrécese contrato laboral a xornada completa.
Requisitos: Imprescindible que os candidatos/as conten con ampla experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 22-11-2016
Posto: CONDUTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a.
Requisitos: Con permiso de conducir tipo “C”, ADR (mercadorías perigosas) e CAP para reparto de material pola comunidade galega.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 19-11-2016
Posto: PERSOA PARA XESTIÓN DE OBRA EN MERCADO FRANCÓFONO (PROJECT MANAGER)
Lugar: Lalín.
Descrición: Inasus SL selecciona persoa para xestión de obra en mercado francófono (Francia, Suíza, Luxemburgo e Bélxica). Titulación de arquitectura técnica, arquitectura ou enxeñería técnica.
Requisitos: Estudos mínimos de enxeñeiro/a técnico/a. Coñecemento de francés (nivel alto demostrable), dominio de Microsoft Office (Word, Excel...); coñecementos de xestión de equipos e de proxectos (project management); manexo de Microsoft Project; Dispoñibilidade total para viaxar. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de AutoCad, inglés, carpintería. Valorarase experiencia en sector de fachadas e coñecemento de sistemas de fachadas.
Publicada/Xestionada: Infojobs e  Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 16-11-2016
Posto: ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Adecco Outsourcing selecciona persoas para realizar tarefas de acompañamento no transporte escolar na zona de Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Touro.
Requisitos: Estudos mínimos de Bacharelato. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Residente na provincia. Estar en posesión do certificado de antecedentes penais (Segundo a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015). Dispoñibilidade inmediata para substitucións. Valorable experiencia laboral con nenos/as. Dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Adecco Outsourcing.

Data: 16-11-2016
Posto: AXENTE DE SEGUROS EXCLUSIVOS (5 vacantes)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Ocaso S.A., dentro do seu plan de expansión, selecciona Axentes de Seguros Exclusivos para as súas oficinas de Pontevedra. Contrato mercantil. Ofrecen: desenvolvemento da carreira profesional pondo todos os medios, ferramentas e coñecementos necesarios con permanente apoio en formación; formar parte dun dos primeiros grupos aseguradores españois con oficinas en todo o territorio nacional; apoio no desenvolvemento de negocio e explotación de carteira de clientes; óptimas condicións económicas; apoio na captación de clientes, formación en técnicas de venda, accións de mercadotecnia, etc. As funcións a desenvolver serán: procura e captación de clientes, análise de mercado para a distribución dos produtos da compañía, asesoramento e venda de toda a carteira de produtos, xestión das campañas comerciais, creación de novas liñas de negocio, seguimento da carteira de clientes.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Ambición profesional e persoal. Actitude comercial e aptitude para querer desenvolverse no mundo dos negocios. Carácter emprendedor con clara vocación comercial. Dotes de organización, dirección e traballo en equipo. Valorarase formación media-superior. Valorarase Permiso de Conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Ocaso SA.

Data: 16-11-2016
Posto: ALBANEL/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase albanel/a.
Requisitos: Persoa con coñecementos da construción, seria e responsable.
Publicada/Xestionada: Toimil. ☎ 606284781.





Data: 25-11-2016
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase fisioterapeuta para clínica.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 meses. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2016O78.

Data: 22-11-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a. Turno de tarde.
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 663854433.

