Data: 15-01-2016 Posto: INFORMÁTICO/A ESPECIALISTA EN MARKETING ELECTRÓNICO Lugar: Lalín. Descrición: Empresa emprazada no municipio d...

Ofertas de Emprego (Xaneiro 2016) 1ª

Data: 15-01-2016
Posto: INFORMÁTICO/A ESPECIALISTA EN MARKETING ELECTRÓNICO
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa emprazada no municipio de Lalín precisa un Técnico/a Informático/a ou Especialista en Marketing Electrónico para tarefas de xestión de webs.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza (AED).

Data: 15-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a.
Requisitos: Ganas de traballar, coche e dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Particular: Antonio ☎ 616006307.

Data: 15-01-2016
Posto: COIDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa para coidar dous nenos de mércores a sábado en horario de 12:30 a 19:00 horas.
Requisitos: Preferiblemente con idade comprendida entre 35-50 anos. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Particular: Elena ☎ 636671460 - 642238034.

Data: 13-01-2016
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA (2 vacantes)
Lugar: Lalín e comarca.
Descrición: Nortempo selecciona axudante de cociña para establecemento situado na comarca do Deza.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata Imprescindible: Residencia na comarca do Deza. Dispoñibilidade horaria. Valorable: formación en hostelería.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 12-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A DE ALUMINIO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase carpinteiro/a de aluminio para incorporación inmediata.
Requisitos: Experiencia en montaxe en obra e dispoñibilidade xeográfica a nivel nacional.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza (AED).

Data: 12-01-2016
Posto: CHOFER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse chofer para carro mesturador.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. Contacto: email.

Data: 12-01-2016
Posto: REPARTIDOR/A DE PUBLICIDADE
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse repartidores/as de publicidade para Lalín e arredores.
Publicada/Xestionada: Particular. Contacto: email. Enviar nome, idade, teléfono de contacto e dispoñibilidade horaria.

Data: 11-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE PERFUMERÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Comercio de Lalín precisa dependente/a para incorporarse de forma inmediata.
Requisitos: Experiencia en perfumería (imprescindible).
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza (AED).

Data: 11-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A DE TENDA DE ROUPA
Lugar: Lalín.
Descrición: Comercio de Lalín precisa dependente/a para incorporarse de forma inmediata.
Requisitos: Experiencia en tendas de roupa. Persoa responsable e con boa presenza. Idade comprendida entre 30 e 40 anos.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza (AED) .

Data: 11-01-2016
Posto: PROFESOR/A DE LINGUA
Lugar: Lalín.
Descrición: Academia Mar (Montefaro,14  Lalín) precisa profesor/a lingua. Traballo por horas.
Requisitos: Residencia en Lalín.
Publicada/Xestionada: Academia Mar (☎ 626943524, 986782427 - mar@academiamar.com).

Data: 08-01-2016
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: José Daniel Cuñarro Baldonedo Peluquerías Unisex precisa peiteador/a.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: José Daniel Cuñarro Baldonedo (Daniel). Rúa Alcalde Ferreiro, 2 36500 Lalín. ☎ 986783240.

Data: 08-01-2016
Posto: ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Lugar: Lalín.
Descrición: Nortempo selecciona persoa para tarefas de acompañamento, vixiliancia e organización de grupos de menores en transporte escolar nos horarios de entrada e saída dos colexios.
Requisitos: Dispoñibilidade horaria e de incorporación inmediata. Domicilio nas seguintes zonas: Lalín, Silleda, A Estrada.
Publicada/Xestionada: Infoempleo/Nortempo.

Data: 08-01-2016
Posto: COMERCIAL PRODUTOS ENERXÉTICOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Fenogal, Estudios Energéticos de Galicia SL, empresa de ámbito nacional dedicada á área da enerxía eléctrica e especializada na optimización do consumo eléctrico das empresas, busca comercial. Ofrécese contrato de traballo e produto fácil para captar clientes.
Requisitos: Incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Fenogal. Interesados/as enviar curriculum a fenogal@fenogal.com.

Data: 08-01-2016
Posto: PERSOAL PARA GANDARÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Necesítase persoal para ordeño en gandaría de vacas de leite, ademais de mantemento de cubículos e demais tarefas.
Requisitos: Valorarase experiencia demostrable e a idade comprendida entre 18 e 40 anos preferiblemente.
Publicada/Xestionada: Particular (Manuel). Interesados enviar curriculum vitae por email.

