Data: 15-04-2016 Posto: ENFERMEIRO/A  OFERTA PECHADA Lugar: Lalín. Descrición: Precísase enfermeiro/a. Requisitos: Título universitar...

Ofertas de Emprego (Abril 2016) 1ª

Data: 15-04-2016
Posto: ENFERMEIRO/A  OFERTA PECHADA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase enfermeiro/a.
Requisitos: Título universitario de Licenciatura/Grao en enfermería finalizado nos últimos cinco anos. Persoa inscrita ou que cumpra os requisitos de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Enviar curriculum vía email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Enfermeiro/a Lalín".

Data: 15-04-2016
Posto: DESEÑADOR/A GRÁFICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase deseñador/a gráfico/a.
Requisitos: Con experiencia. Preferiblemente menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 12-04-2016
Posto: COMERCIAL
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase comercial para empresa de limpeza e xardíns. Tarefas de xestión e seguimento de clientes e facturación. Varias zonas: Lalín, A Estrada, Santiago....
Requisitos: Experiencia comercial mínima. Valorarase achega de carteira de clientes.
Publicada/Xestionada: Particular (Sergio). Interesados/as contactar vía email.

Data: 12-04-2016
Posto: PERSOAL DE EVENTOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Pazo de Bendoiro selecciona persoas con interese en eventos para tarefas de: organizar, planificar, decorar.
Requisitos: Con don de xentes, capacidade de traballo e paixón polo mundo da hostalería.
Publicada/Xestionada: Pazo de Bendoiro. Interesados/as enviar curriculum ao email: gvila@pazodebendoiro.com.

Data: 11-04-2016
Posto: DIRECTOR/A DE OFICINA (Autónomo)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Prevensystem, firma especializada na prevención de riscos laborais, selecciona perfís directivos, emprendedores e/ou técnicos para novas aperturas en todo o territorio nacional.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo de grao superior. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecemento da realidade social, cultural e empresarial da provincia e de: Atención ao clientes, desenvolvemento empresarial, dirección de equipos, emprendemento social, xestión, habilidades sociais, prevención de riscos laborais. Con interese por desenvolver a súa actividade no ámbito da formación, a consultoría e/ou a prevención de riscos laborais e desexo de emprender unha actividade autónoma ou empresarial.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 11-04-2016
Posto: COMERCIAL
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Aseguradora de ambito nacional selecciona comerciais para a zona do Deza, Lalin, Silleda etc. Formacion a cargo da empresa. Altos ingresos. Posibilidade de promoción interna nun curto período de tempo.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: seleccionpbsantiago@gmail.com.

Data: 08-04-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para traballar a xornada completa. Ofrécese incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 08-04-2016
Posto: ELECTRICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa situada en Lalín precisa electricista para traballar na Comarca do Deza.
Requisitos: Con coñecementos de fontanería.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 06-04-2016
Posto: COMERCIAL DE AUTOVENDA
Lugar: Lalín.
Descrición: Eurofirms ETT selecciona comercial para empresa do sector da alimentación da zona para comercializar os seus produtos e fidelizar os seus clientes. Ofrécese contratación estable, salario fixo de 1.350 euros + comisións + incentivos + gastos.
Requisitos: Persoa con dotes comerciais e ganas de traballar. Experiencia previa con autoventa ou canle horeca.
Publicada/Xestionada: Eurofims ETT. Interesados/as enviar un curriculum actualizado ao email: arodriguezr@eurofirms.es especificando no asunto ¨Empleo Lalín¨.

