Data: 15-07-2016 Posto: COLOCADOR/A DE ALUMINIO Lugar: Lalín. Descrición: Precísase colocador/a de aluminio e fachadas. Requisitos: Co...

Ofertas de Emprego (Xullo 2016) 1ª

Data: 15-07-2016
Posto: COLOCADOR/A DE ALUMINIO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase colocador/a de aluminio e fachadas.
Requisitos: Con curso de Prevención de Riscos Laborais.
Publicada/Xestionada: Particular (José Luis): ☎ 669131872 ou 615088571

Data: 14-07-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Requisitos: Experiencia acreditada.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Cociñeiro/a".

Data: 14-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a.
Requisitos: Valorable experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Camareiro/a".

Data: 12-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a en horario de tarde para Bar do Pepe de Lalín.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as pasar polo local (Avda. dos Olmos, 17. Donramiro. 36500. Lalín).

Data: 09-07-2016
Posto: ARQUITECTO/A SUPERIOR
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase arquitecto/a superior para traballar en Pontevedra. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Experiencia acreditada.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 09-07-2016
Posto: PERSOA PARA REPARTO DE PUBLICIDADE
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoal para buzoneo, parabriseo, pegado de carteis, etc.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar nome completo, idade, localidade de residencia, teléfono de contacto e fotografía ao email: comercialesacomision@hotmail.com.

Data: 07-07-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona auxiliar administrativo/a para a cobertura de vacacións do persoal na tempada de verán. Tarefas de administración e atención a clientes.
Requisitos: Formación Profesional grao medio en administración.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 07-07-2016
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Hidramaq Deza SL precisa mecánico/a ou electromecánico/a para vehículos industriais,
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Mantemento de Vehículos Autopropulsados. Preferentemente con experiencia no sector (3 anos).
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 07-07-2016
Posto: VENDEDOR/A DE COCHES
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase vendedor/a de coches.
Requisitos: Valorarase experiencia comercial previa, non sendo necesaria no mesmo sector. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 678787878.

Data: 06-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para bar.
Requisitos: Persoa responsable, seria e con ganas de traballar. Imprescindible vehiculo propio.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 616006307.

Data: 05-07-2016
Posto: AZAFATO/A (8 vacantes)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase azafato/a para os días 15 e 18 de xullo en horario de 21.00 a 01.00 horas.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 05-07-2016
Posto: MONITOR/A DE GRAFFITI
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase monitor/a de graffiti para cursos durante o verán.
Publicada/Xestionada: Xestión Cultural Aurea S.L. (Rocío): ☎ 986745218 (en horario de 9:00 a 13:00h). Interesados/as enviar curriculum a info@aureacultura.com.

Data: 04-07-2016
Posto: COCIÑEIRO/A OU AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase cociñeiro/a ou axudante de cociña. Horario partido. Fins de semana libres.
Requisitos: Dispoñibilidade de coche. Moitas ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 616006307.

Data: 04-07-2016
Posto: FORMADOR/A (LICENCIADO/A EN VETERINARIA)
Lugar: Lalín.
Descrición: Consultora con ampla experiencia na xestión de proxectos, selecciona Licenciado/a en Veterinaria para impartir formación.
Requisitos: Con experiencia acreditada na formación de materias relacionadas con benestar animal. Dispoñibilidade inmediata e residencia en Lalín ou arredores.
Publicada/Xestionada: Prosem (Patricia Sánchez): ☎ 986783582.





Data: 15-07-2016
Posto: ENCARGADO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase encargado/a de mantemento. Incorporación inmediata.
Requisitos: Imprescindible coñecementos mínimos de albanelaría, electricidade, fontanaría e soldadura. Valorable: Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com, indicando no asunto a referencia 2016J43.

Data: 15-07-2016
Posto: TRACTORISTA
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Precísase tractorista para traballar por toda a comunidade.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Tractorista".

Data: 09-07-2016
Posto: OPERARIO/A DE MONTAXE DE CUBERTAS E FACHADAS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase operario/a para montaxe de cubertas e fachadas (Oficial de 1ª ou 2ª).
Requisitos: Con ampla experiencia. Residencia na comarca de Deza ou nas proximidades. Dispoñibilidade para traballar en obras situadas en toda a comunidade galega.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 07-07-2016
Posto: CONDUTOR/A DE AUTOBÚS
Lugar: Comarca do Deza e outros.
Descrición: Precísase condutor/a de autobús.
Requisitos: Residencia na zona.
Publicada/Xestionada: Autocares Santiago (José Santiago García). Interesados/as enviar curriculum ao email: info@autocaresdesantiago.com.