Data: 08-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A DE PISOS
Lugar: Lalín e comarca.
Descrición: Nortempo Outsourcing Santiago selecciona camareiro/a de pisos para limpeza e posta a punto de habitacións e zonas comúns en importante hotel situado na comarca do Deza.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos necesarios de limpeza de inmobles. Residencia na comarca do Deza. Dispoñibilidade horaria. Capacidade de traballo en equipo.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Nortempo.

Data: 08-01-2016
Posto: RECEPCIONISTA CON IDIOMAS (2 vacantes)
Lugar: Lalín e comarca.
Descrición: Nortempo Outsourcing Santiago selecciona recepcionista con idiomas. As funcións principais serán xestión e control diario das reservas, check-in, check-out, atención e información ao cliente, facturación dos servizos consumidos polos clientes.
Requisitos: Ciclo formativo de Turismo, Xestión de Aloxamentos Turísticos. Nivel alto de Inglés. Experiencia mínima de 2 anos. Imprescindible residencia en Comarca do Deza. Dispoñibilidade horaria. Valorable outros idiomas.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 04-01-2016
Posto: LIMPADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Cafetería precisa limpador/a para as fins de semana.
Requisitos: Experiencia en cristaleiras.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 626943524.

Data: 02-01-2016
Posto: COIDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase coidador/a para domicilio. Traballo sinxelo, só compañía 4 ou 5 días á semana en quenda de tarde-noite. Casa acolledora. Soldo "a acordar".
Requisitos: Persoa que viva pola zona ou arredores.
Publicada/Xestionada: Sanysad/Particular: Augusto

Data: 02-01-2016
Posto: PERSOAL PARA GANDARÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Necesítase persoal para ordeño en gandaría de vacas de leite, ademais de mantemento de cubículos e demais tarefas.
Requisitos: Valorarase experiencia demostrable. Idade comprendida entre 18 e 45 anos preferiblemente.
Publicada/Xestionada: Particular (Toño). Interesados enviar curriculum vitae por email.

Data: 02-01-2016
Posto: PROFESIONAIS PLAN DE CARREIRA AXENCIAL (5 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: OCASO S.A. COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS precisa incorporar 5 profesionais para realizar un completo Plan de Carreira. As súas funcións serán: Procura e captación de clientes. Análise de mercado para a distribución dos produtos da empresa. Asesoramento e venda de toda a carteira de produtos da Compañía. Xestión das Campañas Comerciais que poña en marcha a Compañía. Creación de novas liñas de negocio. Seguimento da carteira de clientes.
Requisitos:  Ambición profesional e persoal.  Actitude comercial e aptitude para querer desenvolverse no mundo dos negocios.  Carácter emprendedor con clara vocación comercial.  Dotes de organización, dirección e traballo en equipo.  Valorarase formación media-superior.  Valorarase Permiso de Conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 02-01-2016
Posto: AXENTE EXCLUSIVO DE SEGUROS
Lugar: Lalín e arredores.
Descrición: Nortempo selecciona axente exclusivo de seguros  para importante empresa da zona do Deza (Lalín e arredores) para tarefas de asesoramento, captación e fidelización da carteira de clientes. Ofrécese formación a cargo da empresa, posibilidade de desenvolvemento profesional e persoal dentro da compañía así como asumir a dirección da oficina.
Requisitos: Formación nivel Diplomatura/Licenciatura. Experiencia como comercial profesional mínima de 2 anos (preferentemente sector servizos). Residencia na zona. Capacidade de comunicación e resolución. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infoempleo/Nortempo.


COMARCA DO DEZA




Data: 11-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para traballar nuha cafetería en Vila de Cruces en horario de mañá a xornada completa. Incorporación inmediata.
Requisitos: Con experiencia. Persoa responsable e con don de xentes.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza.

Data: 08-01-2016
Posto: AXUDANTE DE CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Hostal Restaurante González precisa axudante de camareiro/a para local de restauración.
Requisitos: Experiencia no sector. Don de xentes, predisposición ao traballo. Preferiblemente menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Hostal Restaurante González. ☎ 986580156 - 660254910.