Data: 05-04-2016
Posto: DIRECTOR/A DE ASESORÍA (Autónomo/a)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: CE Consulting Empresarial busca profesionais do asesoramento a empresas (fiscal, contable, laboral, avogacía, RRHH, consultoría, auditoría) que estean a pensar no autoemprego como opción para o seu desenvolvemento profesional.
Requisitos: Coñecementos ou experiencia nalgunha destas materias: contabilidade, fiscalidade, financeira, laboral, dereito de empresa ou Recursos Humanos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-04-2016
Posto: PASTELEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase pasteleiro/a. Traballo a xornada completa. Incorporación inmediata.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 05-04-2016
Posto: COMERCIAL
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa ubicada en Lalín precisa comercial para traballar no ámbito de Galicia. Ofrécese coche a cargo da empresa e salario máis incentivos. Incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 04-04-2016
Posto: PERSOA PARA GANDERÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoal para gandaría, labores de ordeño e granxa.
Requisitos: Preferiblemente idade comprendida entre 18 e 45 anos.
Publicada/Xestionada: Particular (Toño). Interesados/as contactar vía email.

Data: 01-04-2016
Posto: COMERCIAL DE FORMACIÓN
Lugar: Lalín e outras.
Descrición: Precísase comercial para organizar cursos de formación de diversas temáticas (inglés, informática, apoio, baile...). Zonas: Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Melide, Arzúa, Arca, Touro, Boimorto, Santiso, Monterroso, A Estrada, etc.
Requisitos: Imprescindible coche para visitar clientes.
Publicada/Xestionada: Particular (Inés): ☎ 670727481.

Data: 01-04-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a.
Requisitos: Ganas de traballar, coche e dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 616006307.





Data: 15-04-2016
Posto: ESPECIALISTA EN MARKETING EN RRSS
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase profesional especialista na xestión de diferentes redes sociais para levar a cabo tarefas de promoción de produto e imaxe corporativa de empresa.
Requisitos: Experiencia en mercadotecnia online. Valorable titulación en mercadotecnia online ou community manager.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com.

Data: 15-04-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Local de próxima apertura en Silleda precisa camareiro/a.
Requisitos: Valorable titulación en hostelería.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com.

Data: 15-04-2016
Posto: CHAPISTA-PINTOR/A DE VEHÍCULOS
Lugar: Silleda e outros.
Descrición: Precísase chapista e/ou pintor/a de vehículos para as seguintes zonas e os seus arredores: Silleda, Santiago de Compostela, Ponte Ledesma.
Requisitos: Con experiencia de polo menos 3 anos. Vehículo propio. Preferiblemente menor de 35 anos. Residencia nas zonas sinaladas ou disposición para cambio de vivenda.
Publicada/Xestionada: Particular (Beatriz): ☎ 637163376.

Data: 13-04-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A   OFERTA PECHADA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase persoa para oficina. Tarefas de trámite sinxelas. Contrato de 6 meses con posibilidade de prórroga. Réxime de xornada completa (mañás de 9.00 a 13.30 e tardes de 15.30 a 20.00 horas).
Requisitos: Imprescindible ciclo de formación profesional na rama administrativa ou de comercio. Residencia na comarca do Deza.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Enviar curriculum vía email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Auxiliar Administrativo/a Silleda".

Data: 12-04-2016
Posto: COMERCIAL (3 vacantes) (Autónomo/a)
Lugar: Comarca do Deza e outras.
Descrición: Climent Energías SL precisa 3 colaboradores/as oficiais de Iberdrola para a zona de Pontevedra e arredores (Deza, Salnés, Terra de Montes). Tarefas de orientación a negocios, pemes e empresas. Facilitaranse visitas concertadas, soporte administrativo, seguimento e apoio en peche de vendas. Terá beneficios sociais: porcentaxe sobre obxectivos e flexibilidade horaria e organizativa. Formación a cargo da empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Non se require experiencia mínima. Valorarase coñecer a zona da influencia e dispoñibilidade de vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 08-04-2016
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase condutor/a de camión para traballar no reparto por toda Galicia de importante industria cárnica da Comarca do Deza.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 08-04-2016
Posto: XEFE/A TALLER CERRALLERÍA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase xefe/a de taller de cerrallería. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Con experiencia no posto.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 07-04-2016
Posto: AZAFATO/A (2 vacantes)
Lugar: Silleda.
Descrición: En Clave Promocional selecciona 2 azafatos/as para a I Feira da Enerxía de Galicia que se celebrará en Silleda do 14 ao 16 de abril. Haberá 2 horarios: un de 10:00 a 14.30 e outro de 14:30 a 19:00 horas.
Requisitos: Experiencia non requirida.
Publicada/Xestionada: Yobalia