Data: 06-07-2016
Posto: XEROCULTOR/A
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Fabián Marcelo Calandria López precisa xerocultor/a para cubrir descansos do persoal nunha vivenda comunitaria.
Requisitos: Con experiencia no posto de polo menos un ano e en cociña. Persoa activa con vontade no traballo.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-07-2016
Posto: MONITOR/A DE COCIÑA INTERNACIONAL
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Precísase monitor/a de cociña internacional para cursos durante o verán.
Publicada/Xestionada: Xestión Cultural Aurea S.L. (Rocío): ☎ 986745218 (en horario de 9:00 a 13:00h). Interesados/as enviar curriculum a info@aureacultura.com.

Data: 05-07-2016
Posto: MONITOR/A DE COCTELERÍA E BATIDOS SEN ALCOHOL
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase monitor/a de coctelería para cursos durante o verán.
Publicada/Xestionada: Xestión Cultural Aurea S.L. (Rocío): ☎ 986745218 (en horario de 9:00 a 13:00h). Interesados/as enviar curriculum a info@aureacultura.com.

Data: 05-07-2016
Posto: MONITOR/A DE BREAKDANCE
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase monitor/a de breakdance para cursos durante o verán.
Publicada/Xestionada: Xestión Cultural Aurea S.L. (Rocío): ☎ 986745218 (en horario de 9:00 a 13:00h) Interesados/as enviar curriculum a info@aureacultura.com. 

Data: 05-07-2016
Posto: MONITOR/A DE HIP-HOP
Lugar: Agolada.
Descrición: Precísase monitor/a de hip-hop para cursos durante o verán.
Publicada/Xestionada: Xestión Cultural Aurea S.L. (Rocío): ☎ 986745218 (en horario de 9:00 a 13:00h). Interesados/as enviar curriculum a info@aureacultura.com.

Data: 05-07-2016
Posto: DOCENTE DE COCIÑA VEXETARIANA
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Precísase docente de cociña vexetariana para curso de 25 horas.
Publicada/Xestionada: Xestión Cultural Aurea S.L. (Rocío): ☎ 986745218 (en horario de 9:00 a 13:00h). Interesados/as enviar curriculum a info@aureacultura.com.

Data: 04-07-2016
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Agolada.
Descrición: Precísase persoa para granxa de vacas.
Requisitos: Con experiencia (imprescindible).
Publicada/Xestionada: Particular (Alejandro): ☎ 615922792 (chamada ou Whatsapp).

Data: 04-07-2016
Posto: SOLDADOR/A - MONTAXE DE GRÚAS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase soldador/a para fábrica situada na comarca do Deza. Contrato para o mes de setembro por un ano e con salario segundo convenio.
Requisitos: Ciclo medio de Soldadura ou Caldedería. Coñecementos de repaso de pezas, ensabamblaxe e montaxe de grúas. Preferiblemente menor de 30 anos. Valórase experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 04-07-2016
Posto: CANTANTE FEMININA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase cantante feminina.
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Manuel): ☎ 671320153 (chamada ou Whatsapp).

Data: 02-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Negocio de hostelaría precisa camareiro/a para substitución de 15 días.
Requisitos: Educación básica ou obrigatoria. Experiencia como camareiro/a de polo menos 1 ano.
Publicada/Xestionada: Indeed.




Data: 15-07-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Sanxenxo (Pontevedra).
Descrición: Precísase cociñeiro/a con experiencia.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 15-07-2016
Posto: ESPECIALISTA METALÚRXICO
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona especialista metalúrxico para importante empresa do sector metalúrxico con taller metálico. Realizará  tarefas de apoio en labores de soldadura, calderería e montaxe de estructuras metálicas de gran tamaño. Ofrécese contrato por obra. Horario: turnos rotativos (mañá/tarde/noite/partido) de luns a domingo. Salario: según convenio do metal de Ourense
Requisitos: Coñecementos de soldadura MIG MAG. Valorable GM de Soldadura. Persona áxil, dinámica e con capacidad de traballo.
Disponibilidade para facer horas extra.
Publicada/Xestionada: Eurofirms. Enviar CV a ourense@eurofirms.es. ☎ 988370573