Data: 08-01-2016
Posto: DOCENTE DE INGLÉS
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Búscase docente de lingua inglesa para impartir formación de nivel inicial e medio.
Requisitos: Formación en lingua inglesa. Experiencia como docente en cursos de inglés. Valorable experiencia en accións formativas para adultos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 08-01-2016
Posto: INSTALADOR/A DE CONDUCIÓNS DE AIRE ACONDICIONADO E VENTILACIÓN
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Precísanse oficiais de 1ª ou 2ª para instalacións de ventilación en edificios, naves...
Requisitos: Con experiencia (mínimo 6 meses).
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. ☎ Atención ao demandante: 012.

Data: 07-01-2016
Posto: DOCENTE DE ALEMÁN
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Búscase docente de lingua alemá para impartir formación de nivel inicial e medio.
Requisitos: Formación e experiencia na impartición de clases en lingua alemá.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 07-01-2016
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Precísase peiteador/a para incorporación inmediata en negocio de perruquería.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Silvia). ☎ 637979769 - 657866452.

Data: 07-01-2016
Posto: PERSOAL PARA GANDARÍA
Lugar: Dozón (Pontevedra).
Descrición: Precísase persoal para gandaría, labores de ordeño e granxa.
Requisitos: Preferiblemente idade comprendida entre 25 e 45 anos.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 629312909.

Data: 07-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A - PARRILLEIRO/A
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Hostal-Restaurante Casas Novas precisa camareiro/a-parrilleiro/a.
Requisitos: Con experiencia en parrilla e de camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Hostal-Restaurante Casas Novas (Rúa Barrio do Campo, 19 Baixo, 36540 - Silleda). ☎ 986180350.

Data: 06-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A PARA DISCOTECA
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para discoteca para días puntuais.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 633951010.

Data: 05-01-2016
Posto: PANADEIRO/A
Lugar: Deza-Tabeirós.
Descrición: Precísase para cubrir a zona Deza-Tabeirós.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 649621416.

Data: 05-01-2016
Posto: PERSOAL PARA PLANTA DE FORMIGÓN
Lugar: Bandeira (Silleda, Pontevedra).
Descrición: Marbe Hispania SL selecciona persoal para nova planta de formigón en Bandeira.
Publicada/Xestionada: Marbe Hispana SL. Enviar curriculum ao mail: info@marbehispania.com.

Data: 04-01-2016
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Rodeiro (Pontevedra).
Descrición: Precísase peón/a gandeiro/a.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. ☎ Atención ao demandante: 012.

Data: 03-01-2016
Posto: CHÓFER
Lugar: Silleda, A Estrada e arredores (Pontevedra).
Descrición: Precísase chófer para realizar recollida de leite en granxas da zona da Estrada, Silleda e arredores. Incorporación inmediata.
Requisitos: Con experiencia en gandaría. Necesario residencia na Estrada ou proximidades. 
Publicada/Xestionada: Momentjob.com.


GALICIA




Data: 15-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE CONTROL NUMÉRICO
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase operario/a de control numérico.
Requisitos: Experiencia de polo menos 2 anos como operador/a de control numérico.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 15-01-2016
Posto: APRENDIZ DE CALDEIRAS E QUENTADORES
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase aprendiz de caldeiras e quentadores.
Requisitos: Con moitas ganas de aprender. Menor de 20 anos. Carné de conducir. Residencia na zona.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 15-01-2016
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase fisioterapeuta. Contratación a xornada parcial.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. ☎ Atención ao demandante: 012.

Data: 14-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A DE ALUMINIO (AXUDANTE/A INSTALADOR/A DE XANELAS)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Luvenfor busca mozo/a para cubrir posto de axudante/a instalador de xanelas.
Requisitos: Non é necesaria experiencia.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 14-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona Técnico/a Superior en Prevención de Riscos Laborais para empresa do sector enerxías renovables situada en Lugo. Realizará tarefas de coordinación de actividades preventivas en obra.
Requisitos: Titulación Superior: Diplomatura / Licenciatura / Grao. Técnico/a Superior en Prevención de Riscos Laborais. Imprescindible: nivel alto idioma inglés. Valorable: Máster en Prevención de Riscos Laborais no sector das enerxías renovables.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 14-01-2016
Posto: DEPENDENTE DE FERRETERÍA
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Go busca dependente para comercio de ferrería.
Requisitos: Experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 14-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase camareiro/a.
Requisitos: Con experiencia. Inglés falado.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 13-01-2016
Posto: DINAMIZADOR/A SOCIOCULTURAL
Lugar: Lugo.
Descrición: Prosem selecciona dinamizador/a para centros socioculturais da provincia de Lugo.
Requisitos: Formación mínima en Educación Secundaria Obrigatoria, ciclos formativos ou titulación académica equivalente. Coñecementos de técnicas de atención ao público, dinamización e comunicación. Experiencia acreditada como dinamizador/a en centros socioculturais.
Publicada/Xestionada: Computrabajo.

