Data: 29-01-2016 Posto: PEITEADOR/A Lugar: Lalín. Descrición: Perruquería de Lalín precisa incorporar peiteador/a. Requisitos: Experie...

Ofertas de Emprego (Xaneiro 2016) 2ª

Data: 29-01-2016
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Perruquería de Lalín precisa incorporar peiteador/a.
Requisitos: Experiencia en posto similar de polo menos 3 meses.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 29-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para barra e mesa.
Requisitos: Experiencia en posto similar de polo menos 3 meses.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 29-01-2016
Posto: AVALIADOR/A DE ATENCIÓN AO/Á CLIENTE (10 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrició ANT Servicalidad precisa avaliador/a de atención ao/á cliente. O traballo consiste en acudir aos establecementos indicados, facéndose pasar por un/ha cliente máis, para ver o trato. Tras a visita, cumpriméntase un cuestionario que facilita a empresa, onde se responde a unha serie de preguntas acerca do sucedido na visita. Traballo en intres libres, compatible con outros traballos ou estudos.
Requisitos: Estudos mínimos: cursando bacharelato. Non requirida experiencia mínima. Residir en Lalín ou arredores. Facilidade para expresarse por escrito. Manexo de Word, Excel e correo electrónico.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: DIRECTOR DE AXENCIA (Autónomo/a)
Lugar: Lalín e Ourense.
Descrición: Prevensystem, consultora de prevención de riscos laborais de recoñecido prestixio en España, selecciona profesional con experiencia no mundo do desenvolvemento empresarial e de negocio, cunha marcada orientación ao cliente e unha vocación emprendedora, coa vontade de crear o seu propio proxecto para o seu plan de expansión. Pasará a formar parte dun nutrido grupo de profesionais con presenza no 70% do territorio español con máis de 40 axencias activas.
Requisitos: Estudos mínimos: cursando-diplomado/a. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de atención ao cliente, desenvolvemento empresarial, dirección de equipos, emprendemento social, xestión, habilidades sociais, orientación. Coñecemento da realidade social, cultural e empresarial da provincia. Interese por desenvolver a súa actividade no ámbito da formación e a prevención de riscos laborais. Desexo de emprender unha actividade autónoma ou empresarial. Coñecementos técnicos en prevención de riscos laborais ou capacidade para xestión e dirección de equipos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase soldador/a para contratación en prácticas.
Requisitos: Título de grao medio de formación profesional de soldadura e calderería ou certificado de profesionalidade na especialidade ou título equivalente rematado nos últimos 5 anos. Menor de 30 anos inscrito/a no sistema nacional de Garantía Xuvenil.
Publicada/Xestionada: Programa Integrado de Emprego de Lalín. ☎ 986787060.

Data: 28-01-2016
Posto: PERSOAL PARA REPARTO DE PUBLICIDADE (Domingo 31.01.2016)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoal para repartición de publicidade este domingo, día 31, en Lalín, coincidindo coa Feira do Cocido. É para repartir folletos en parabrisas de todos os coches aparcados nas rúas e folletos entrega en man nas zonas máis concorridas de público. O horario será de 10 da mañá a 3 da tarde. Págase 4 euros por hora. 
Publicada/Xestionada: Particular. Contactar por mail.

Data: 27-01-2016
Posto: MECÁNICO/A DE COCHES SEN CARNÉ/QUADS/MOTOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase mecánico/a para concesionario oficial de coches sen carné de todas as marcas. Reparacións de todo tipo de motocicletas, quads, buggies... Emprego estable, excelente remuneración (fixo máis incentivos e outros beneficios sociais).
Requisitos: Persoa dinámica, con don de xentes,  responsable e con ampla experiencia demostrable en posto semellante. Con formación profesional, coñecementos de informática, carné de conducir tipo B, e preferiblemente residencia en comarca do Deza ou proximidades. 
Publicada/Xestionada: Programa Integrado de Emprego de Lalín. ☎ 986787060.

Data: 26-01-2016
Posto: PERSOAL PARA EQUIPO DE VENDAS
Lugar: Lalín.
Descrición: Securitas Direct precisa persoal para equipo de vendas. Ofrécese soldo fixo máis comisións, estabilidade laboral e posibilidade de promoción.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 26-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para barra e mesa.
Requisitos: Experiencia en posto similar. Boa presenza. Amable.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 26-01-2016
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase axudante de cociña.
Requisitos: Experiencia no posto.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 25-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para bar. Domingos libres.
Requisitos: Preferiblemente menor de 25 anos.
Publicada/Xestionada: Particular (Mary) ☎ 665574067, email: marilof75@gmail.com.

Data: 25-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a para cafetería. Xornada de mañá.
Publicada/Xestionada: Particular (Mar): contactar por mail.

Data: 25-01-2016
Posto: AEROMODELISTA - MONTAXE DE DRONS
Lugar: Lalín e Ourense.
Descrición: Empresa especializada en servizos con drons precisa incorporar ao seu persoal aeromodelista especialista en montaxe e manexo de drons.
Requisitos: Valorarase experiencia, iniciativa e coñecementos no posto demostrables.
Publicada/Xestionada: Dreams Factory Advertising & Design Company SL (Amaya Ledo Senra. Responsable comercial): ☎ 685347285 - 986781517.

Data: 25-01-2016
Posto: DIRECTOR/A DE ASESORÍA (Autónomo/a)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: CE Consulting Empresarial busca profesionais do asesoramento a empresas (fiscal, contable, laboral, avogacía, RRHH, consultoría, auditoría) que estean a pensar no autoemprego como opción para o seu desenvolvemento profesional.
Requisitos: Coñecementos ou experiencia nalgunha destas materias: contabilidade, fiscalidade, financeira, laboral, dereito de empresa ou Recursos Humanos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 25-01-2016
Posto: EMPREGADO/A DO FOGAR
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase empregado/a do fogar para emprego a media xornada.
Requisitos: Con coñecementos de cociña. Imprescindible ter referencias.
Publicada/Xestionada: Particular (Mar): contactar por mail.

Data: 23-01-2016
Posto: LIMPADOR/A INDUSTRIAL
Lugar: Lalín.
Descrición: Ader Recursos Humanos selecciona limpador/a industrial para realizar labores de limpeza e desinfección de maquinaria e instalacións.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Estar en posesión de carnés de praguicidas e desinfectantes e de carretillero/a. Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Valorarase experiencia en traballos en altura.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 22-01-2016
Posto: ENCARGADO/A DE ADMINISTRACIÓN E CONTABILIDADE
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase encargado/a para departamento de administración e contabilidade.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza (AED).

Data: 22-01-2016
Posto: TORNEIRO/A-FRESADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa industrial precisa incorporar un/ha profesional para realizar tarefas de torneiro/a-fresador/a.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 21-01-2016
Posto: COMERCIAL DE SEGUROS
Lugar: Lalín.
Descrición: Seguros Santa Lucía precisa comercial de seguros para a distribución de produtos da entidade.
Requisitos: Estudios mínimos de bacharelato ou formación profesional. Experiencia mínima comercial, vendas ou seguros non requirida pero valorable. Persoa con habilidades comunicativas, vocación comercial e capacidade para o traballo en equipo. Residencia na localidade ou proximidades. Valorable: coñecemento do sector seguros, produtos de seguros ou produtos do ramo vida e produtos financeiros.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 21-01-2016
Posto: COMERCIAL INTERNO
Lugar: Lalín.
Descrición: Importante empresa de Lalín precisa un comercial interno. A súa principal tarefa será actualizar a base de datos de clientes internacionais.
Requisitos: Nivel alto de inglés.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza (AED).