Data: 15-07-2016
Posto: PEÓN/A INDUSTRIA MANUFACTUREIRA EN XERAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase peón/a industrial con 12 meses de experiencia.
Requisitos: Carné de carretilla elevadora. Perceptor de prestación contributiva desde hai 1 ano. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 14-07-2016
Posto: OPTIMIZADOR/A SECTOR MADEIRA
Lugar: A Estrada.
Descrición: Precísase optimizador/a sector madeira. Contrato de larga duración.
Requisitos: Experiencia de a lo menos 1 ano con máquinas de control numérico e carpintería de madeira. Coñecemento dos programas dos equipos productivos, cálculos de tempos e elaboración de presupostos. Coñecemento de inglés. Valorable ciclo grao superior.
Publicada/Xestionada: AEDL A Estrada. Interesados enviar CV a: aedlestrada@gmail.com

Data: 14-07-2016
Posto: SOLDADOR/A TIG
Lugar: A Estrada.
Descrición: Precísase soldador/a TIG para A Estrada. Xornada Completa
Publicada/Xestionada: AEDL A Estrada. Interesados enviar CV a: aedlestrada@gmail.com

Data: 14-07-2016
Posto: ESTETICISTA
Lugar: A Estrada.
Descrición: Precísase Esteticista para centro de estética da zona de A Estrada. Non necesaria experiencia.
Requisitos: Valórase carácter comercial e capacidade para traballar en equipo.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com, indicando no asunto a referencia 2016J42


Data: 11-07-2016
Posto: SECRETARIO/A - ADMINISTRATIVO/A PARA EMPRESA DIXITAL
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Digital Darts Group S.L. precisa secretario/a - administrativo/a. As labores a realizar serán, entre outras, as seguintes: administración (xestión de facturas, supervisión de pagos e cobros, xestión de contratos con clientes e provedores, resolución de dúbidas legais a clientes e provedores, entre outros); atención ao cliente (contestar a emails de clientes e provedores, enviarlles a información necesaria, guialos polo procedemento de negocio, soporte por Skype chat a clientes e provedores, entre outros); labor comercial (contactar a novos/as clientes e provedores co fin de establecer novas relacións comerciais exitosamente por email e/ou teléfono.
Requisitos: Estudos mínimos de Bacharelato. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible: Inglés nivel medio-alto, falado e escrito. Comprensión nivel medio-alto do uso de ordenadores, ferramentas de email, ferramentas de procura de información e, preferiblemente, de termos relacionados coa mercadotecnia e a publicidade dixital. Requírese capacidade para aprender e adaptarse a novas formas e métodos de traballo en constante evolución, e para resolver problemas novos con creatividade.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 11-07-2016
Posto: MONTADOR/A DE ANDAMIOS
Lugar: Lugo.
Descrición: Precísase montador/a de andamios para incorporación inmediata. Contrato de tres meses prorrogable.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible curso Prevención de Riscos Laborais de Construción de 60 horas e curso de montaxe de andamios. Desexables outros cursos relacionados co posto de traballo. Xornada completa. Retribución segundo convenio.
Publicada/Xestionada: Fundación Laboral da Construción.

Data: 11-07-2016
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A
Lugar: Teo (A Coruña).
Descrición: Carpintería Metálica Galanas SL precisa carpinteiro/a metálico/a.
Requisitos: Con carné C, CAP e cartón de tacógrafo. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Carpintería Metálica Galanas SL (Travesía de Galanas nº 49, 15886 Teo - A Coruña). Interesados/as enviar curriculum ao email: galanas@galanas.es.