Data: 13-01-2016
Posto: OPERARIO/A DA INDUSTRIA ALIMENTARIA
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona operario/a para traballar en industria cárnica situada en Lugo. Realizará tarefas de manipulación de alimentos en cadea de produción e en salas de elaboración.
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Dispoñibilidade horaria para traballo a quendas. Imprescindible: experiencia previa en manipulación de alimentos en industria cárnica. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Actitude positiva e ganas de traballar. Valorable: experiencia previa en sección de elaborados.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 13-01-2016
Posto: GUÍA TURÍSTICO
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase guía turístico para realización de roteiros por Galicia (xa operativas) en vehículo da empresa con grupos reducidos de viaxeiros/as internacionais.
Requisitos: Non se esixe titulación pero valoraráse estudos en  Turismo. Imprescindible bo nivel de inglés. Carné de conducir B. Carné de guía turístico oficial. Valóranse outros idiomas.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 13-01-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona auxiliar administrativo/a para realizar as seguintes funcións: atención telefónica, xestión de contabilidade, previsión de pagos, rexistro de facturas e albaráns, xestión de axenda e planificación de funcións con responsable, elaboracion e preparación de recursos ou escritos. Traballo a media xornada de luns a sábado mediante contrato temporal con posibilidade de incorporacion á empresa.
Requisitos: Diplomatura en ADE ou Grao en Administración e Dirección de Empresas. Experiencia en posto similar de polo menos 1 ano. Coñecemento do Paquete Office.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 13-01-2016
Posto: BOLSEIRO/A-RECEPCIONISTA
Lugar: Ourense.
Descrición: Globalservi Consultoría selecciona bolseiro/a-recepcionista para clínica de fisioterapia.
Requisitos: Valorarase experiencia previa en manexo de axendas, atención ao cliente, facturación, coñecementos de informática así como formación en fisioterapia ou similares.
Publicada/Xestionada: Globalservi Consultoría. Enviar curriculum actualizado ao mail: ofertas@globalservi.com.

Data: 13-01-2016
Posto: AXUDANTE TÉCNICO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Manpower selecciona axundante técnico/a para reparar e manter distintos equipos de frío, de bebidas quentes, de snacks ou outros análogos que a empresa ten en propiedade. Mantemento preventivo e correctivo de equipos en clientes e en taller propio. Sanitización ou hixienización de equipos en clientes e taller. Redisposición de equipos en taller. Despezamento de equipos en taller. Instalación ou retirada de equipos en clientes.
Requisitos: Titulo de técnico/a, especialista ou técnico/a superior nas ramas de instalación e mantemento ou electricidade e electrónica. Informática nivel usuario. Carné de conducir B, recomendable C. Coñecementos en loxística e distribución (xestión de almacén, rotación, tempos, métodos, sistemas de preparación de pedidos, etc..).
Publicada/Xestionada: Trabajos.com/Manpower.

Data: 13-01-2016
Posto: CHAPISTA (2 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Ader Recursos Humanos selecciona chapista para fábrica do polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Ofrécese contrato a través de ETT con posibilidade de incorporación á empresa.
Requisitos: Imprescindible ter experiencia como chapista. Experiencia en corte e encartado de chapa, e con poliester e outros materiais.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Ader Recursos Humanos.