Data: 20-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: Lalín.
Descrición:  Tecglass SL precisa técnico/a en mantemento, posta en servizo, instalación e montaxe de maquinaria industrial tipo INKJET (a nivel internacional) para empresa do sector do vidro.
Requisitos: Estudos mínimos Ciclo Formativo Grao Superior. Persoa con formación de carácter técnico e experiencia mínima de 2 anos, con nivel medio de inglés e boa predisposición para viaxar. Valoraranse coñecementos en electromecánica e particularmente na industria do vidro. Persoa organizada, responsable, proactiva, con iniciativa, resolutiva e con capacidade de traballo en equipo e alto grao de implicación nas tarefas encomendadas.  Interese e capacidade de aprendizaxe. Interese polas novas tecnoloxías. Dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 19-01-2016
Posto: TÉCNICO/A COMERCIAL AGRÍCOLA
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Jorcla 2010, S.L. busca técnico/a comercial de produtos agrícolas.
Requisitos: Formación universitaria de enxeñería técnico/a agrícola, agrónoma ou veterinaria. Experiencia en vendas (3 anos). Coñecementos técnicos sobre produtos para a agricultura e a gandería.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 19-01-2016
Posto: LICENCIADO/A EN ADE OU SIMILAR (Autónomo/a)
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa situada en Lalín precias incorporar como traballador/a autonómo/freelance ou por horas un licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas (ADE) ou similar para tarefas financeiras e de preparación de documentación. Posibilidade de incorporación á empresa.
Requisitos: Licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas (ADE) ou similar. Persoa dinámica. Valorarase experiencia no posto, seriedade e puntualidade.
Publicada/Xestionada: Particular (Amaya) ☎ 685347285.

Data: 18-01-2016
Posto: GOBERNANTE/A DE PISOS
Lugar: Lalín e comarca.
Descrición: Nortempo selecciona gobernante/a para hostelería, para xestionar equipos de limpeza e mantemento de habitacións.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos. Imprescindible: Residencia na comarca do Deza. Dispoñibilidade horaria. Valorable: Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Nortempo.


COMARCA DO DEZA




Data: 28-01-2016
Posto: SOLDADOR/A E CALDEREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase soldador/a e caldereiro/a.
Requisitos: Homologado/a. Experiencia mínima de polo menos 3 anos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 27-01-2016
Posto: MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase monitor/a de tempo libre na zona do Deza. Traballos por horas e esporádicos.
Publicada/Xestionada: Particular (Alex). Contacto vía email: soalcon@gmail.com

Data: 27-01-2016
Posto: MONITOR/A DEPORTIVO
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase persoa para impartir actividades extraescolares na zona do Deza.
Publicada/Xestionada: Particular (Alex). Contacto vía email: soalcon@gmail.com

Data: 24-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para cafetería-restaurante.
Requisitos: Persoa con don de xentes, boa presenza e experiencia demostrable (mínimo un ano).
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 986580156 - 660254910.

Data: 22-01-2016
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa da zona busca incorporar un/ha profesional na categoría profesional de soldador/a.
Requisitos: Estar en posesión da homologación como soldador/a.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 21-01-2016
Posto: SOLDADOR/A-CALDEREIRO/A
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Precísase soldador/a homologado/a e caldereiro/a.
Publicada/Xestionada: Particular (Virginia). Enviar curriculum vía email.

Data: 19-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Bandeira (Silleda-Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para café-bar de próxima reapertura.
Requisitos: Preferiblemente entre 20 e 30 anos. Con un minimo de experiencia (tamén en cociña). Boa presenza, agradable e con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Particular (Daniel) ☎ 686470756.

Data: 18-01-2016
Posto: TALLADOR/A FORESTAL
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Descrición: Precísase persoa para tarefas de tallado e corte forestal.
Requisitos: Experiencia. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Particular (Juan). ☎ 637761806 - 986580903.


GALICIA




Data: 30-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A (OFICIAL DE 1ª)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Galanas Carpintería Metálica SL precisa oficial de 1ª para sección de aceiro inox e ferro.
Requisitos: Ampla experiencia demostrable. Valorable carné C, CAP e tarxeta de tacógrafo.
Publicada/Xestionada: Galanas Carpintería Metálica SL. Interesados/as enviar curriculum vitae a galanas@galanas.es.

Data: 29-01-2016
Posto: ACOMPAÑANTE-GUÍA DE EXCURSIÓNS
Lugar: A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Villagarcía.
Descrición: Nexo 8 ETT selecciona acompañante-guía para a realización de excursións.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Experiencia mínima non requirida. Imprescidible residir en zona de Cuntis, Caldas, Villagarcía ou A Estrada.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 29-01-2016
Posto: SOLDADOR/A (2 vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Ananda Gestión selecciona para empresa da provincia de Pontevedra 2 soldadores/as.
Requisitos: Con experiencia en Tig, Mig, aceiro inoxidable (experiencia demostrable, realizárase proba para valorar aos candidatos/as).
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 29-01-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Empresa do Ibex 35 con presenza internacional precisa incorporar un auxiliar administrativo/a en Santiago de Compostela. A prestación de servizos integrará tarefas de carácter administrativo dos seguintes departamentos: recursos humanos, contabilidade, compras e provedores, control facturas de provedores, así como aquelas tarefas de carácter administrativo relacionadas co servizo. Realizará funcións de procedementos internos de traballo de novos contratos, adaptándoos e unificándoos cos procedementos de actuación internos da compañía nos devanditos ámbitos, uso das ferramentas de SAP, HR, de SAP contabilidade, de SAP MM, de Euhreka, de Egis, de Portal Sistemas de Xestión (SG).
Requisitos: Formación académica: Formación Profesional de Grao Superior - Administración. Prevención de Riscos Laborais Básico (50 horas). Coñecementos Informáticos: SAP en todos os módulos (HR, Contabilidade, MM), Paquete Office, Base de Datos. Idiomas: Galego alto e Inglés B2. Habilidades persoais: organización, capacidade de negociación para procesos de compras e capacidade para traballar en equipo.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 29-01-2016
Posto: MONITOR/A-ANIMADOR/A DE EVENTOS INFANTÍS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase monitor/a-animador/a de eventos infantís. Remuneración media 10€/hora.
Requisitos: Imprescindible titulación de monitor/a de lecer e tempo libre. Valórase experiencia e/ou formación con nenos/as, vehículo propio e nocións de maxia, malabares, contacontos.... Posibilidade de desprazamento.
Publicada/Xestionada: Particular (Sandra): ☎ 661977118. Requírese breve presentación, curriculum indicando idade e experiencia, así como puntos fortes que te diferencien do resto.