Data: 07-04-2016
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase camareiro/a para establecemento en Piloño (Vila de Cruces). Xornada de tarde. Fins de semana mañá e tarde.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana). ☎ 627462980 - 620886014.

Data: 07-04-2016
Posto: COMERCIAL (Urxente)
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase comercial: automoción, maquinaria.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Angel). ☎ 699396356.

Data: 07-04-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE COMERCIO
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase dependente/a de comercio.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: lanceperfi@gmail.com.

Data: 06-04-2016
Posto: OPERARIO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase operario/a para a realización de tarefas de produción.
Requisitos: Valorable, aínda que non imprescindible, Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com.

Data: 06-04-2016
Posto: MADEIRISTA - TALLADOR/A (2 vacantes)
Lugar: Silleda.
Descrición: Maderas Tato Souto S.L, empresa dedicada ao sector da madeira, precisa incorporar dous talladores/as para monte.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 3 anos (demostrable). Preferiblemente estar en posesión de carné de conducir tipo B. Non se require formación mínima.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-04-2016
Posto: PERSOA PARA GANDERÍA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase persoa para gandería de vacún para ordeño e tarefas da granxa.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 629844332. Contactar a partir das 22:00 horas.

Data: 06-04-2016
Posto: COMERCIAL (Autónomo/a)
Lugar: Silleda.
Descrición: Arte-Vitral, empresa do sector do vidro, precisa comercial a comisión para promocionar os seus produtos (obra de construción e todo tipo de produtos artesanais destinadados a negocios e fogares co vidro como materia principal). Incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Arte-Vitral/Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Enviar curriculum vía email: integrado@lalin.gal.

Data: 05-04-2016
Posto: TÉCNICO/A DE ORGANIZACIÓN
Lugar: Comarca do Deza e outros.
Descrición: Precísase xefe/a de grupo para a zona do Deza e Santiago. Formación a cargo da empresa. Posto con progresión.
Requisitos: Con capacidade organizativa, dotes de mando e don de xentes. Dispoñibilidade de incorporacion inmediata. Valórase coñecementos de informática, mecánica, e dominio das novas tecnoloxías.
Publicada/Xestionada: Particular (Manu): ☎ 699061820 -619119260.

Data: 05-04-2016
Posto: OPERARIO/A DE GANDO VACÚN
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísanse operario/a autónomo/a para traballar en empresas de gando vacún na Comarca de Deza. Os traballos realizaranse en días puntuais ou nos meses de vacacións facendo substitucións.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 01-04-2016 
Posto: PERSOA PARA MARKETING, PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO
Lugar: Silleda.
Descrición: Empresa almacenista de maquinaria agrícola precisa persoa para actividades de mercadotecnia, promoción e desenvolvemento da empresa.
Requisitos: Dominio de programas tipo SolidWorks e pdf profesional, Excel, Word, PowerPoint. Nivel medio de línguas. Capacidade para realización de eventos e feiras. Vista comercial e de produto. Persoa dinamica, aberta e positiva.
Publicada/Xestionada: Particular (Miguel Villar): ☎ 669170832.