Data: 13-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE ESTUDOS E PREPARACIÓN DE OFERTAS TÉCNICAS
Lugar: Ourense.
Descrición: OSAGA, S.L. precisa incorporar técnico/a a xornada completa para realizar as seguintes funcións: estudo económico e elaboración de medicións e orzamentos, estudo de pregos de condicións administrativas e técnicas, elaboración de documentación de sobre técnico para concursos de obras públicas e privadas (memorias, programas de traballo, calidade, medio ambiente, seguridade e saúde, etc.).
Requisitos: Titulación mínima: grao (ICCP, ITOP, Arquitecto/a, Arquitecto/a Técnico/a, etc.). Experiencia demostrable en departamento de estudos preparando documentacións técnicas e estudos económicos (2 anos). Valorable experiencia en consultorías especializadas neste tipo de traballos. Coñecementos de informática: Ofimática, Excel (nivel avanzado), Proyect. Alta capacidade resolutiva e responsabilidade en cumprimento de prazos e obxectivos. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: TodoEmpleo.net.

Data: 12-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A CON EXPERIENCIA EN EXPEDICIÓNS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Nortempo selecciona profesional para realizar labores administrativas e expedicións de mercadoría na zona de Pontevedra cidade.
Requisitos: Experiencia en postos administrativos e xeración de albaráns de saída de mercadoría (expedicións). Imprescindible: Dispoñibilidade para incorporarse de forma inmediata. Dispoñibilidade para traballar desde as 5:00 am (xornada continúa de 8 horas). Valorable: Residir en Pontevedra cidade ou arredores.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 12-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra).
Descrición: Nexo 8 ETT selecciona técnico/a de mantemento para importante empresa de alimentación.
Requisitos: Estudos mínimos: Formación Profesional Grao Superior - Electricidade e Electrónica. Especialidade mecánica, maquinas ferramentas ou axuste. Coñecementos mecánico/a ajustador/a montador/a, manexo de máquinas ferramentas, soldadura TIG. Experiencia mínima de 2 a 5 anos como mecánico/a. Valorable: Experiencia no sector, carné manipulador de alimento e manexo de carretilla elevadora.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Nexo 8 ETT.

Data: 12-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase camareiro/a para restaurante en Santiago de Compostela. Funcións: Atender aos/ás clientes e realizar os diferentes servizos do establecemento. Preparar a súa área para cada servizo e organizar a "mise en place". Realizar os servizos en base á política do establecemento. Manter a limpeza e a orde no seu espazo de traballo. Respetar as normas de uniformidade e hixiene fixadas pola empresa.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos en posto similar. Valorarase formación no posto.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 12-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A COMERCIAL FERRETERÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Manpower selecciona dependente/a  para venda e asesoramento en tenda de ferraxes para mobles así como todo tipo de maquinaria profesional. Horario: Luns - Venres: mañá 9:00 - 13:30h , tarde 15:30 - 20:00h. e sábados: mañá 9:00 - 13:30h.
Requisitos: Con experiencia no sector ferraxaría, maquinaria ou bricolaxe. Coñecedor/a de marcas e referencias do sector. Persoa organizada e con boa capacidade comercial para asesorar a clientes. Excelente atención ao cliente. Dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Manpower.

Data: 12-01-2016
Posto: ASISTENTE DE DIRECCIÓN
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Neuro Line SL precísa asistente de dirección para coordinar as accións da empresa, reportando ao administrador. 
Requisitos: Requírese dominio fluído do inglés.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 12-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE PRODUCIÓN
Lugar: Lugo.
Descrición: Plastifer SA precisa persoa para traballar dentro dun proceso de produción.
Requisitos: Dispoñibilidade para o traballo en quendas.
Publicada/Xestionada: Plastifer SA. ☎ 982 209 140. E-mail: info@plastifer.es

Data: 12-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Manpower selecciona para empresa de Ourense operaria/o de mantemento industrial.
Requisitos: Ciclo Superior Mantemento Industrial. Ampla experiencia en contornas industriais e avarías mecánicas, eléctricas,..... Flexibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Manpower.

Data: 12-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Cervecería Cuvée precisa camareiro/a.
Requisitos: Experiencia. Persoa seria, con boa presenza e don de xentes.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 12-01-2016
Posto: PEÓN/A TEXTIL (3 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona para empresa do sector textil situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas operario/a para traballar días soltos. As funcións consistirán en labores de planchado industrial, etiquetaxe, embolsado e manipulación da mercadoría.
Requisitos: Estudos mínimos: Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano como operario/a no sector téxtil. Persoa con dispoñibilidade total e incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Eurofirms ETT.