Data: 29-01-2016
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Teo (A Coruña).
Descrición: Precísase fisioterapeuta para contratación a media xornada.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 28-01-2016
Posto: PERSOAL DE ALMACÉN E MOSTRADOR
Lugar: Ourense.
Descrición: Suministros La Ronda precisa persoal de almacén e mostrador para venda de material de fontanería e ferretería en Ourense cidade.
Publicada/Xestionada: Suministros La Ronda,  N-525. PK 234. Piñeiral. San Cibrao das Viñas. ☎ 988630005, email: rondaourense@suministroslaronda.com.

Data: 28-01-2016
Posto: AXENTE DE VENDA DE BILLETES DE AVIÓN (5 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísanse axentes de venda de billetes de avión para o aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela). Contrato de 30 horas, inicialmente temporal.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio, FP I ou superior. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Experiencia e formación con Sistema Amadeus. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Inglés B2 ou superior.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: ENCARGADO/A DE TENDA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Grupo Calzedonia selecciona encargado/a para unha das súas tendas no Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela. Reportando ao responsable de zona, responsabilizarase de: a xestión integral do punto de venda; cumprimento dos obxectivos marcados; cadrar horarios, vacacións; mantemento da tenda; garantir a calidade do servizo ofrecido aos/ás clientes; control do stock; visual merchandising.
Requisitos: Estudos mínimos: Bacharelato. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de atención ao cliente, merchandising, moda e retail. Persoa dinámica, orientada a obxectivos e con gran motivación, especializada na venda ao detalle, con paixón polo mundo do retail. Idiomas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra).
Descrición: Empresa de hostalaría precisa incorporar un camareiro/a para realizar labores de atención en barra e mesa.
Requisitos: Experiencia de polo menos 3 meses en posto similar.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 28-01-2016
Posto: ELECTROMECÁNICO/A - MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: Lugo.
Descrición: Formark Consultores selecciona para CAPSA (Central Leiteira Asturiana / Larsa) un técnico/a electromecánico/a para a factoría situada en Lugo. A súa misión consistirá en realizar o mantemento preventivo e reactivo tanto eléctrico como mecánico das instalacións e da maquinaría da factoría. Dependerá do xefe de equipo de instalacións.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Mantemento e Servizos á Produción. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Valorable experiencia en ámbitos industriais e de produción en cadea.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Barbería O´Cruceiro precisa incorporar perruqueiro/a. As tarefas a realizar serán a seguintes: atención aos/ás clientes, limpeza e mantemento da barbería, e captación de máis clientes para poder lograr obxectivos e escalar nas expectativas salariais. En principio a xornada será parcial de mañá, pero poderá ser ampliada a xornada completa se a captación de clientes vai a bo ritmo, así como o salario aumentará segundo a facturación. Horario inicial de 09.30 a 13.30 horas.
Requisitos: Con ou sen experiencia (non necesaria) pero si prácticas realizadas nos seus estudos ou barbarías. Que estea cursando ou finalizase estudos en de barbaría en Instituto ou Academia. Apaixonado/a pola profesión. Que lle guste o trato coa xente, que coide a estética, limpeza e hixiene tanto persoal, sempre aseado/a perfecto/a, como do lugar de traballo. Sobre todo con paciencia cos/as clientes e saber entender ao/á cliente e visualizar o que quere. Amabilidade, dinamismo, buscar sempre a perfección.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: AUXILIAR DE CLÍNICA
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona auxiliar de clínica para importante clínica médica en Lugo. Dará apoio en consulta de xinecoloxía. As funcións a realizar son as seguintes: xestión de expedientes clínicos, apoio en consulta con documentación e instrumentación e demais tarefas relacionadas co posto. Ofrécese contrato temporal de 6 meses a xornada completa, días alternos con xornadas de mañá e tarde.
Requisitos: Ciclo Medio de Auxiliar de Clínica. Experiencia de polo menos 1 ano en postos similares. Experiencia como auxiliar de clínica en centros médicos/as.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 28-01-2016
Posto: ESTETICISTA
Lugar: Ourense.
Descrición: Lavité, centro de estética situado no centro de Ourense, precisa incorporar esteticista. Horario laborable e xornada media ou completa.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Imaxe Persoal. Experiencia mínima de polo menos 4 anos
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 28-01-2016
Posto: CAIXEIRO/A GRANDES SUPERFICIES (Varias vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: AG Galicia selecciona para recoñecido supermercado da zona de Pontevedra persoas para ocupar o posto de caixeiro/a. Entre as súas funcións estarán a atención ao público, cobro de produtos, manexo e arqueo de caixa, mantemento do establecemento e reposición de mercadoría.
Requisitos: Nivel de estudos Ed. Secundaria-Bacharelato. Con experiencia no posto (2 anos mínimo). Boa presenza e dispoñibilidade horaria. Residencia na zona ou arredores.
Publicada/Xestionada: Portal Parados.

Data: 28-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE SEGURIDADE ALIMENTARIA E PRL
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Empresa de servizos de consultoría selecciona para a súa delegación de Santiago de Compostela un técnico/a de seguridade alimentaria e prevención de riscos laborais. Encargarase do deseño, implantación e seguimento de Sistemas APPCC así como elaboración de Plans de PRL. As funcións de Seguridade Alimentaria serán: elaboración plans APPCC; auditorias periódicas en clientes; formación no sector alimentario (manipulación de alimentos, alérgenos, outros...); xestión de alérgenos; valoración nutricional de menús. As funcións de Técnico/a Superior en PRL serán: tarefas de inspección, avaliación de riscos; xestión documental relacionada; plans de emerxencia; investigación e xestión de accidentes e incidentes. Ofrécese incorporación a posto con formación a cargo da empresa. Contrato laboral en prácticas inicial de 6 meses con posibilidade de continuidade segundo desempeño profesional.
Requisitos: Imprescindible formación específica en calidade e seguridade alimentaria, así como posuír Título de Técnico/a Superior en PRL, obtido nos últimos 5 anos. Máster. Valorarase alto nivel de línguas falado. Precísase trato cordial para a fidelización da carteira de clientes.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 27-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Lugar: Lugo.
Descrición: Randstad selecciona para importante empresa nacional un técnico/a de prevención de riscos laborais.
Requisitos: Titulación Enxeñería Técnica ou titulación superior en Prevención de Riscos Laborais e Máster Superior en Prevención de Riscos Laborais 3 especialidades. Experiencia mínima de 3 anos en estadas.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 27-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Eurovia Management España SL precisa profesional para cubrir unha vacante administrativa na súa delegación de Santiago de Compostela. As funcións a desempeñar son: elaborar facturas seguindo as indicacións do delegado, remitíndollas aos clientes e xestionando o seu cobro; recibir facturas de provedores, comprobar a súa adecuación ao acordado, visalas co delegado, pagalas e contabilizalas; revisar a contabilidade e introducir asentos segundo o descrito nos plans de contabilidade; recompilar, comprobar e pagar os gastos ao persoal da delegación; xestionar as incidencias mensuais de nómina de persoal adscrito á planta; xestionar a recepción da delegación (atención ao teléfono, repartición do correo), e realizar a preparación de informes e resumos; recompilar información sobre consumos, provedores, clientes e solicitar certificacións dos clientes; realizar a conciliación das contas bancaria.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Administración e Finanzas. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en posto administrativo - financeiro (facturación e contabilidade). Carné de conducir e vehículo propio. Microsoft Office (nivel avanzado). Inglés nivel B2 (achegar certificado). Persoa con orde, rigorosidade e planificación á hora de realizar as tarefas. Capacidade de análise numérica. Traballo en equipo. Flexibilidade e Polivalencia
Publicada/Xestionada: Infojobs