Data: 11-07-2016
Posto: TRABALLADOR/A SOCIAL
Lugar: Ourense e O Barco de Valdeorras (Ourense).
Descrición: Cruz Roja Española selecciona traballador/a social para acollida de refuxiados/as. As tarefas a realizar serán: coordinación do deseño, execución e avaliación do proxecto; identificación de necesidades de postos de acción voluntaria; seguimento do proceso de incorporación, formación e participación do voluntariado na actividade; acollida inicial, acompañamento, integración, seguimento dos usuarios/as; seguimento da execución do orzamento e preparación da documentación xustificativa; rexistro da actividade, informes e memorias que se soliciten; reunións de coordinación interna e externa.
Requisitos: Estudos mínimos de Diplomatura en Traballo Social. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos e experiencia en xestión de proxectos e equipos. Coñecementos sobre atención a colectivos vulnerables. Experiencia e manexo da contorna Office, correo electrónico e internet. Capacidade de planificación e organización, comunicación, traballo en equipo e autonomía. Nivel alto de coñecementos de línguas. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 11-07-2016
Posto: PROMOTOR/A DE ALIMENTACIÓN (15 e 16 de xullo)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase promotor/a para promoción de alimentación en Hiper de Santiago de Compostela.
Días 15 e 16 de xullo en horario de venres e sábado de 11.30h. a 14.00h. e de 18.00h. a 21.00h. Salario 45 euros netos ao día.
Requisitos: Con coche (imprescindible). Experiencia non requirida.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 11-07-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A LABORAL
Lugar: Ribeira (A Coruña).
Descrición: Precísase administrativo/a con coñecementos na área laboral. Xornada completa. Funcións a desenvolver: altas-baixas na Seguridade Social, procesos de incapacidade temporal, Seguros Sociais, nóminas, contratos, impostos, etc
Requisitos: Formación Profesional grao superior. Experiencia de entre 1 e 3 anos.
Publicada/Xestionada: Trabajos.com.

Data: 11-07-2016
Posto: AUXILIAR DE PROCESO
Lugar: Celanova (Ourense).
Descrición: Randstad selecciona auxiliar de proceso para fábrica do sector alimentación - envasado.
Requisitos: Experiencia de 1 a 3 anos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 11-07-2016
Posto: SOLDADOR/A MIG
Lugar: Pontevedra, varias zonas (Caldas de Reis, Pontevedra, Vilagarcía, Valga...)
Descrición: Precísase soldador/a MIG para soldar chapa de 2 e 3 mm aceiro ao carbono.
Publicada/Xestionada: Fabricaciones Metálicas Caldenses SL - FAMECA- (Estrada da Coruña-Tui, km. 96.5, Caldas de Reis, Pontevedra): ☎ 986540500 (Castor).

Data: 08-07-2016
Posto: TELEVENDEDOR/A
Lugar: Vilariño, Pereiro de Aguiar (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona televendedor/a para empresa do sector farmacéutico. Realizará as seguintes funcións: promoción dos produtos; venda telefónica de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos a farmacias; resolución de dúbidas. Xornada completa, de luns a venres de 10:00h a 14:00h ou de 14:00h a 20:00h.
Requisitos: Estudos mínimos BUP. Coñecementos de informática básica. Castelán escrito e falado correctamente. Experiencia mínima de 3 anos realizando atención ao cliente e televenda. Persoa con orientación ao cliente, agradable, con capacidade de persuasión e comunicativa. Valorable formación dentro da rama sanitaria. Residencia preto do posto de traballo.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 08-07-2016
Posto: ENFERMEIRO/A, ESPECIALISTA EN ENFERMERÍA XERIÁTRICA
Lugar: Parada de Sil (Ourense).
Descrición: Precísase enfermeiro/a. Contrato a xornada parcial, 20 horas semanais.
Requisitos: Especializaciónen enfermería xeriátrica.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 08-07-2016
Posto: OPERADOR/A DE GUINDASTRE TORRE
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase operador/a de guindastre torre, encofrador/a, encargado/a.
Requisitos: Oficial con 24 meses de experiencia. Curso de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas. Interpretación de planos.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 08-07-2016
Posto: AXUDANTE/A DE CANTEIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase axudante/a de canteiro/a. Contrato en prácticas.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 08-07-2016
Posto: MONTADOR/A DE ANDAMIOS
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase montador/a de andamios.
Requisitos: Curso de Prevención de Riscos Laborais no sector da construción. Coñecementos de montaxe de andamios e traballos en altura.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 07-07-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Adecco selecciona técnico/a de mantemento industrial para importante empresa do sector industrial de Ourense. As súas principais funcións serán mantemento correctivo, preventivo e predictivo de maquinaria e instalacións, utillaxes e axustes mecánicos/as e eléctricos de dispositivos e automatismos de produción. Ofrécese incorporación inmediata a través de contratación temporal con posibilidade de contratación posterior por parte da empresa usuaria. Xornada intensiva a quendas (mañá/tarde/noite).
Requisitos: Imprescindible Ciclo Superior en Mantemento Electromecánico/a ou similar. Imprescindible experiencia mínima de 3 anos como técnico/a de mantemento industrial. Imprescindible dispoñibilidade horaria a quendas (mañá/tarde/noite). Imprescindible dispoñibilidade para incorporación inmediata. Valorable coñecementos en robótica industrial.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 07-07-2016
Posto: PINTOR/A DE VEHÍCULOS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase pintor/a de vehículos. Contrato 2-3 meses.
Requisitos: Experiencia no posto.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 07-07-2016
Posto: OPERARIO/A DE EMPAQUETADO (3 vacantes)
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona operario/a para desempeñar tarefas de empaquetado de mercadoría nunha empresa situada na zona de Melide.
Requisitos: Carné de manipulador/a de alimentos. Experiencia en empresas do sector alimentación.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 07-07-2016
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN  - CARRETILLERO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Randstad selecciona mozo/a de almacén - carretillero/a para empresa de loxística. Necesitamos candidatos/as
Requisitos: Con carné de carretilla, dispoñibilidade horaria para traballar en quenda de noite e experiencia de máis dun ano no posto.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 06-07-2016
Posto: DOCENTE CURSO "TRANSPORTE SANITARIO"
Lugar: Lugo.
Descrición: Precísase docente para a impartición de curso de "Transporte Sanitario" de luns a vernes en horario de mañá.    
Requisitos: Grao en Enfermería/Mediciña ou titulación equivalente. Certificado de Aptitude Pedagóxica/Máster profesorado/Certificado de Docencia da Formación Profesional para o Emprego. Máis de 600 horas de experiencia docente. Máis dun ano en asistencia en transporte sanitario demostrable.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 05-07-2016
Posto: SOLDADOR/A MIG-MAG - OFICIAL DE 3ª (Varias vacantes)
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona varios soldadores/as para importante empresa do Carballiño. Traballo a quendas de luns a domingo.
Requisitos: Imprescindible residencia na zona ou arredores.
Publicada/Xestionada: Eurofirms ETT (Andrea Rodríguez): ☎ 988370573 (horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres). Interesados/as enviar curriculum ao email: ourense@eurofirms.es.