Data: 15-04-2016
Posto: PROGRAMADOR/A PHP
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase programador/a PHP. As tarefas a desenvolver serán: desenvolvemento de backend de diversos proxectos; desenvolvemento e mantemento de proxectos internos de código aberto; vixilancia dos estándares de calidade da empresa no equipo.
Requisitos: Administración de sistemas (UNIX e LAMP). Conecementos de JavaScript, diferentes frameworks, sistemas de control de versións como GIT o SVN, Jenkis (ou outros sistemas de integración continua). Habilidades de liderato, sociais e de traballo en equipo.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 14-04-2016
Posto: TÉCNICO/A DE SISTEMAS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase técnico/a de sistemas para traballo sobre todo de xestión de servidores Linux e Windows e xestión de redes.
Requisitos: Estudos mínimos de formación profesional grao superior en Informática. Mínimo 3 anos de experiencia realizando as funcións indicadas. Experiencia e coñecementos de instalación e configuración de distribucións Linux centos, Debian e Ubuntu; instalación e configuración de Windows Server 2003, 2008 e 2012, Windows 7, 8 e 10; configuración de Devasa/Iptables e elementos de seguridade de rede.  Capacidade de traballo en equipo, responsabilidade e bo carácter para atención ao público. Carné de conducir. Dispoñibilidade para desprazarse durante
Publicada/Xestionada: Contalocal SL: ☎ 986845479. 

Data: 14-04-2016
Posto: AVOGADO/A INMOBILIARIO
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Ibone A. selecciona avogado/a inmobilidario. Realizará estudos de titulos, confección de escrituras de compravendas, trámites notariais, ante conservador de bens raíces, entre outros.
Publicada/Xestionada: Ibone A. ☎ 981607955. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao email: i.acunagarcia@gmail.com.

Data: 13-04-2016
Posto: PSICÓLOGO/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase psicólogo/a para atención, asesoramento e realización de diferentes accións con mulleres con discapacidade víctimas de violencia de xénero. Contrato temporal (baixa de maternidade).
Requisitos: Licenciatura / Grao en Psicoloxía. Formación ou experiencia en xénero e discapacidade. Imprescindible estar en posesión do certificado de discapacidade.
Publicada/Xestionada: COGAMI. ☎ 981574698. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao email: sil@cogami.es. Data límite de recollida dos curriculums: domingo, 01 de maio de 2016.

Data: 13-04-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A (Oficial de 1ª)
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase administrativo/a. Horario: de 9:00h a 13:00h e de 15:00h a 19:00h
Requisitos: Imprescindible experiencia mínima de 3 anos. Con coñecementos de: partes de traballo, xestión de obras, xestión de Prevención de Riscos Laborais, facturación (pedidos e provedores), contabilidade (A3con).
Publicada/Xestionada: Globalservi. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao email: ofertas@globalservi.com.

Data: 13-04-2016
Posto: CHÓFER INTERNACIONAL (2 vacantes)
Lugar: Allariz (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona 2 chófer para realizar en parella rutas internacionais a Francia e Italia desde Allariz (Ourense). Ofrécese contrato de 2 meses a través de Eurofirms con posterior incorporación directa a persoal da empresa.
Requisitos: Carné C+E. CAP. Cartón de tacógrafo dixital.
Publicada/Xestionada: Eurofirms. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao correo electrónico: arodriguezr@eurofirms.es co asunto "Chófer" ou ben ao fax ao 988 215 314.

Data: 13-04-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A LABORAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona persoal con dominio de laboral e nocións de contabilidade.
Requisitos: Formación Profesional Grao Superior: Administración. Persoa con experencia (3 anos) e polivalencia administrativa. Afeito/a ao trato co público. Valorásese sobre todo o asesoramento a clientes no terreo laboral.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 13-04-2016
Posto: ENCARGADO/A DE OBRA EN TENDA
Lugar: Lugo.
Descrición: Precísase encargado/a de obra en tenda para control de prazos, acabados, etc. Contrato de obra ou servizo. Incorporación inmediata.
Requisitos: Curso de nivel básico de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas. Carné de conducir B. Residencia en Lugo ou arredores. Experiencia de 7 anos.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 11-04-2016
Posto: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase enxeñeiro/a técnico industrial.
Requisitos: Imprescindible experiencia mínima dun ano en manexo de Solidwork ou Catia V5. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Globalservi. Interesados/as enviar curriculum actualizado ao email: ofertas@globalservi.com.