Data: 27-01-2016
Posto: MODISTA PARA TENDA DE ROUPA
Lugar: Ourense.
Descrición: Fantasía Amorín, comercio de roupa situado na rúa Progreso nº 89 de Ourense, precisa modista profesional para taller.
Publicada/Xestionada: Arreglos Amorín SC (Concepción): ☎ 988609090 - 639666762. Email: info@fantasiaamorin.com

Data: 27-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A (Bolsa-Prácticas)
Lugar: Ribadavia (Ourense).
Descrición: Bodega de Ribadavia pecisa incorporar unha persoa en prácticas con perfil administrativo para dar soporte á área de administración. Realizará funcións de soporte administrativo, xestión de base de datos e facturación.
Requisitos: Estudos mínimos: formación profesional ou estudos universitarios. Inglés medio-alto.
Publicada/Xestionada: Student Job.

Data: 27-01-2016
Posto: EDITOR/A DE CONTIDO WEB
Lugar: Lugo.
Descrición: Iean selecciona editor/a de contido web. Entre as funcións a desenvolver están: edición de información estática de anuncios de propiedades (descricións e fotos); cálculo de tarifas; supervisión de calendarios; atención e asistencia a propietarios/as para a edición de anuncios; revisión de sincronizacións en plataformas; informes á dirección; coordinar traballo con outros departamentos.
Requisitos: Titulo de Licenciado/a, Especialidade Publicidade e Relacións Públicas. Experiencia en edición de polo menos 2 anos. Inglés falado e escrito. Coñecementos de world, excel, editor de photos. Capacidade de traballar con rapidez e precisión. Capacidade de comunicación co resto do equipo e clientes. Coñecemento de social media.
Publicada/Xestionada: Iean.

Data: 27-01-2016
Posto: MODISTA PARA TENDA DE ROUPA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Triscos, comercio de roupa de muller situado na rúa Calderería nº 62 de Santiago, precisa modista para facer arranxos en tenda e para confeccionar algunha peza.
Requisitos: Con coñecementos de corte e confección.
Publicada/Xestionada: Triscos (Noelia): ☎ 981589838.

Data: 26-01-2016
Posto: MONTADOR/A DE NEUMÁTICOS DE CAMIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Nexo 8 ETT selecciona para empresa ubicada en Ourense un montador/a de neumáticos de camión.
Requisitos: Imprescindible experiencia previa en asistencia na estrada e en montaxe de rodas de grandes dimensións. Necesario coñecementos de mecánica básica.
Publicada/Xestionada: Nexo 8 ETT.

Data: 26-01-2016
Posto: APRENDIZ DE CAMAREIRO/A
Lugar: Boqueixón (A Coruña).
Descrición: Restaurante Casa Pérez precisa aprendiz de camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Restaurante Casa Pérez, Sergude-Boqueixón. ☎ 627518297.

Data: 26-01-2016
Posto: TELEOPERADOR/A DE TELEFONÍA (3 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Nortempo selecciona 3 teleoperadores/as de emisión de chamadas para levar a cabo a fidelización e captación de novos clientes para empresa do sector da telefonía (móbil, fixa e ADSL). Ofrécese contrato por obra en xornada de mañá.
Requisitos: Experiencia en postos de teleoperador/a. Capacidade de traballo baixo obxectivos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata e de traballo en quenda de mañá. Valorable experiencia en vendas.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 26-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE LABORATORIO
Lugar: Ourense.
Descrición: Adecco selecciona para empresa da provincia de Ourense un técnico/a de laboratorio. As principais funcións que levará a cabo serán: análise dos distintos parámetros (desde a materia prima até o produto final); descarte dos produtos que non cumpran coas especificacións requiridas; análises de procesos de fabricación; análise do produto para o seu posterior procesado; supervisión de produto final; verificación e/ou calibración de equipos de medición en laboratorio; depurar augas residuais.
Requisitos: Formación académica: Ciclo Formativo Grao Superior Laboratorio, valorable Grao Universitario en Ciencias Biolóxicas ou Farmacia. Coñecementos específicos: calibradores; analizadores; equipos de medida. Inglés (Nivel Medio). Residencia na provincia Ourense ou cercanías.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 26-01-2016
Posto: CHAPISTA AUTOMOCIÓN
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Grupo Norte ETT selecciona chapista para importante empresa do sector da automoción.
Requisitos: Estudos mínimos Ciclo Formativo Grao Medio. Experiencia mínima demostrable de 2 anos principalmente en carrozarías de vehículos industriais.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A COMERCIAL - VISITADOR/A DE CLIENTES
Lugar: Ourense.
Descrición: RB Solucións, grupo consultor dedicado á prestación de servizos de consultoría LOPD, selecciona para a cidade de Ourense, un visitador/a de clientes. A persoa seleccionada encargarase de realizar visitas presenciais a empresas clientes para realizarlles un seguimento do traballo de consultoría realizado. Esta tarefa compaxinarase cun obxectivo comercial.
Requisitos: Formación nivel usuario de informática. Carné de conducir e vehículo propio. Experiencia comercial e valorarase carteira de clientes propia. Valorarase experiencia como consultor/a valorarase formación en protección de datos. Imprescindible residencia na zona de Ourense.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 26-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE CONTABILIDADE (3 vacantes)
Lugar: Chantada (Lugo).
Descrición: Hotusa Hotels busca 3 persoas con orientación á xestión e interese pola área de administración e finanzas que queiran formar parte dun ambicioso proxecto. As persoas seleccionadas incorporaranse ás oficinas da compañía situadas en Chantada asumindo a xestión administrativa e contable dun dos establecementos hostaleiros da empresa baixo a supervisión dun dos responsables.     
Requisitos: Estudos mínimos finalizados en Administración e Finanzas, Económicas, CC. Empresariais, Grao en Administración e Dirección de Empresas ou similar. Persoas novas con ambición, talento e ganas de crecer na compañía. Nivel medio/alto de inglés. Valorable outros idiomas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2016
Posto: PERSOAL PARA TALLER DE PREFABRICADOS (Varias vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase persoal para produción, empaquetado, almacén, carretillas, mantemento eléctrico e mecánico.
Requisitos: Estudos mínimos preferiblemente nivel FP2.
Publicada/Xestionada: Particular (María): ☎ 672890136.