Data: 22-11-2016
Posto: TÉCNICO/A DE DEPARTAMENTO DE CONSUMIBLES
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: EGA Consultores selecciona técnico/a para departamento de consumibles para importante empresa industrial situada na zona do Deza. A persoa necesitará ser proactiva e ter capacidade de resolver as incidencias cos/as clientes de maneira rápida e eficiente. En dependencia da Dirección Financeira, a persoa seleccionada responsabilizarase de garantir que os pedidos dos/as clientes se satisfagan en tempo e en forma, coordinando os seus labores con varios departamentos da empresa. Como interlocutor/a entre a rede comercial nacional e o almacén, responsabilizarase de xestionar adecuadamente os pedidos, enviando a información necesaria ao técnico/a de almacén para o envío de material ao/á cliente final. Como receptor/a de os pedidos de clientes internacionais, será a persoa encargada de xestionar o envío do orzamento solicitado e de transmitilo, unha vez aceptado polo /a cliente, para o proceso de fabricación e posterior envío ao cliente final. Asegurar o aprovisionamento do almacén e xestionar adecuadamente a súa planificación en función das estimacións realizadas e o histórico de pedidos de anos anteriores. Atención a clientes e á rede comercial, xestionando calquera incidencia que poida xurdir e anticipándose a problemas que poidan derivar do envío dos pedidos solicitados. Xestionar a loxística do envío, seleccionando a mellor opción de transporte combinando prazo de entrega e custo, coordinando esta función co almacén e fabricación.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior en Administración ou similar ou Grao Universitario en Empresas, Administración ou similar. Experiencia mínima de polo menos 2-3 anos desempeñando funcións administrativas en compras, almacén... Coñecementos necesarios de compras, administración, aprovisionamento. Nivel avanzado Excel. Nivel intermedio-alto de inglés. Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo e cun desenvolvemento avanzado das súas habilidades comunicativas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 16-11-2016
Posto: PROFESOR/A DE PILATES
Lugar: Comarcas do Deza e Tabeirós - Terra de Montes.
Descrición: Precísase profesor/a para impartir cursos de pilates.
Requisitos: Formación e experiencia relacionada.
Publicada/Xestionada: Formagal, Formación y Servicios SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: formacion@formagal.com indicando no asunto "Pilates - Oferta Concello de Lalín".

Data: 16-11-2016
Posto: PROFESOR/A DE RUMBA
Lugar: Comarcas do Deza e Tabeirós - Terra de Montes.
Descrición: Precísase profesor/a para impartir cursos de rumba.
Requisitos: Formación e experiencia relacionada.
Publicada/Xestionada: Formagal, Formación y Servicios SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: formacion@formagal.com indicando no asunto "Rumba - Oferta Concello de Lalín".

Data: 16-11-2016
Posto: PROFESOR/A DE MANUALIDADES
Lugar: Comarcas do Deza e Tabeirós - Terra de Montes.
Descrición: Precísase profesor/a para impartir cursos de manualidades.
Requisitos: Formación e experiencia relacionada.
Publicada/Xestionada: Formagal, Formación y Servicios SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: formacion@formagal.com indicando no asunto "Manualidades - Oferta Concello de Lalín".

Data: 16-11-2016
Posto: PROFESOR/A DE COSTURA
Lugar: Comarcas do Deza e Tabeirós - Terra de Montes.
Descrición: Precísase profesor/a para impartir cursos de costura.
Requisitos: Formación e experiencia relacionada.
Publicada/Xestionada: Formagal, Formación y Servicios SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: formacion@formagal.com indicando no asunto "Costura - Oferta Concello de Lalín".





Data: 23-11-2016
Posto: XESTOR/A DE PROXECTOS EUROPEOS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: O Clúster Alimentario de Galicia selecciona un xestor/a de proxectos orientado a programas nacionais e internacionais de I+D+i e competitividade, en particular Horizonte 2020 e COSME que traballe na promoción, tramitación, xestión e coordinación dos proxectos en desenvolvemento. O Clúster Alimentario de Galicia é unha organización do sector alimentario, en sentido amplo, integrando ás empresas, así como ás entidades de investigación e innovación e outras organizacións, en procesos de cooperación que permitan obter beneficios da aplicación de accións e proxectos colaborativos que á súa vez permita fortalecer a competitividade internacional e a visibilidade do sector.
Requisitos: Experiencia laboral de 2 anos en: relacións con socios internacionais, coordinación con socios de proxectos europeos, xestión de proxectos de I+D+i, elaboración de informes de resultados. Estudos mínimos de Licenciatura (Grao en Administración e Dirección de Empresas, Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Licenciatura en Economía ou outras). Aptitudes: elevada orientación á consecución de obxectivos; alta capacidade de implicación e dedicación; capacidade para a dirección, xestión e motivación de equipos; persoa resolutiva, metódica, organizada, rigorosa e empática; excelente capacidade comunicativa e de negociación; excelente capacidade de análise e toma de decisións. Idiomas: Inglés (Lectura: Nivel avanzado (C1) / Escritura: Nivel avanzado (C1) / Conversación: Nivel avanzado (C1)). Software Office (nivel medio). Carné de conducir B.
Publicada/Xestionada: Universia.