Data: 11-04-2016
Posto: DELINEANTE
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase delineante para traballo en fábrica en tema de presupostos e dirección de obra. Contrato temporal con posibilidade de quedar fixo en plantilla. Incorporación inmediata.
Requisitos: Delineante ou Arquitecto/a Técnico/a. Experiencia en presupostos e dirección de obra.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 11-04-2016
Posto: TRAMITADOR/A DE AXUDAS PAC
Lugar: Monterroso (Lugo).
Descrición: Precísase persoa para tramitación de axudas da PAC.
Requisitos: Estudos mínimos Enxeñeiro/a Técnico/a - Agrícola. Con experiencia de polo menos 3 anos (fundamentalmente que as tramitara na última campaña 2015). Coñecementos do PDR de Galicia.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 11-04-2016
Posto: ENCARGADO/A DE OBRA
Lugar: Ames (A Coruña).
Descrición: Precísase encargado/a de obra de edificación. Realizará funcións de: planificación obra, control de acceso persoal, pedido de materiais, etc.
Requisitos: Experiencia de 7 anos. Non se require nivel mínimo de estudos. Residencia próxima a Ames. Imprescindible Curso de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas (nivel básico).
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 11-04-2016
Posto: MODISTO/A
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Ara de Rey precisa modista/ou na provincia de Pontevedra para traballar a tempo parcial para unha firma de moda galega.
Requisitos:  Persoa con experiencia, de polo menos 2 anos, minuciosa e con ganas de traballar. Estudos mínimos non requiridos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 09-04-2016
Posto: RESPONSABLE DE DEPARTAMENTO DE CALIDADE
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase responsable de Departamento de Calidade para empresa do sector dos residuos.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos.
Publicada/Xestionada: Ranebe. Interesados/as enviar curriculum ao email: ranebe@ranebe.com

Data: 08-04-2016
Posto: APLICADOR/A DE PRAGUICIDAS
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase persoa para traballos de desinsectación, desratización, pragas e tratamentos lexionela.
Requisitos: Formación en tratamentos ou con disposición a obtela.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 08-04-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A SECTOR TURISMO
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona administrativo/a sector turismo para traballar en Hotel 4 Estrelas situado en Lugo (Lugo). Realizará tarefas de xestión administrativa, facturación, cobros e pagos, atención e asesoramento ao/á cliente e tarefas propias de recepción (Check - in, Check - Out, xestión de reservas...).
Requisitos: Diplomatura / Licenciatura / Grao en Asministración e Dirección de Empresas. Formación en Turismo (Diplomatura / Grao / Certificado de Profesionalidade). Experiencia previa en Administración en sector Turismo. Dispoñibilidade horaria e de incorporación inmediata. Valorable: Nivel Alto de Idioma Inglés.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 08-04-2016
Posto: MECÁNICO/A AXUSTADOR/A DE CAMIÓNS E AUTOBUSES
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase mecánico/a-axustador/a de camións e autobuses.
Requisitos: Con experiencia en autobuses e camións. Carné de conducir D1, D e CAP.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 08-04-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE COMERCIO
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Randstad selecciona dependente/a para importante empresa dedicada á comercialización de produtos electrónicos. Establecemento situado en pontevedra cidade.
Requisitos:  Imprescindible expeciencia como dependente/a. Persoa orientada ao cliente e responsable.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 06-04-2016
Posto: AXENTE DE VIAXES
Lugar: Cuntis (Pontevedra).
Descrición: Precísase axente de viaxes.
Requisitos: Con experiencia en grupos.
Publicada/Xestionada: Termas de Cuntis. Interesados/as enviar curriculum ao email: castro@termasdecuntis.com.