Data: 25-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A DE LOXÍSTICA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Adecco selecciona administrativo/a de loxística para recepción de pedidos, xestión de aprovisionamentos, control de stock de produto rematado e peticións de transporte terrestre fixo.
Requisitos:  Experiencia no posto e na xestión dentro da área de gran consumo.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 25-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Randstad selecciona para importante empresa do sector da madeira da provincia de Lugo, carpinteiro, para a fabricación, montaxe e distribución de mobles.
Requisitos: Con experiencia demostrable no gremio.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 25-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE PRODUCIÓN
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Randstad selecciona para importante empresa situada en Santiago de Compostela operario/a de produción.
Requisitos: Formación mínima de Bacharelato e/ou Ciclo Medio. Preferiblemente con experiencia en Industria. Título de carretillero/a e experiencia manexando carretilla frontal. Dispoñibilidade para traballar a quendas de luns a domingo. Incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 25-01-2016
Posto: PEÓN/A FONTANERÍA-ALBANELERÍA-ELECTRICIDADE
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Adecco selecciona peón/a de fontanería, albanelería ou electricidade para importante empresa do sector da instalación, reparación e mantemento da zona do Carballiño. As súas principais funcións serán: mantemento correctivo e preventivo de instalacións; reparación de avarías, montaxe e substitución de tubaxes; xestión de ordenes de traballo; atención de avisos telefónicos; control de almacén e stock de materiais.
Requisitos: Imprescindible experiencia previa como peón/a de fontanería, albanelería ou electricidade. Residencia na zona. Dispoñibilidade para traballar a xornada partida, de luns a venres, e dispoñibilidade para servizos de gardas as fins de semana.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 25-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Rois (A Coruña).
Descrición: Induro SL, empresa adicada a fabricación de materiais de construción, precisa administrativo/a. As funcións do posto serán: atención telefónica; facturación de clientes; contabilización de asentamentos e facturas de provedores; preparación e tramitación de pagos, remesas, transferencias; previsións mensuais de tesouraría; cálculo e preparación de impostos trimestrais, liquidacións de IVE, IRPF; reclamación de pagos a clientes, reclamación de facturas a provedores; ontabilización, control de gastos.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Experiencia mínima de polo menos 1 ano.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 25-01-2016
Posto: PEÓN/A DE PALETIZADO E EMBALAXE (Certificado de discapacidade)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Norintegra, Centro Especial de Emprego, selecciona para fábrica manufactureira peón/a de paletizado e embalaxe.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 meses realizando tarefa similar. Carga peso moderado. Imprescindible: Estar en posesión do certificado de discapacidade (igual ou superior ao 33%). Valorable: Dispoñibilidade e flexibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 25-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A HOTEL 4*
Lugar: Ourense.
Descrición: Cadea hostaleira internacional, precisa incorporar un camareiro/a para uns dos seus hoteis situado en Ourense.
Requisitos: Persoa con experiencia na profesión, que achegue estudos en restauración, turismo ou similar. Necesario nivel de inglés medio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 25-01-2016
Posto: RESPONSABLE DE FORMACIÓN
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Importante empresa de Santiago de Compostela precisa incorporar responsable de formación. As funcións a desempeñar serán: detectar e analizar as posibles necesidades formativas por departamentos individuais, de acordo co plan estratéxico da empresa; planificar, desenvolver e implantar o Plan de Formación da empresa. Definir as estratexias de formación (obxectivos, contidos, programa, seguimento e avaliación); definir o calendario de formación; prever e controlar o material pedagóxico; deseñar e impartir seminarios e accións formativas; dirixir e coordinar as subvencións de formación (Tripartita).
Requisitos:  Experiencia previa en implantación de formación. Coñecementos da fundación Tripartita. Xestión dun elevado volume de persoal. Bo nivel de inglés.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 25-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE BODEGA
Lugar: Meis (Pontevedra).
Descrición: Precísase operario/a de bodega para o departamento de produción. Realizará todas as funcións asociadas á produción: limpeza, manipulado de mercadoría, embotellados...
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Industrias Alimentarias. Experiencia mínima non requirida. Persoa activa con coñecementos e formación en enoloxía.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 22-01-2016
Posto: OPERADOR/A INDUSTRIAL DE MECANIZADO
Lugar: Padrón (A Coruña).
Descrición: Empresa industrial da zona busca incorporar un operario/a de mecanizado.
Requisitos: Formación en fabricación mecánica e experiencia no manexo de centros de mecanizado.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 22-01-2016
Posto: DELINEANTE
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase delineante. As funcións e competencias do posto serán: identificar e recoller información e necesidades dos/as clientes, asesorando en relación ao produto; recepcionar e revisar os pedidos; traducións de soportes comunicativos (en francés). Ofrécese contrato estable, xornada completa e salario por convenio.
Requisitos: FP Delineación. Nivel de francés alto. Residencia en Santiago ou arredores.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 22-01-2016
Posto: INSTALADOR/A DE FIBRA ÓPTICA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Icono Telecom precisa incorporar instalador/a de fibra óptica para despregamento de FTTH.As súas principais funcións serán: tendido de fibra óptica; instalación de caixas en cámaras e fachada, sangrado, etiquetación; conectarización e fusionado de fibras.
Requisitos:  Estudos mínimos: Ciclo Formativo Grao Medio - Instalacións de Telecomunicacións. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos necesarios de FTTH. Experiencia en Fibra Óptica: fusionador/a-celador/a. Formación: traballos en alturas 8 horas teórico-practicas; espazos confinados 6 horas teórico-practicas; risco eléctrico 6 horas; formación básica prevención 60 horas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 22-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A DE PISOS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Nortempo selecciona camareiro/a de pisos para tarefas de limpeza e posta a piques de habitacións en importante hotel situado nos arredores de Santiago de Compostela.
Requisitos: Requírese dispoñibilidade para traballar en días soltos. Experiencia mínima de 1 ano no posto. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Flexibilidade horaria. Persoa áxil e dinámica.
Publicada/Xestionada: Infoempleo/Nortempo.

Data: 22-01-2016
Posto: PROFESOR/A DE MATEMÁTICAS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Academia en Santiago precisa profesor/a de matemáticas para materias de empresariais.
Publicada/Xestionada: Academia. Enviar curriculum a avlineira@gmail.com o ao Apartado de Correos nº 2020 de Santiago de Compostela.

Data: 22-01-2016
Posto: AUXILIAR DE XERIATRÍA
Lugar: Lugo.
Descrición: Grupo Abedul selección auxiliar de xeriatría para traballar en centro de maiores. Ofrécese: estabilidade laboral, flexibilidade horaria e salario a convir.
Requisitos: Experiencia no sector da terceira idade. Competencias persoais adecuadas para o trato co paciente. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 21-01-2016
Posto: ALBANEL/A
Lugar: Cambre (A Coruña).
Descrición: Precísase albanel/a para a contratación por obra ou duración determinada.
Requisitos: Cursos básicos 60 horas e específicos 6 horas de construción. Experiencia en fachada ventilada. Experiencia mínima: menos de 1 ano.
Publicada/Xestionada: Fundación Laboral da Construción.