Data: 05-07-2016
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Randstad selecciona dependente/a para traballar en importante cadea de tendas de moda española. Traballo días soltos.
Requisitos: Experiencia mínima en posto similar de polo menos 1 ano. Persoa con flexibilidade horaria, proactiva. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-07-2016
Posto: OPERARIO/A TEXTIL
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona operario/a textil para empresa do sector situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Traballo en días soltos. As funcións son as seguintes: planchado industrial, etiquetaxe e embolsado e manipulación da mercadoría. Horario: Xornada completa en quendas rotativas.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar. Coñecementos de costura e planchado industrial. Experiencia mínima de 1 ano no sector textil. Dispoñibilidade horaria. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.    
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 05-07-2016
Posto: COSTUREIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona costureiro/a para empresa do sector téxtil situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Traballo en días soltos. As funcións son as seguintes: uso de máquina plana, uso de remalladora e manipulación da mercadoría. Horario: Xornada completa en quendas rotativas.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar. Coñecementos de máquina plana e remalladora. Experiencia mínima de 1 ano como costureiro/a realizando tarefas similares ás ofertadas. Dispoñibilidade horaria. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.    
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 05-07-2016
Posto: TÉCNICO/A ADMINISTRATIVO/A SECTOR AGRÍCOLA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Randstad selecciona técnico/a administrativo/a para empresa do sector agrícola. As tarefas a desempeñar serán o asesoramento ao/á cliente, apoio a departamento de administración, xestión de pedidos, loxística, etc.
Requisitos: Persoa con coñecementos de fertilizantes, fitosanitarios, etc. Valoraranse titulacións relacionadas co sector.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-07-2016
Posto: SOLDADOR/A DE FÍO
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona soldador/a de fío para importante empresa do Carballiño. Traballo a quendas de luns a domingo.
Publicada/Xestionada: Eurofirms ETT (Andrea Rodríguez): ☎ 988370573 Interesados/as enviar curriculum ao email: ourense@eurofirms.es.

