O Concello de Lalín solicitou 4 prazas para graduados/as universitarios/sa na convocatoria de bolsas do Plan de Práctica Laboral 2016 da...

O Concello de Lalín solicita 4 titulados/as do Plan de Práctica Laboral da Deputación


O Concello de Lalín solicitou 4 prazas para graduados/as universitarios/sa na convocatoria de bolsas do Plan de Práctica Laboral 2016 da Deputación de Pontevedra. Este plan está dirixido a persoas en desemprego sen experiencia previa que desexen completar a súa formación académica cun período práctico na administración local.


Titulacións solicitadas


As persoas que desexen acadar unha destas prazas de bolseiro/a deberán ter algunha das seguintes titulacións para ser seleccionados/as:

Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación/Grao en Información e Documentación.
Diplomatura/Grao en Traballo Social.
Enxeñería Técnica Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias.
Licenciatura/Grao en Dereito.


Máis información


O Último