Data: 06-04-2016
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Tordoia (A Coruña).
Descrición: Precísase persoa para traballos de soldadura e calderería
Requisitos: Experiencia mínima de 1 ano. Persoa metódica e organizada, con capacidade de traballo en equipo e compromiso. Lugar de residencia a menos de 30 km do posto do traballo.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 06-04-2016
Posto: TITULADO/A EN RELACIÓNS LABORAIS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase titulado/a en relacións laborais para asesoría. Realizará tarefas de elaboración de xestión laboral (nóminas, seguros sociais...) e asesoramento a empresas.
Requisitos: Titulado/a en Relacións Laborais. Experiencia tres anos en asesoría ou semellantes.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: consultingpontevedraam@gmail.com.

Data: 06-04-2016
Posto: COMERCIAL DE AUTOMOCIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms ETT selecciona comercial para empresa do sector do automóbil. As principais responsabilidades do posto son: mantemento da carteira de clientes; captación de novos clientes, ampliando así a carteira; atención ás necesidades e asesoramento a clientes; levar a cabo o proceso de compra co cliente. Ofrécese: contratación estable (directamente por empresa), 3 meses + 9 meses + indefinido. Salario fixo de 1.000 euros + comisións + incentivos + gastos.
Requisitos: Polo menos un ano de experiencia como comercial. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofims ETT. Interesados/as enviar un curriculum actualizado ao email: arodriguezr@eurofirms.es especificando no asunto ¨Empleo Lalín¨.

Data: 05-04-2016 
Posto: PREPARADOR/A DE PEDIDOS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Coviran SCA precisa preparador/a de pedidos para plataforma loxística do sector da distribución de alimentación. As súas funcións principais serán: Preparar e mecanizar os pedidos dos socios/as; preparar, repasar e facturar os pedidos, fundamentalmente da sección de perecedoiros (carne); coidar que o picking non quede en mal estado e a mercadoría preparada non sufra danos; flexar os palés; manter limpa a súa zona de traballo.
Requisitos: Experiencia desenvolvendo tarefas similares en plataforma loxística ou almacén do sector de alimentación. Educación básica. Manexo transpalé eléctrico. Preferiblemente con carné de carretillero/a.
Publicada/Xestionada: Coviran SCA. Interesados/as enviar curriculum ao email: seleccion@coviran.es indicando Ref. "Prep. Pedidos Santiago".

Data: 05-04-2016 
Posto: ENCOFRADOR/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase encofrador/a.
Requisitos: Formación en prevención de Riscos Laborais segundo o convenio da Construción. Formación básica e específica de encofrador/a. Experiencia mínima: 3 a 5 anos.
Publicada/Xestionada: Fundación Laboral da Construción.

Data: 05-04-2016 
Posto: CHÓFER
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase chófer para realizar a recollida de leite en granxas.
Requisitos: Preferiblemente con experiencia e maior de 30 anos. Residente na zona de Melide ou arredores. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana). Interesados/as enviar curriculum ao email: anavazq81@gmail.com.

Data: 05-04-2016 
Posto: CONTROLLER
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Empresa do sector da carpintería precisa controller.
Requisitos: Experiencia en elaboración de orzamentos, análise de custes, tempos de fabricación no sector de mobiliario de carpintería. Valorable dominio de Navision e nivel alto de inglés.
Publicada/Xestionada: Concello da Estrada. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Interesados/as enviar curriculum ao email: aedlestrada@gmail.com.