Data: 21-01-2016
Posto: COMERCIAL
Lugar: Ourense.
Descrición:  Adecco selecciona para Hijos de Rivera S.A.U. (Estrela Galicia) un/a promotor/a comercial para Ourense. As funcións principais a desempeñar pola persoa que se incorpore serán: elaborar anualmente o orzamento necesario para a ruta xestionada; xestionar directamente o orzamento asignado de exclusivos e de PLV; xestión da carteira de clientes e distribuidores (vendas, promocións, publicidade...); xestión dos equipos comerciais ao seu cargo (preventas) e elaborar informes de reporte de actividade comercial.
Requisitos: Bacharelato / Ciclo Formativo Grao Superior. Coñecementos comerciais; atención ao cliente; ofimática (Excel). Experiencia mínima de 2-3 anos en vendas e/ou xestión de contas, preferiblemente na canle Horeca, ou na súa falta, alimentación e bebidas de gran consumo. Moi valorable experiencia en xestión de distribuidores.
Publicada/Xestionada: Computrabajo.

Data: 21-01-2016
Posto: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A EN OBRAS PÚBLICAS
Lugar: Lugo.
Descrición:  Excavaciones J.Carreira S.L precisa incorporar enxeñeiro/a técnico/a en obras públicas para licitacións e concursos públicos e privados do sector. A súa misión será elaborar as ofertas nas que se decida concursar, analizar os pregos de condicións dos concursos e licitacións., determinar e elaborar os requisitos técnicos necesarios para a presentación de ofertas.
Requisitos: Licenciado/a especialidade obras públicas. Experiencia de polo menos 2 anos. Valorable experiencia en redacción de memorias técnicas. Manexo de software clásico de ofimatica, paquete office, Microsoft Project. Capacidade de xestión. Carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Tictacjob.

Data: 21-01-2016
Posto: TRAMITADOR/A DE SINISTROS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición:  Grupo Norte RRHH ETT selecciona tramitador/a de sinistros para importante empresa cliente do sector sanitario.
Requisitos: Experiencia mínima non requirida. Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Informática. Coñecementos informáticos avanzados. Persoa resolutiva e organizada.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 21-01-2016
Posto: COMERCIAL DE VEHÍCULOS NOVOS
Lugar: Lugo.
Descrición: Grupo Breogán Motor, concesionario oficial das marcas Toyota, KIA, Lexus e Porsche selecciona comercial para o seu departamento de vendas de vehículos novos para as súas instalacións de Lugo. Ocuparase do asesoramento e venda a clientes.Ofrécese: plan de formación, incorporación a un grupo en expansión líder no seu sector, remuneración segundo valía.
Requisitos: Estudos mínimos: Bacharelato. Experiencia comercial mínima de polo menos 3 anos. Habilidades comerciais e de trato cos clientes. Persoa habituada a traballar por obxectivos. Coñecementos de informática a nivel de usuario. Carné de conducir. Valorable: experiencia comercial allea ao sector, experiencia en venda de seguros e produtos financeiros e residencia na cidade de Lugo.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 21-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A DE OBRA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Unika Proyectos y Obras SAU selecciona administrativo/a de obra.
Requisitos: Experiencia mínima de 5 anos en posto de administrativo/a de obra. Coñecementos de facturación, xestión e documentación de subcontratas, xestión de documentación de clientes, apertura de centros de traballo... Valorarase coñecementos de contabilidade, fiscalidade e manezo de ERP de xestión. Nivel alto de paquete Office. Carné de conducir e dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Tictacjob.

Data: 21-01-2016
Posto: ENXEÑEIRO/A FORESTAL
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona enxeñeiro/a forestal para levar a cabo a xestión e tramitación de subvencións, documentación, tarefas comerciais na zona de Melide.
Requisitos: Formación en enxeñería forestal. Experiencia en posto similar. Imprescindible: dispoñibilidade de incorporación inmediata e capacidade de comunicación e don de xentes. Valorable: residencia na zona.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 21-01-2016
Posto: PROMOTOR/A DEGUSTACIÓN (29 e 30 de xaneiro 2016)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Eurofirms selecciona promotor/a (comercial e vendas) para importante empresa do sector de servizos a empresas situada na zona de Santiago de Compostela. Realizará as seguintes funcións: dar a degustar as variedades de mazás Marlene, promoción do concurso WIN! Marlene, montaxe do material para a realización da promoción en cada un dos supermercados ou tendas. Horario: 29 e 30 de Xaneiro de 10:00h a 14:30h e de 17:00h a 20:30h.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 21-01-2016
Posto: ASESOR/A LABORAL
Lugar:  Pontevedra.
Descrición: Consultoría Jurídica Mercantil GA precisa persoa para asesoramento laboral de empresas, confección de nóminas, contratos, altas e baixas, asistencia a SMAC, inspeccións, tramitación de subvencións e bonificacións. Horario de 9 a 14 e de 16 a 19 horas.
Requisitos: Estudos mínimos Diplomado/a - Relacións Laborais. Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Don de xentes.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 21-01-2016
Posto: ANIMADOR/A-MONITOR/A NENOS/AS
Lugar: Ourense.
Descrición: Animaciones Dálmatas precisa animador/a-monitor/a para realizar xogos con música, pintacaras e globoflexia básica con nenos/as. Ofrecen formación gratuíta.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 21-01-2016
Posto: RECEPCIONISTA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: IDental, empresa de saúde bucodental, precisa recepcionista para laboratorio dental en Santiago de Compostela. As súas funcións serán: recibir e atender ás visitas persoalmente na recepción; dar un trato adecuado e de calidade para conseguir que a persoa atendida quede satisfeita; guiar e derivar ao paciente co doutor correspondente; filtrar chamadas entrantes e analizar as súas necesidades; xestión  de axenda de visitas; tarefas de arquivo; confirmación de citas; organizar o pase de pacientes ao seu gabinete correspondente, segundo a hora da súa cita, priorizando urxencias. Ofrecen formar parte dun proxecto en expansión con gran compromiso social e un excelente equipo de profesionais así como desenvolvemento profesional e  estabilidade laboral.
Requisitos: Experiencia no sector dental. Persoa profesional, proactiva,  competente, e con don de xentes. Presenza coidada e trato exquisito co paciente. Persoa con capacidade de traballo, organizada e moi responsable co seu traballo. Coñecemento de ofimática.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 21-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE REFORMAS (2 vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Eurofirms selecciona para empresa do sector do metal 2 operarios/as para realizar reformas de locais, mantemento de instalacións e equipos de supermercados. Horario: xornada completa, de luns a venres.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos en labores de mantemento, reforma, montaxes, pintura e/ou soldadura.. Imprescindible residente na Provincia. Persoa con capacidade de traballo, resolutiva, e responsable. Dispoñibilidade horaria, de desprazamento dentro de Galicia e de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 20-01-2016
Posto: SOLDADOR/A FÍO TUBULAR E MIG-MAG CON SEMIAUTOMÁTICA (OFICIAL DE 3ª)
Lugar:  O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona soldador/a MIG-MAG con semiautomática e fío tubular para importante empresa do sector do metal.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima (de polo menos 2 anos) demostrable con semiautomática e fío tubular en grandes estruturas e chapa grosa. Valórase experiencia con arco mergullado e homologación de soldadura con semiautomática. Dispoñibilidade para facer horas extra.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 20-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE LICITACIÓNS
Lugar: Lugo.
Descrición: Empresa de servizos de enxeñaría, en ámbitos diversos como a topografía, a enxeñaría civil ou a enxeñaría rural busca un perfil para o seu departamento de licitacións e ofertas.
Requisitos: Enxeñeiro/a Técnico/a ou Superior. Nivel de inglés alto (comprobarase mediante conversación). Experiencia no ámbito das licitacións públicas. Valorable experiencia en redacción de memorias técnicas. Manexo de software clásico de ofimatica, paquete office, Microsoft Project. Alta capacidade de redacción. (suxírese que ao currículo achéguese un pequeno texto redactado polo candidato/a que permita comprobar este aspecto. Suficiente un texto xenérico auto-descritivo profesionalmente por exemplo).
Publicada/Xestionada: Tictacjob.