Data: 12-01-2016
Posto: TÉCNICO/A SUPERIOR EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase técnico/a superior de prevención de riscos laborais en obra. As súas principais funcións serán: supervisión en materia de prevención de traballos executados, vixilancia de seguridade a pé de obra, realización de inspeccións, entrega de EPI's, control de documentación de subcontratas e persoal propia, elaboración de documentos e/ou procedementos en materia de seguridade e prevención de riscos, colaboración en auditorías externas e internas, formación interna e charlas de sensibilización a traballadores/as da súa competencia.
Requisitos: Máster Superior en PRL - 3 especialidades: Seguridade, Ergonomía e Hixiene. Carné de conducir B. Experiencia a pé de obra, de polo menos 2 anos. Dispoñibilidade para desprazarse polas diferentes obras situadas na provincia de Pontevedra, así como flexibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Monster.

Data: 11-01-2016
Posto: TORNEIRO/A FRESADOR/A POR CONTROL NUMÉRICO
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Nortempo selecciona torneiro/a fresador/a con experiencia en máquinas de control numérico para importante empresa en desenvolvemento e con grandes volumes de traballo nos arredores de Santiago de Compostela.
Requisitos: Experiencia en torno e fresadora con CNC. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.

Publicada/Xestionada: Infoempleo/Nortempo.

Data: 11-01-2016
Posto: SECRETARIO/A-ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Empresa de transportes precisa secretario/a-administrativo/a a tempo completo.
Requisitos: Valorable experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Silvia ☎ 676507054.

Data: 11-01-2016
Posto: AZAFATO/A - SECRETARIO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Crit Interim ETT selecciona para importante empresa de programas de formación de directivos e similares, unha persoa para encargarse da atención aos/ás asistentes como da organización e preparación dos materiais. A persoa seleccionada traballará os martes -poucas horas- e os mércores -xornada completa- (de cada semana desde 25 de febreiro 2016).
Requisitos: Estudos mínimos: formación profesional de grao medio. Dispoñibilidade para traballar os martes e os mércores durante toda a xornada da formación. Boa presenza e modais correctos. Experiencia anterior como azafato/a, secretario/a, organización de eventos ou similar. Valorarase positivamente nivel avanzado de inglés (1 ano).
Publicada/Xestionada: Infojobs/Crit Interim ETT.

Data: 11-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA
Lugar: Palas de Rei (Lugo).
Descrición: Ader Recursos Humanos selecciona operario/a para traballar en períodos descontinuos segundo circunstancias de produción en fábrica situada en zona sur de provincia de Lugo, atendendo a liña en cadea de produción.
Requisitos:  Estudos mínimos: Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en fábricas e cadeas de produción. Dispoñibilidade para traballar segundo necesidades de produción. Dispoñibilidade para incorporacion inmediata. Domicilio na zona.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Ader Recursos Humanos.

Data: 08-01-2016
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN
Lugar: Curtis (A Coruña).
Descrición: Ader Recursos Humanos selecciona mozo/a de almacén para empresa situada en Teixeiro (Curtis). Ofrécese contratación temporal para cobertura de baixa (15 días aprox.).
Requisitos: Experiencia en tarefas de almacén. Valorable carné de carretillero/a. Dispoñibilidade de incorporación inmediata e para traballar en horario nocturno de domingo a xoves.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Ader Recursos Humanos.

Data: 08-01-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A PRODUCIÓN
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Eurofirms ETT selecciona para empresa do sector cárnico dos arredores de Pontevedraauxiliar administrativo /a de produción para realizar as seguintes tarefas: control e elaboración de albaráns, control de stocks, entradas e saídas, custos, xestión de clientes e orzamentos.
Requisitos: Estudos mínimos de enxeñeiro técnico agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias. Experiencia mínima de polo menos 2 anos en tarefas administrativas, produtivas ou procesos en industrias alimentarias. Persoa comprometida, perseverante, motivada, proactiva e orientada ao cliente. Capacidade para traballar en equipo. Persoa polivalente con interese en desenvolver un plan de carreira nesta empresa. Carné B1 e vehículo propio. Coñecementos de informática. Coñecementos de loxística, calidade, hixiene e saúde. Imprescindible residente na provincia.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Eurofirms ETT.