Data: 05-07-2016
Posto: ANIMADOR/A SOCIOCULTURAL - MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
Lugar: Leiro (Ourense).
Descrición: Randstad selecciona animador/a sociocultural - monitor/a de tempo libre para fins de semana.
Requisitos: Con experiencia. Con coñecemento de Zumba. Valorásese título de director/a de campamento e todos aqueles cursos relacionados co lecer que complementen a formación.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A CON NOCIÓNS DE COCIÑA
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Precísase camareiro/a para quenda de tardes.
Requisitos: Seriedade e experiencia demostrable.
Publicada/Xestionada: Particular (Clara): ☎ 615612525.

Data: 04-07-2016
Posto: ELECTROMECÁNICO/A INDUSTRIAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms ETT selecciona electromecánico/a para mantemento industrial. Incorporarase ao equipo actual do taller e terá, entre outras, as seguintes funcións: realizar instalacións de máquinas e equipos nas instalacións dos/as clientes e realizar traballos de mantemento preventivo e correctivo de equipos e máquinas. Servizo temporal de entre 1 e 2 meses a xornada completa con posibilidade de posterior incorporación a persoal. Horario de mañá e tarde.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Mantemento e Servizos á Produción. Experiencia mínima de polo menos 2 anos (traballo de montaxe e mantemento de maquinaria industrial). Formación relacionada co mantemento mecánico. Valorásense coñecementos de soldadura, hidráulica, neumática e electricidade. Imprescindible residir en Ourense ou arredores Dispoñibilidade para realizar desprazamentos na provincia de Ourense. Orientación ao cliente e á mellora continua.
Publicada/Xestionada: Eurofirms ETT (Andrea Rodríguez): ☎ 988370573 Interesados/as enviar curriculum ao email: ourense@eurofirms.es.

Data: 04-07-2016
Posto: SOLDADOR/A TIG (10 vacantes)
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Nortempo selecciona 10 soldadores/as para importante empresa da Estrada.
Requisitos: Ciclo medio de formación en soldadura. Con experiencia en soldadura TIG (máis de 5 anos). Dispoñibilidade para viaxar a nivel internacional. Valorable curso de Soldadura TIG.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 04-07-2016
Posto: COCIÑEIRO/A OU AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Bar tapería precisa cociñeiro/a ou axudante de cociña. Traballo a xornada completa. Condicións a negociar.
Requisitos: Experiencia minima 3 meses en tapas bocadillos e racións
Publicada/Xestionada: Particular (Jota): ☎ 620535168 - 986570483.

Data: 04-07-2016
Posto: PANADEIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Nortempo selecciona panadeiro/a para tarefas de amasado, realización de pan, empanadas, etc e atención ao público.
Requisitos: Dous anos de experiencia no posto. Experiencia en atención ao público. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Flexibilidade horaria. Carné de manipulador de alimentos.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 04-07-2016
Posto: DEPENDENTE/A TEXTIL
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña) e Vilagarcía (Pontevedra).
Descrición: Randstad selecciona dependentes/as para reforzos en tendas de grupo empresarial textil.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Restaurante do Carballiño busca camareiro/a para sala.
Requisitos: Imprescindible experiencia, boa presenza e seriedade. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 652097063.

Data: 04-07-2016
Posto: COCIÑEIRO/A (Urxente)
Lugar: Guitiriz (Lugo).
Descrición: Restaurante busca cociñeiro/a.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Tania Prieto Villares): ☎ 638380024.

Data: 04-07-2016
Posto: CAMAREIRO/A (50 vacantes)
Lugar: Vigo (Pontevedra).
Descrición: Importante empresa do sector hostaleiro necesita incorporar ao seu persoal a 50 camareiros/as por tempada de verán.
Publicada/Xestionada: AG Agencia de Colocación Galicia (Cristina Guerra Calvo): ☎ 637577916, 986229045.

Data: 03-07-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Guitiriz (Lugo).
Descrición: Olevending precisa técnico/a de mantemento. Encargarase da instalación e posterior mantemento técnico de máquinas de vending na delegación da empresa de Guitiriz. Utilización de programa de xestión ou CRM para o reporte diario do traballo. Formacion remunerada a cargo da empresa. Alta no réxime xeral da Seguridade Social. Soldo fixo garantido. Furgoneta de empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Con experiencia de polo menos un ano previa no sector. Persoa dinámica, activa. Valorarase formación académica en electrónica. Coñecementos de mantemento e vending.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

O Último