Data: 20-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Gestoría González precisa administrativo/a.
Requisitos: Titulación académica acorde co desempeño do posto.
Publicada/Xestionada: Gestoría González, rúa Michelena 1-1º, Pontevedra. ☎ 986 851 317. Enviar curriculum ao email: gonzalez@gestores.net.

Data: 20-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Nika Shoes selecciona dependente/a a xornada completa para zapatería.
Publicada/Xestionada: JobandTalent.

Data: 20-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona técnico/a de mantemento para traballar en industria láctea situada en Lugo. Realizará tarefas de mantemento preventivo e correctivo eléctrico e mecánico en planta de procesamento de produtos lácteos.
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Dispoñibilidade horaria para traballo a quendas. Imprescindible: Coñecementos avanzados en electricidade e electrónica. Experiencia de polo menos 2-3 anos en mantemento industrial. Valorable: Coñecementos en mecánica. Experiencia en tarefas de mantemento en industrias lácteas.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 20-01-2016
Posto: CAIXEIRO/A REPOÑEDOR/A. Xornada parcial 22 h./semanais (2 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela
Descrición: Lidl Supermercados selecciona caixeiro/a repoñedor/a para Santiago de Compostela. A persoa que se incorpore realizará funcións de: cobro en caixa e atención ao cliente, reposición da mercancía, limpeza da tenda e do posto de traballo. Buscamos persoas organizadas, dinámicas e proactivas.Duración da contratación: 3 meses
Requisitos:Formación Profesional de grao Medio, dispoñer de carnet de conducir e vehículo propio,dispoñibilidade horaria para traballar por turnos (horario rotativo). Experiencia mínima 1 ano.
Publicada/Xestionada: Infojobs

Data: 20-01-2016
Posto: PERSOA PARA TENDA
Lugar: Ourense.
Descrición: Blanco selecciona persoa para tenda que en dependencia do Store Manager, desenvolverá funcións de asesoramento a clientes, visual merchandising, colocación, reposición e alarmado de produto, maximización das vendas e outras tarefas necesarias para o correcto funcionamento da tenda. Duración da contratación: 3 meses.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Comercio e Mercadotecnia. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Experiencia en tenda e visual merchandising.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 20-01-2016
Posto: ASESOR/A DE PLANIFICACIÓN FINANCIEIRA (5 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela, Ourense e outros.
Descrición: Precísase persoa para asesoramento, planificación financeira e xestión do patrimonio de clientes, buscando a mellor rendibilidade financeira e fiscal. As principais funcións serán: descubrir necesidades financeiras dos clientes; análise de circunstancias pasadas, presentes e futuras, tendo en conta variables da persoa (idade, patrimonio, tipo impositivo, etc.); recomendacións de investimento e aforro; actualización do asesoramento ao momento económico actual; antemento e ampliación da carteira de clientes; xestión patrimonial.
Requisitos: Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Diplomatura en Ciencias Empresariais, Ciclo Superior en Administración e Finanzas. Experiencia de polo menos un ano en banca persoal, banca comercial, seguros, comercial. Valorarase: estudos financeiros de posgrao, formación financeira previa e estar en posesión do DAF ou EFA.
Publicada/Xestionada: Universia.

Data: 20-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE LOXÍSTICA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Grupo Arestora selecciona técnico/a de loxística para industria relacionada co sector da alimentación situada na zona de Santiago de Compostela. As súas principais funcións serán: organización do equipo de choferes da empresa (frota propia); planificación e optimización das rutas de distribución da compañía; xestión dos envíos de mercadorías a clientes tanto coa frota interna como a subcontratada; coordinación do transporte subcontratado para as entregas e reparticións; xestión de pedidos e cubicaxe de materiais en almacén; resolución de incidencias e seguimento das mesmas; apoio e interacción continúa co departamento comercial.
Requisitos: Experiencia mínima de 5 anos desenvolvendo funcións en posto similar. Coñecementos sobre inventarios e xestión de stocks a través de ERP. Persoa resolutiva, con don de xentes e valentía comercial. Coñecementos e/ou soltura en lingua inglesa (Nivel mín. esixido B1). Flexibilidade e dispoñibilidade horaria. Residencia na área de Santiago de Compostela (A Coruña) ou arredores. Valorable: estudos formativos relacionados co Grao e/ou CFGS en transporte e loxística ou similares e coñecementos e/ou soltura no manexo informático (Paquete OFFICE e especialmente táboas Excel).
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 20-01-2016
Posto: ALBANEL/A (ENCARGADO/A DE OBRA)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Bespi Construcciones S.L. precisa encargado/a de obra. Responsabilizarase da xestión e execución dos traballos, control da execución do proxecto segundo planos, dirixir aos equipos que interveñen na obra.
Requisitos: Experiencia de máis de 10 anos no sector (mínimo 3 en posto similar). Formación en Prevención de Riscos Laborais (carretillas elevadoras, montaxe de estadas etc.). Dotes de mando. Carné de conducir. Dispoñibilidade para viaxar e de incorporación inmediata. Valorarase capacidade comercial, manexo do computador e carné para remolques.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 20-01-2016
Posto: ALMACENISTA
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Redinor S.L. precisa un/ha almacenista para a xestión de stocks e a introdución de datos nos sistemas informáticos.
Requisitos: Experiencia de polo menos 1 ano. Non se esixen estudos mínimos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 20-01-2016
Posto: EXPENDEDOR/A GASOLINEIRA
Lugar: Ourense.
Descrición: Globalservi Consultoría selecciona un expendedor/a de gasolina para área de servizo de Ourense.
Publicada/Xestionada: Globalservi Consultoría. Enviar curriculum actualizado ao mail: ofertas@globalservi.com.