Data: 23-11-2016
Posto: AUXILIAR DE CAIXA EN OFICINA BANCARIA (2 vacantes) (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísanse 2 auxiliares de caixa para entidade bancaria para realizar funcións de: atención ao/á cliente en ventanilla, apoio ao equipo para a consecución de obxetivos e tarefas administrativas derivadas da xestion comercial. Posibilidade de traballo en toda Galicia.
Requisitos: Estudos superiores relacionados coa área económica, financieira e xurídica. Valóranse outras titulacións con experiencia comercial. Imprescindible certificado de discapacidade e/ou incapacidade permanente.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 22-11-2016
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA (10 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Randstad selecciona para importante empresa 10 operarios/as de fábrica.
Requisitos: Cun ano mínimo de experiencia en cadea de produción. Imprescindible estudos de Ciclo Superior/F.P., preferiblemente das ramas de mantemento ou carpintería. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 22-11-2016
Posto: SOLDADOR/A DE FÍO
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms ETT selecciona soldador/a para importante empresa do Carballiño.
Requisitos: Con coñecementos en soldadura con arco mergullado e/ou MIG-MAG.
Publicada/Xestionada: Eurofirms ETT. Interesados/as enviar curriculum ao email: arodriguezr@eurofirms.es ou chamar ao ☎ 986344248 en horario de 09: 00 a 14: 00 de luns a venres.

Data: 22-11-2016
Posto: CARDEREIRO/A-MONTADOR/A
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms ETT selecciona caldereiro/a-montador/a para importante empresa do Carballiño.
Requisitos: Con coñecementos de montaxe de grandes estruturas metálicas.
Publicada/Xestionada: Eurofirms ETT. Interesados/as enviar curriculum ao email: arodriguezr@eurofirms.es ou chamar ao ☎ 986344248 en horario de 09: 00 a 14: 00 de luns a venres.

Data: 21-11-2016
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN CON REMOLQUE (02.12.2016) (3 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Nortempo selecciona 3 condutores/as para o traslado de camións con remolque de 2 eixos, 3 eixos e unha furgoneta desde Madrid até Santiago de Compostela o día 2 de decembro 2016. Inclúense gastos de voo e dietas de desprazamento.
Requisitos: Experiencia en condución de camións de 2 e 3 eixos. Imprescindible experiencia en enganchado de remolque a cabeza tractora. Carné C+E.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 18-11-2016
Posto: CARRETILLEIRO/A RETRÁCTIL
Lugar: Marín (Pontevedra).
Descrición: Nortempo selecciona carretilleiro/a retráctil para almacén para empresa do sector dos conxelados.
Requisitos: Experiencia en manexo de carretilla retráctil.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 16-11-2016
Posto: DESEÑADOR/A WEB
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Código Dixital precisa deseñador/a web a xornada completa.
Requisitos: Con experiencia demostrable. Dominio de deseño web a través de CMS, así como Wordpress e Prestashop. Valoraranse coñecementos en deseño gráfico e multimedia.
Publicada/Xestionada: Código Dixital (Rúa Justo Martínez nº 20, baixo esquerda, 36680 A Estrada-Pontevedra). ☎ 986095294 – 693633600. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@codigodigital.es.

Data: 16-11-2016
Posto: ENCOFRADOR/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase encofrador/a. Traballo en diferentes postos itinerantes por España. Ofrécese abono de dietas, gastos de desprazamento, aloxamento e vehículo proporcionado pola empresa.
Requisitos: Oficial de 1ª. Con 12 meses de experiencia. Carné de conducir. Recomendable formación en materia de prevención de riscos laborais.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012. Interesados/as chamar ao empleador/a: ☎ 981940608.

O Último