O Concello de Lalín vai realizar, dentro do seu Programa Integrado de Emprego, un curso de "Manipulador/a de Alimentos e ...

Curso de Manipulación de Alimentos e Seguridade Alimentaria do Programa Integrado


O Concello de Lalín vai realizar, dentro do seu Programa Integrado de Emprego, un curso de "Manipulador/a de Alimentos e Seguridade Alimentaria". A formación, de aproximadamente 3 horas de duración, terá lugar este mércores 22 de xuño.


Obxectivos e Contidos


Este curso ten como obxectivo proporcionar información clara e sinxela para afrontar a manipulación de alimentos coas máximas garantías hixiénicas e de seguridade, evitando e minimizando riscos derivados de malas prácticas.

Os seus contidos serán os seguintes: manipulación hixiénica dos alimentos, manipulación na cadea alimentaria, limpeza e hixiene de utensilios e instalacións, hixiene do persoal e lexislación aplicable.


Lugar e Horario


Comezará ás 9.30 horas nas instalacións do centro de formación de COESCO (entidade impartidora) e rematará aproximadamente ás 12.30 horas.
 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


O Último