Data: 04-04-2016 
Posto: PERSOA PARA MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Ader Recursos Humanos selecciona persoa para traballar en mantemento industrial nunha empresa do Carballiño. Realizará actividades de mantemento industrial nas áreas de electricidade e electrónica, ademais de instalación de maquinaria nova.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Electricidade e Electrónica. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos de mantemento industrial, maquinaria, electricidade, electrónica e soldadura. Persoa ordenada.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-04-2016 
Posto: PROMOTOR/A DE XOIERÍA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Randstad selecciona promotor/a para importante firma de xoiería.
Requisitos: Con experiencia no sector. Imprescindible altas dotes comerciais, boa presenza, dispoñibilidade para incorporación inmediata e dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-04-2016 
Posto: ADMINISTRATIVO/A DE LOXÍSTICA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Adecco selecciona administrativo/a de loxística para tarefas de xestión de pedidos; atención a clientes; enruta de mercadorías loxística; cálculos de envíos agrupados; optimizar cargos; estimación e previsións de entrega respecto de caducidade de produtos; xestión de incidentes de atrasos na mercadoría, faltas...etc; contacto con distribuidores/as para confirmación de pedidos.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Medio. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en posto e en xestión dentro da área de gran consumo.Coñecementos de xestión de incidentes, loxística, xestión de pedidos e envíos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-04-2016 
Posto: ENQUISADOR/A
Lugar: Santiago de Compostela e comarca.
Descrición: Precísase enquisador/a para realizar entrevistas persoais mediante tablet a turistas en Santiago de Compostela e comarca.
Requisitos: Formación non requerida (valoraráse formación en CC Sociais ou Turismo). Experiencia non requerida pero valoraráse. Nocións de turismo. Familiaridade co uso de dispositivos móbiles. Dispoñibilidade horaria, ainda que se trata dun traballo compatible con outros. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 04-04-2016 
Posto: ALBANEL (OFICIAL DE 1ª)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precíase oficial de 1º de albanelería.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 a 5 anos. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Fundación Laboral da Construción.

Data: 01-04-2016 
Posto: XESTOR/A DE ATENCIÓN AO/Á CLIENTE (Bilingüe Francés)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Wanted Selección & Headhunting selecciona xestor/a de atención ao/á cliente para empresa de ámbito nacional e internacional, dedicada ao deseño e comercialización de produtos de deseño. Funcións: identificar e recoller información e necesidades dos/as clientes; recepcionar e revisar os pedidos; traducións de soportes comunicativos. Ofrécese incorporación inmediata a empresa sólida e en pleno crecemento.
Requisitos: Formación a nivel Formación Profesional ou superior. Bilingüe francés, valorable outros idiomas. Capacidade de traballo en equipo. Orientacion ao/á cliente. Proactividade e iniciativa. Gañas de aprender e traballar. Moi valorable: visualización espacial, capacidade para interpretar planos, formación, coñecemento ou experiencia en decoración, deliberación, arquitectura ou interiores.
Publicada/Xestionada: Wanted Selección & Headhunting.

Data: 01-04-2016 
Posto: AUXILIAR DE PROCESOS
Lugar: Ourense.
Descrición: Ranstad selecciona auxiliar de procesos para matadoiro. Horarios flexibles.
Requisitos: Capacidade de adaptacion a distintos postos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 01-04-2016 
Posto: ALBANEL/A-ENCOFRADOR/A (OFICIAL 1ª)
Lugar: Pereiro de Aguiar (Ourense).
Descrición: Precísase albanel/a-encofrador/a (oficial de 1ª).
Requisitos: Curso de Prevención de Riscos Laborais.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 01-04-2016 
Posto: TÉCNICO/A DE LABORATORIO SANITARIO (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase técnico/a de laboratorio sanitario. Xornada parcial.
Requisitos: Ciclo Superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínica. Permiso de Conducir. Certificado de discapacidade.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 01-04-2016 
Posto: OPERADOR/A TORNEIRO/A-FRESADOR/A
Lugar: Pereiro de Aguiar (Ourense).
Descrición: Precísase operador/a torneiro/a-fresador/a para fabricación. Contrato en prácticas.
Requisitos: Técnico/a superior en programación da produción en fabricación mecánica.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 01-04-2016 
Posto: CONDUTOR/A - OPERADOR/A DE MOTONIVELADORA
Lugar: Pereiro de Aguiar (Ourense).
Descrición: Precísase condutor/a -operador/a de motoniveladora (movemento de terras).
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

O Último