Data: 19-01-2016
Posto: DOCENTE CURSO APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS (5 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Grupo Conforma selecciona 5 monitores/as para impartir cursos para obtención do carné de aplicador/a de produtos fitosanitarios.
Requisitos: Enxeñeiro/a agrícola, rama de ciencias (químicas, bioquímica, bioloxía ou ciencias ambientais) ou rama sanitaria (medicamento ou farmacia). Coñecementos de prevención en riscos laborais
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 19-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A TENDA DE COSMÉTICA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Randstad selecciona un dependente/a para tenda de produtos cosméticos en Santiago de Compostela.
Requisitos: Formación Profesional Grao Medio ou Ciclo Formativo Superior familia Imaxe Persoal. Con experiencia en vendas (de 1 a 3 anos) en atención ao cliente. Perfil comercial e formación dentro do ámbito da barbaría ou estética. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 19-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE CALIDADE
Lugar: Ourense.
Descrición: Manpower selecciona para importante empresa do sector automoción, un/a técnico de calidade. Manexará diversas ferramentas e instrumentos de medida e cálculo.
Requisitos: Licenciado/a ou diplomado/a. Con experiencia en posto similar de polo menos 1 ano. Coñecementos de Sistemas de Aseguramiento da Calidade (ISO 9000, EN 9100, QS, VDA ou similares). Coñecementos específicos en interpretación de planos, sistemas de axustes e tolerancias ISO. Prácticas en medición. Concepto de incerteza e o seu cálculo. Métodos de calibración, normas e plans de calibración. Válido FP Máquinas e Ferramentas con formación en Sistemas de Aseguramiento da Calidade, valorándose a súa presenza como observador en auditorías. Persoa aberta, madura, con sentido común, capacidade de análise, aptitude para percibir situacións de forma realista e con fluidez, responsable, con autonomía, liderado e disposta ao traballo en equipo. Capacidade de asumir melloras de calidade den.
Publicada/Xestionada: Manpower.

Data: 19-01-2016
Posto: RELACIÓNS PÚBLICAS E COORDINACIÓN DE EQUIPOS DE TRABALLO (8 vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición:  The Team Ray, S.L. selecciona 8 postos de relacións públicas para incorporarse nunha 1º Fase de formación en técnicas de comunicación e en sistema de traballo propio, compaxinando traballo e formación con remuneración económica e nunha 2º Fase na que se asumirán maiores responsabilidades liderando, coordinando e supervisando equipos de traballo.
Requisitos: Traballador/a. Boa imaxe. Ambición. Determinante. Persistente en todo aquilo que se quere conseguir.
Publicada/Xestionada: Infoempleo.

Data: 19-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais en obra. As súas principais funcións serán: supervisión en materia de prevención de traballos executados; vixilancia de seguridade a pé de obra; realización de inspeccións; entrega de EPI's; control de documentación de subcontratas e persoal propia; elaboración de documentos e/ou procedementos en materia de seguridade e prevención de riscos; colaboración en auditorías externas e internas; formación interna e charlas de sensibilización a traballadores/as da súa competencia.
Requisitos:  Nivel de Formación: Diplomatura ou Enxeñaría técnica. Máster Superior en Prevención de Riscos Laborais - 3 especialidades: Seguridade, Ergonomía e Hixiene. Carné de conducir B. Dispoñibilidade para desprazarse polas diferentes obras situadas na provincia de Pontevedra. Flexibilidade horaria. Experiencia a pé de obra, de polo menos 2 anos.
Publicada/Xestionada: Monster.

Data: 19-01-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Boqueixón (A Coruña).
Descrición: Bar da zona busca incorporar un camareiro/a para realizar labores de atención en barra e mesa.
Requisitos: Experiencia de polo menos 1 ano. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza.

Data: 19-01-2016
Posto: ADXUNTO/A A DEPARTAMENTO FINANCIEIRO
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona para empresa de Lugo persoa para funcións no departamento financieiro: realización e elaboración de impostos das distintas razóns sociais do grupo, realizacion de servizos de consultoría, funcións de controller e realizacion e presentacion de liñas de concursos.
Requisitos: Diplomatura e Licenciatura en Administracion e Dirección de Empresas. Imprescindible formacion en finanzas. Moi valorable experiencia en empresas auditores/as. Experiencia mínima de polo menos 2-3 anos en postos similares.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 19-01-2016
Posto: DOCENTE DE ALFABETIZACIÓN DE ADULTOS/AS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase docente para clases de alfabetización de adultos/as.
Requisitos: Licenciatura ou Grao. Experiencia.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 19-01-2016
Posto: TÉCNICO/A EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS - SECTOR EÓLICO
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase técnico/a en prevención de riscos laborais (sector eólico).
Requisitos: Máster Prevención Riscos laborais. Experiencia de polo menos 1 ano. Nivel alto de inglés. Amplio coñecemento do paquete Office. Dispoñibilidade para desplazarse. 
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 18-01-2016
Posto: OPERARIO/A SECTOR AUTOMOCIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Adecco selecciona para empresa do sector da automoción de Ournse operario/a de produción. As funcións a realizar serán: carga da materia prima das diferentes máquinas; manexo manual de cargas; montaxe de pezas, colocación de rejillas, grapas, gomas; corte de rebabas con cúter; embalaxe de pezas. Incorporación inmediata con posibilidade de contratación posterior por parte da empresa usuaria.
Requisitos: Imprescindible experiencia previa en postos de operario/a de produción no sector automoción. Dispoñibilidade para traballar a quendas (M/T/N). Carné B e coche.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 18-01-2016
Posto: SOLDADOR/A TIG DE ACEIRO INOX
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Martínez Otero, empresa dedicada á fabricación, instalación e execución de proxectos de interiorismo na Estrada, precisa soldador/a TIG de aceiro inox.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos.
Publicada/Xestionada: Martínez Otero. Enviar CV a rrhh@martinezotero.com.

Data: 18-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A ESTABLECEMENTO DE HOSTALERÍA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase persoa para tarefas de atención ao público, cociña e limpeza.
Requisitos: Experiencia en hostalería. Disponibilidade para traballar a quendas (mañás de 8:30 a 16:00 h ou tardes de 15:30 a 22:00 h). Os fins de semán so quenda de mañán. Un día a semán libre.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 18-01-2016
Posto: OPERADOR/A DE CALDEIRAS
Lugar: Ourense.
Descrición: Adecco selecciona para importante empresa de Ourense de instalación e mantemento. un operador/a de caldeiras. As súas principais funcións serán: tarefas de instalación e mantemento de caldeiras de comunidades, particulares e pemes da provincia de Ourense; regulación de fluxo de combustible e de auga que se introduce na caldeira: observar os paneis de control e regular a temperatura, presión, aspiración e outros parámetros de funcionamento; observar a caldeira e as unidades auxiliares para detectar avarías e realizar reparacións; ambio de quemadores, tubaxes e empalmes de canalización; comprobación e tratamento da auga de alimentación da caldeira. Contratación inmediata e directa a empresa usuaria a xornada completa en horario partido de luns a venres. Coche de empresa. Ofrécese formación específica en Fontanería e Instalacións de Climatización.
Requisitos: Imprescindible Ciclo Medio ou Superior en Montaxe e Mantemento de Instalacións de Frío, Climatización e Produción de Calor. Carné Profesional de Operador/a Industrial de Caldeiras. TPC en Metal de 8 h + 20 h específicas en Fontanería e Instalacións de Climatización ou formación de 60 h en PRL. Permiso B. Dispoñibilidade para traballar en horario partido. Valorable experiencia de 1 ou 2 anos como operador/a de caldeiras.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 18-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A DE MADEIRA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Martínez Otero, empresa dedicada á fabricación, instalación e execución de proxectos de interiorismo na Estrada, precisa carpinteiro/a de madeira.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 anos en montaxes e fabricación. Dispoñibilidade para viaxar a nivel internacional.
Publicada/Xestionada: Martínez Otero. Enviar CV a rrhh@martinezotero.com.

O Último