Data: 08-01-2016
Posto: PROFESIONAL DAS TERAPIAS ALTERNATIVAS
Lugar: Barbadás (Ourense).
Descrición: Precísanse profesional das terapias alternativas.
Requisitos: Con experiencia en terapias relacionadas coa medicina hiperbárica.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. ☎ Atención ao demandante: 012.

Data: 07-01-2016
Posto: ENQUISADOR/A (2 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase enquisador/a para entrevistas persoais mediante tablet a turistas en Santiago e comarca. Tamén se realizarán enquisas a turistas en toda Galicia. Incorporación: febreiro 2016.
Requisitos: Nocións de turismo (non se esixe titulación pero valórase estudos en turismo). Imprescindible nivel de inglés B1. Estar familiarizado co uso de disposivos móbiles. Dispoñibilidade horaria, ainda que se trata dun traballo compatible con outros. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 05-01-2016
Posto: OPERARIO/A METAL
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona para empresa do sector do metal da zona do Carballiño un/a operario/a para realizar tarefas de montaxe de estruturas e apoio nas tarefas de soldadura e calderería. Horario: Turnos rotativos.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado Escolar. Experiencia mínima de 1 ano utilizando a rebarbadora. Persoa responsable, organizada e con ganas de traballar. Residencia na zona ou arrededores.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 04-01-2016
Posto: APRENDIZ DE ELECTRICISTA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Empresa adicada á instalación eléctrica precisa incorporar aprendiz de electricista.
Requisitos: Coñecemento do sector eléctrico.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 04-01-2016
Posto: AUXILIAR TENDA TEXTIL (3 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Grupo Externa selecciona para importante empresa do sector téxtil persoal para a realización de diferentes tarefas: descarga de camión, xestión e colocación de almacén, reposición de mercadoría, alarmado e etiquetaxe, merchandising, reforzo en tenda.
Requisitos: Estudos mínimos: ESO. Experiencia de polo menos 1 ano. Dispoñibilidade horaria e inmediata. Persoa ordenada, responsable e proactiva. Dispoñibilidade para traballar días e horas soltas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-01-2016
Posto: PEÓN/A DE CONSTRUCIÓN
Lugar: Baralla (Lugo).
Descrición: Louseiros Sta. Marta S.L. precisa persoa para desenvolver traballos de peón/a (sector construción).
Requisitos: Preferiblemente con experiencia na construción. Valorarase posesión de carné de conducir tipo B e certificado de curso de Prevención de Riscos laborais.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-01-2016
Posto: AUXILIAR DE PROCESO
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona persoa para empresa do sector alimentario, para distintas zonas do proceso de produción.
Requisitos: Ganas de traballar e flexibilidade horaria. Valorarase experiencia previa no sector de alimentación.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-01-2016
Posto: AZAFATO/A DE IMAXE
Lugar: Ourense.
Descrición: Grupo Uno CTC selecciona para importante cliente internacional azafato/a de imaxe para promocionar os produtos do cliente nos diferentes puntos de venda. Entre as súas funcións estarán a de traslado e montaxe de material promocional, asesoramento sobre os produtos e reporte de información diaria.
Requisitos: Experiencia demostrable en promoción, vendas de tabaco e de cara ao público. Residir en Ourense ou arredores. Carné de conducir e vehículo propio. Persoa dinámica, extrovertida, don de xentes, comunicativa, empática e proactiva.
Publicada/Xestionada: Grupo Uno CTC.

Data: 03-01-2016
Posto: DEPENDENTE SUPERMERCADO
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase persoa para supermercado. Realizará tarefas de reposición, limpeza, etc.
Requisitos: Valórase experiencia en carnicería e charcutería e ser menor de 30 anos.
Publicada/Xestionada: Particular. Enviar curriculum con foto a e-mail rrhhsupermelide@gmail.com.

Data: 01-01-2016
Posto: REPOÑEDOR/A -AUXILIAR SECCIÓN DECORACIÓN-CAIXA
Lugar: Ourense.
Descrición: Manpower selecciona auxiliar-repoñedor/a para o departamento de decoración en importante empresa sita en Ourense. Realizará funcións de atención a clientes na sección e caixa.
Requisitos: Bos coñecementos de decoración ou escaparatismo, colocación de mercadoría, catálogos publicitarios... Valorable experiencia en liña de caixa. Dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs/Manpower.

O Último